Concello de Ponteareas

Concello de Ponteareas Páxina oficial de Facebook do Concello de Ponteareas

04/09/2026
Mañá sábado, Ponteareas viaxa no tempo! 🌾✨ Chega un dos días máis agardados coa XVIII Feira Tradicional dos Remedios e u...
04/09/2026

Mañá sábado, Ponteareas viaxa no tempo! 🌾✨

Chega un dos días máis agardados coa XVIII Feira Tradicional dos Remedios e un programa cheo de cultura, música e gastronomía tradicional.

Prepara o teu traxe de época e non te perdas nada da xornada de mañá, sábado 5 de setembro:
• 11:00 h
- Apertura da XVIII Feira Tradicional e Ecolóxica dos Remedios: Postos de venda, artesanía e produtos ecolóxicos durante todo o día.
- Desfile de grupos do ###IV Festival Folclórico do Condado enchendo de baile e música tradicional as nosas rúas.
- Mostra de Apeiros, Feira Gandeira monográfico do Can de palleiro na Feira Vella.
- Animación teatral rueira nas rúas da Feira
- Recuncho Infantil na zona da casa do Concello
• 12:00 h
- Espectáculo de Maxia “O afiador do Mago Teto”
• 13:30 h
– Xantar Popular na Praza Bugallal para desfrutar da mellor gastronomía en comunidade. 🍽️
• 21:15 h
– Espectáculo “Circo do Lume” na Praza de Bugallal.
• 22:00 h
– Gran noite de música tradicional co concerto de Tanto Nos Ten.
• 00:30 h
– Verbena e moito baile a cargo da orquestra La Ocaband.

🎉 ¡HOXE ARRANCA TODO EN PONTEAREAS! 🍇✨As imaxes dos nosos cativos esta tarde nos obradoiros de chapas e maquillaxe ilust...
04/09/2026

🎉 ¡HOXE ARRANCA TODO EN PONTEAREAS! 🍇✨

As imaxes dos nosos cativos esta tarde nos obradoiros de chapas e maquillaxe ilustran perfectamente o espírito destas "Festas de Setembro": ledicia, creatividade e moita animación. Pero hoxe ven marcado por outros importantes atractivos.

Toma nota da axenda para non perder nada neste primeiro gran día de celebración:

🎙️ 21:00 h – O momento máis agardado! Gran pregón de Carlos Blanco desde a Casa do Concello. O humor e as risas están máis que garantidos.

🍷 21:00 h – Apertura oficial dos postos enogastronómicos na Praza de Bugallal. A mellor gastronomía e o produto local agárdanche.

🎵 22:00 h – Actuación do Grupo Horizón The Show, na Praza Maior

Saca a celebración á rúa e vive este venres con nós! 🙌🥳

Presentado oficialmente o “IV Torneo Internacional Festas de Setembro de Hóckey”, organizado polo Club de Hóckey Pontear...
04/09/2026

Presentado oficialmente o “IV Torneo Internacional Festas de Setembro de Hóckey”, organizado polo Club de Hóckey Ponteareas! 🛼✨

Mañá sábado e o domingo o Pavillón Álvaro Pino converterase no epicentro do hóckey sobre patíns. Cinco clubs de España e Portugal, xunto ao anfitrión Hóckey Club Ponteareas, farannos vibrar co mellor deporte base en categorías dende micros ata infantil.

Todo listo para que rode a bola!

Agardámosvos nas bancadas para animar á canteira. 🏟️💪

🍽️ Inscríbete no Xantar Popular da Feira dos Remedios!Será este sábado 5, a partir das 13:30 horas, ao carón da igrexa!🧑...
03/09/2026

🍽️ Inscríbete no Xantar Popular da Feira dos Remedios!

Será este sábado 5, a partir das 13:30 horas, ao carón da igrexa!

🧑🏼‍🍳 Por 15€ poderás degustar empanada, churrasco con patacas e de postre... rosquillas! 😋

✍🏼Completa a túa inscrición antes do venres a mediodía enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 618 705 635.

E recorda vestirte de época, é imprescindible! Agardámoste!

Ponteareas presume de canteira! 💙⚽️Dende o Concello de Ponteareas queremos dar os nosos parabéns ao noso veciño Ángel Da...
03/09/2026

Ponteareas presume de canteira! 💙⚽️

Dende o Concello de Ponteareas queremos dar os nosos parabéns ao noso veciño Ángel Davila polo seu recente e agardado debut oficial co Celta Fortuna en Segunda División.

O atacante ponteareán deu un gran paso adiante na súa prometedora carreira profesional tras asinar a súa renovación co RC Celta ata o ano 2030, consolidando así o seu ascenso definitivo ao filial celeste.

É un verdadeiro orgullo ver a un mozo da nosa vila medrar e acadar os seus soños no fútbol profesional grazas ao seu esforzo, constancia e instinto goleador.

Moito éxito nesta nova e esixente etapa no fútbol profesional, Ángel!

Toda Ponteareas está contigo! 👏👏

🫂PONTEAREAS CON CEUTA !!!Numerosos veciños e veciñas de Ponteareas  congregáronse hoxe diante do Concello de Ponteareas ...
02/09/2026

🫂PONTEAREAS CON CEUTA !!!

Numerosos veciños e veciñas de Ponteareas congregáronse hoxe diante do Concello de Ponteareas nunha concentración en apoio e solidariedade con Ceuta.

📣Durante o acto, a alcaldesa, Nava Castro, procedeu á lectura do comunicado oficial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), reafirmando o compromiso do noso municipio coa convivencia, a seguridade e o apoio institucional nestes momentos difíciles, defendendo a integridade do territorio, a convivencia pacífica e a solidariedade institucional fronte á grave crise que atravesa a cidade.

Grazas a toda a veciñanza que se sumou a este acto de unidade. 🤝🏛️

✨ ¡Abrimos as portas ao turismo nun lugar único! 📍Hoxe inauguramos oficialmente a Casiña do Corpus. Un edifico que alber...
02/09/2026

✨ ¡Abrimos as portas ao turismo nun lugar único! 📍

Hoxe inauguramos oficialmente a Casiña do Corpus. Un edifico que alberga unha moderna e innovadora Oficina de Turismo e na planta inferior acolle o Portal do Corpus, un espazo adicado a achegar aos visitantes o arduo traballo de confección das alfombras florais.

Un inmoble recuperado do abandono e renovado, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, para recibir aos visitantes, potenciar a nosa cultura e amosar o mellor da nosa terra.

Ven visitar de balde este novo punto de encontro e descubre todo o que temos preparado! 🗺️👋

Dirección

Xardins Da Xiralda SN
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ponteareas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría