A POBRA deportes

A POBRA deportes -FOMENTO DO DEPORTE
-ESCOLAS DEPORTIVAS
-ACTIVIDADES PARA ADULTOS
-COMPETICIÓNS DEPORTIVAS
-EVENT

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS, INSTALACIÓNS, EVENTOS DEPORTIVOS, ETC. E DOS TEMAS RELACIONADOS DO DEPORTE NO CONCELLO DA DA POBRA DO CARAMIÑAL

03/09/2026

🏃‍♀️🏀 Esta tarde, Deporte na Rúa!

Lembrámosvos que hoxe, xoves 3 de setembro, a rúa énchese de propostas para todos os públicos, de 16.00 a 21.00 horas.

💧 A iniciativa conta coa colaboración de VEOLIA, que achegará surtidores de auga para uso das persoas participantes.

Agardámosvos para desfrutar desta cita!

02/09/2026

El alcalde mantuvo una reunión con el secretario xeral para o Deporte para solicitar ayuda económica para la mejora del pavimento

02/09/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ O Concello impulsa a renovación da pista de atletismo da Alta.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; o director técnico da entidade, Abelardo Moure; e a coordinadora de Deportes do Concello, Ana Romero, mantiveron unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García.

🤝 Durante o encontro solicitaron financiamento para acometer a remodelación do pavimento da pista de atletismo do Estadio da Alta.

Desde o Concello incídese na importancia de avanzar na mellora das instalacións deportivas municipais e de contar coa colaboración entre administracións para reforzar as infraestruturas destinadas á práctica deportiva na Pobra.

02/09/2026

🏃‍♀️🌙 A LXV Milla Urbana Nocturna regresa ás rúas o 18 de setembro

O venres 18 de setembro celébrase unha nova edición da Milla Urbana Nocturna, con saída e meta fronte aos Xardíns de Valle-Inclán.

⏰ As probas comezarán ás 21.50 horas e desenvolveranse en diferentes categorías, desde sub-6 ata sénior e máster, con distancias e horarios adaptados a cada unha delas.

🏅 As persoas participantes nas categorías sub-6 e sub-8 recibirán unha medalla, mentres que as tres primeiras clasificadas de cada categoría obterán un trofeo.

💶 A organización establece tamén premios económicos para os tres mellores tempos de homes e mulleres, dotados con 150, 100 e 50 euros.

📝 O prazo de inscrición abre este mércores, 2 de setembro. As persoas interesadas poden anotarse no Departamento de Deportes da Pobra, na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, de 9.30 a 14.30 horas.

☎️ Información e inscricións: 981 831 545 / 619 229 946.

🎉 Unha noite de atletismo polas rúas da vila que servirá tamén como pistoletazo de saída das Festas do Nazareno 2026.

31/08/2026

📢 NOVA DATA | DÍA DO DEPORTE NA RÚA

Tras o seu aprazamento, o Día do Deporte na Rúa celebrarase finalmente este xoves, 3 de setembro, de 16.00 a 21.00 horas.

🏀 Baloncesto, xadrez, fútbol, remoergómetro, tenis, tenis de mesa e moito máis formarán parte desta proposta, que permitirá participar en diferentes actividades e coñecer os clubs deportivos locais.

📍 Praza Alcalde Segundo Durán
📍 Pistas deportivas do Castelo
📍 Praia do Areal
🕓 De 16.00 a 21.00 h

Desde a Concellería de Deportes animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha tarde na que o deporte será o protagonista.

🙌 Agardámosvos!

30/08/2026
30/08/2026

Dirección

R/Gasset, N. 55-57
Puebla Del Caramiñal
15940

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A POBRA deportes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir