06/09/2026
Onte foi un gran día dos Remedios! 🌾✨
A vila encheuse de vida, tradición e alegría nun sábado moi especial, coa celebración da Feira dos Remedios, o Festival Folclórico do Condado e a Feira Galega de Artesáns. 💙
Máis de 80 postos de artesanía, oficios tradicionais e produtos ecolóxicos deron vida ás rúas, xunto co Recuncho Infantil, a Mostra de Apeiros, Enxoval e Aparellos, a Feira Gandeira e a Animación Teatral Rueira. 🧺🐄🎭
A música e a cultura galega foron tamén grandes protagonistas da xornada, coa actuación dos grupos participantes no Festival Folclórico do Condado, ademais de pasacalles, maxia e circo polas prazas da vila. 🎶✨
E para poñer o broche de ouro, gozamos dun fantástico concerto de música tradicional de Tanto Nos Ten. 🎻🎵
💙 Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta gran festa e, sobre todo, a todas as que vos achegastes a desfrutala connosco!
Tradición, cultura e festa galega para vivir e compartir. 🌾💙