26/05/2026
🏭 Hoxe defendemos na Comisión de Cultura unha postura clara e responsable sobre o futuro das Pontes.
A nosa compañeira e deputada no Congreso interveu a respecto da proposición non de lei presentada por SUMAR relativa á catalogación da cheminea da antiga central térmica como ben cultural.
Defendemos o patrimonio cultural, si. Pero tamén defendemos o futuro industrial, económico e social das Pontes e da súa bisbarra.
⚙️ Memoria e identidade deben ir da man das oportunidades, do emprego e do desenvolvemento dun territorio que merece futuro.