Bng Pontedeume

O BNG reclama medidas urxentes ante as retencións provocadas polas obras da Ponte de Pedra 🚧​O BNG de Cabanas e Pontedeu...
13/08/2026

O BNG reclama medidas urxentes ante as retencións provocadas polas obras da Ponte de Pedra 🚧

​O BNG de Cabanas e Pontedeume reclamamos medidas urxentes para minimizar as graves afeccións ao tráfico que están provocando as obras das beirarrúas da Ponte de Pedra, especialmente nun momento do ano no que a afluencia de vehículos nas vilas e na comarca se incrementa considerabelmente.

​As retencións que se están producindo na N-651 están a converter desprazamentos habituais de apenas dez minutos en traxectos de trinta ou corenta minutos, xerando importantes molestias para a veciñanza e para todas as persoas que se desprazan por esta vía.

Ademais, este colapso na estrada nacional afecta de xeito indirecto ao tráfico interno, provocando retencións noutras rúas dos dous Concellos.

​Cómpre lembrar que, antes do inicio das obras, se trasladou que a planificación dos traballos tería en conta as horas de maior intensidade de tráfico para minimizar as afeccións á circulación.

Porén, o que está a acontecer este verán dista moito desa previsión, con importantes retencións precisamente nun período de elevada mobilidade e afluencia de vehículos.

​Desde o BNG consideramos que unha actuación desta importancia debe executarse garantindo, na medida do posíbel, a mobilidade e a seguridade viaria. Máis aínda cando se trata dunha infraestrutura fundamental para as comunicacións entre Pontedeume, Cabanas e o conxunto da comarca do Eume.

​Neste sentido, cómpre lembrar que o BNG xa presentou no Congreso distintas iniciativas sobre estas obras e sobre a regulación do tráfico, achegando medidas concretas para evitar este tipo de situacións. Así mesmo, xa reclamamos en anteriores ocasións accións para evitar o colapso da N-651 durante os traballos e garantir alternativas que permitan manter a fluidez. A situación actual demostra que estas medidas seguen sendo urxentes e necesarias.

Os concellos Pontedeume e Cabanas anunciaron que trasladaron ao Ministerio de Transportes e á Demarcación de Estradas a súa preocupación polas retencións. Porén, consideramos que non abonda con trasladar unha queixa: cómpre esixir solucións concretas e facer un seguimento real para que estas se apliquen.

​Por iso, desde o BNG de Pontedeume e Cabanas reclamamos aos gobernos municipais que actúen con firmeza ante o Ministerio e esixan unha planificación dos traballos que reduza as afeccións ao tráfico, especialmente durante os períodos de maior intensidade.

​A rehabilitación da Ponte de Pedra é unha actuación necesaria, pero a veciñanza non pode asumir as consecuencias dunha planificación insuficiente das obras. É responsabilidade das administracións implicadas traballar para que unha infraestrutura necesaria non se converta nun problema de mobilidade para toda a comarca.

Vinte de xullo.90 anos do alzamento fascista en Galiza.Dende o BNG de Pontedeume consideramos oportuno render homenaxe n...
17/07/2026

Vinte de xullo.
90 anos do alzamento fascista en Galiza.

Dende o BNG de Pontedeume consideramos oportuno render homenaxe nun día coma hoxe a todos e todas os eumeses e eumesas represaliadas que deron a vida por defender a legalidade democrática.

Nun curioso estudo de Xosé Manuel Suárez para a Revista Cátedra, prestamos especial atención ás idades tan novas das persoas executadas, sendo a maior parte delas paseadas e sometidas a consello de guerra sen xuízo xusto.

Por todas elas.

Información obtida: https://www.academia.edu/29230146/A_GUERRA_CIVIL_EN_PONTEDEUME_SUBLEVACI%C3%93N_E_REPRESI%C3%93N

17/07/2026

O BNG acolle con cautela os 400.000 € para o marisqueo e esixe que non se deixe atrás o sector de flote

​Ante o anuncio da Xunta de destinar 400.000 € para recuperar os bancos marisqueiros en Pontedeume, desde o BNG acollemos o investimento como unha boa noticia pero con moita cautela.

Esta partida dá resposta a unha demanda da Confraría e do propio BNG, que levamos ao Parlamento Galego este mesmo mes de maio

🎥 https://www.facebook.com/share/r/1E2Pdkhvhp/

Porén, denunciamos a discriminación que sofren as e os mariscadores de flote, que quedan excluídos destas axudas e atópanse sen poder traballar e sen ningún tipo de apoio.

​Por outra banda, respecto ás acusacións verquidas onte polo PP de Pontedeume, cómpre restablecer a verdade dos feitos. A moción do pleno de abril foi presentada polo PSOE, e foi este partido, como propoñente, quen non aceitou a emenda do PP, polo que o BNG non tivo nada que ver nesa decisión. Ademais, resulta ridículo que o PP poña agora o grito no ceo cando os seus propios concelleiros no pleno votaron a favor de dita moción sen a emenda.

