29/06/2026
Quixera despedirme do meu paso por este magnifico cole cunha pequena homenaxe a todas e todos, dende o corazón, acompañado de ingredientes que fan a esta escola ser unha ESCOLA ESPECIAL!
C – Compañeirismo: Compartimos camiños, axudándonos uns aos outros en cada paso.
A – Alegría :Alegrastes os días coa vosa enerxía, sorrisos e ganas de vivir.
D – Diversión: Descubrimos que aprender e medrar tamén pode ser unha gran aventura.
R – Respecto: Recoñecemos e valoramos as diferenzas que fan único a cada compañeiro e compañeira.
E – Empatía : Escoitamos e comprendemos os sentimentos dos demais con cariño e sensibilidade.
C – Confianza: Construímos vínculos fortes baseados na seguridade e no apoio mutuo.
H – Humildade: Houbo momentos para aprender dos erros e seguir adiante con valentía.
I – Ilusión: Impulsounos sempre a curiosidade e o desexo de alcanzar novos soños.
Ñ – Nobreza: Naceu en cada xesto amable e en cada acción feita con xenerosidade e corazón.
A – Amizade: Atopamos persoas especiais que levaremos connosco máis alá desta etapa.
S – Solidariedade: Soubemos tender a man cando alguén a precisaba, facendo máis forte o grupo.
NADA SERIA POSIBLE sen as persoas que me acompañastes en todos estes anos , pois nada é posible estando soa.
Quero deixar a miña pegada aqui agradecendo a todas e cada unha das persoas que adicastes un minuto do voso tempo a facer deste cambio no meu rumbo, un momento SUPERESPECIAL, SUPEREMOTIVO E MOITO MÁIS GRANDE DO QUE XAMAIS IMAXINEI!
GRAZAS A CADA NENO E CADA NENA, POLAS SÚAS APERTAS SINCERAS, POLO SEU CARIÑO, POLA CANCIÓN ADICADA CHEA DE ADMIRACIÓN E RESPECTO, GRAZAS POR CADA DÍA E POR CADA XESTO, GRAZAS POR TODO O QUE APRENDIN CON ELAS E ELES.
GRAZAS A CADA FAMILIA, POLA SÚA CONFIANZA, POLO SEU BO FACER, POLA SÚA FORMA DE ACOMPAÑAR EN SILENCIO, PERO SOBRE TODO GRAZAS POR CONFIAR!! GRAZAS A CADA ANPA COA QUE TIVEN A SORTE DE TRABALLAR, PORQUE REMAR NO MESMO BARCO FAI A NAVEGACIÓN MÁIS SEGURA, E PODEMOS CHEGAR MAIS LONXE!
E COMO NON, GRAZAS A CADA MESTRA E A CADA MESTRE, GRAZAS POLA APOSTA SEGURA POLA INFANCIA, GRAZAS POR POÑER O VOSO GRAN DE AREA, GRAZAS POR ESCOITAR, GRAZAS POR ACOMPAÑAR, GRAZAS POR CONFIAR, GRAZAR POR SER E POR ESTAR!
E GRAZAS TAMÉN A CADA PERSOA DE LIMPEZA OU CONSERXERÍA QUE FIXO TODO MOITO MÁIS SINXELO, INCLUSO NAS MIÑAS ¨RAREZAS” OU PREOCUPACIÓNS.
E COMO NON , GRAZAS A CADA PERSOA DA INSPECCIÓN EDUCATIVA QUE ESTIVO AÍ PARA RESOLVER AS DÚBIDAS QUE SE PRESENTARON, PARA RESOLVER OS PROBLEMAS E PARA COLABORAR NO QUE FOI PRECISO!
SILVIA FOLGUEIRA PUENTE