​Debe ser que ao PP lle molesta que o deputado do BNG no Congreso fose quen de conseguir, tras negociar co Goberno do Estado, a exención de cotas para as mariscadoras.

Mentres o BNG arrinca acordos que benefician directamente á nosa xente, os deputados do PP en Madrid só se dedican a torpedear os avances para as traballadoras e traballadores de Galiza.

Desde o BNG de Pontedeume seguiremos traballando con rigor e ao servizo do sector do marisqueo da vila para que as axudas cheguen a todo o sector sen exclusións e para que o saneamento e a recuperación da nosa ría sexan, por fin, completos e reais.

📢 Arrinca a campaña do Día da Patria Galega 2026!​Estes días comezamos a encher as rúas de Pontedeume co material para a...
14/07/2026

📢 Arrinca a campaña do Día da Patria Galega 2026!

​Estes días comezamos a encher as rúas de Pontedeume co material para a manifestación deste 25 de xullo.

​Estamos a realizar repartos de material da campaña, colaxe de cartaces e colocación de faixas para reafirmar o noso dereito a ser e a decidir. ✊

Somos unha nación!

Soberanía e dereitos nun mundo en paz!

​Vémonos o 25 de xullo en Compostela

🎒 APROBADA A NOSA MOCIÓN PARA MELLORAR A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL! ​O pleno aprobou a moción presentada polo BNG para a...
30/06/2026

🎒 APROBADA A NOSA MOCIÓN PARA MELLORAR A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL!

​O pleno aprobou a moción presentada polo BNG para actualizar e mellorar os servizos da Escola Infantil Municipal. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor do BNG e do grupo socialista, e a abstención do PP.

​A moción incorporou emendas acordadas co grupo socialista, fixando finalmente os seguintes acordos que resumimos a seguir:

1.Instar ao Goberno local a continuar os trámites xa iniciados para un novo Regulamento de Funcionamento que adecúe o centro á normativa vixente, aos calendarios reais de apertura e ás necesidades actuais de conciliación.

2.Mudar a periodicidade das convocatorias de matrícula extraordinaria para facilitar a incorporación progresiva das crianzas ao longo do curso, evitando que queden fóra por razóns de calendario.

3.Estudar a modificación do regulamento para que a propia escola ofreza o servizo de comedor e asuma a subministración de menús adaptados para as crianzas menores de 18 meses.

Para isto, convocarase unha reunión coa escola e as responsabeis do servizo para estudar como implementalo.

​Seguimos a levar propostas útiles ao pleno para mellorar os servizos municipais!

28/06/2026

Celebramos a diversidade e a liberdade de ser e amar, con Orgullo! Este 28 de xuño, coma todos os días do ano, dicimos alto e claro: adiante cos dereitos LGBT!

🏅 Fito histórico para a sociedade galega após décadas de reclamacións.​O Congreso aproba a transferencia da AP-9 á Galiz...
25/06/2026

🏅 Fito histórico para a sociedade galega após décadas de reclamacións.

​O Congreso aproba a transferencia da AP-9 á Galiza grazas ao papel decisivo do BNG - Bloque Nacionalista Galego ✌️

​🚗 É un paso de xigante, pero non paramos aquí. Desde o BNG seguiremos a loitar por unha AP-9 libre de peaxes e para que se faga realidade unha demanda histórica no noso concello: unha saída da AP-9 para Pontedeume no polígono de Vidreiro.


​🔗 +Info: https://www.bng.gal/articulo/novas/rego-reivindica-papel-decisivo-do-bng-facer-realidade-transferencia-da-ap-9-galiza/20260625164702043065.html

Moción para actualizar e mellorar a Escola Infantil Municipal!​Para o vindeiro pleno, desde o BNG de Pontedeume presenta...
20/06/2026

Moción para actualizar e mellorar a Escola Infantil Municipal!

​Para o vindeiro pleno, desde o BNG de Pontedeume presentamos unha solicitude de actualización integral do regulamento da escola infantil (que data de 2009) para adaptalo ás necesidades reais das crianzas e da conciliación das familias.

​A modificación debe ser integral, mais como mínimo propomos dúas accións case inmediatas:

​🍼 Matrícula extraordinaria mensual, para facilitar unha incorporación progresiva das crianzas ao longo do curso sen datas ríxidas que as deixen fóra.

​🍽️ Mellora do comedor, eliminando a obriga de levar a comida da casa ata os 18 meses e garantindo que a escola asuma o servizo de comedor desde os 6 meses e como mínimo desde os 12 meses.

Dirección

Xulgado De Pontedeume
Puentedeume
15600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Pontedeume publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir