Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón

Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón Espazo para a liberdade, educación ó longo da vida, información, cultura e creatividade. Do 06-14/08/2026, biblioteca pechada

Horario de apertura en verán:
De luns a venres de 10:00 a 14:00h

Por mor de actividades, o horario pode verse modificado.

A CIENCIA TAMÉN SE LE E SE VIVE NA BIBLIOTECA! 📚💡O vindeiro 28 de setembro celebramos o Día Internacional da Cultura Cie...
14/09/2026

A CIENCIA TAMÉN SE LE E SE VIVE NA BIBLIOTECA! 📚💡

O vindeiro 28 de setembro celebramos o Día Internacional da Cultura Científica, unha data importante para lembrar que a ciencia non só está nos laboratorios: está na nosa vida diaria!

Na Biblioteca cremos firmemente que a divulgación científica é vital para a formación da nosa comunidade, prestando este ano unha atención especial ao ámbito da alimentación. 🍏🔬

No concello de Mañón imos celebralo por todo o alto con estas dúas actividades:

1️⃣ Obradoiro infantil: Unha sesión especial para o alumnado do CEIP dentro do programa de animación á lectura 'Ler conta Moito' da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Concello. “Alimentos baixo a lupa, a ciencia que nutre! Impartido por Arenaria o 22 de setembro.

2️⃣ Mostra bibliográfica: Unha selección especial de libros de divulgación científica e alimentación que vos acompañará na sala ata finais de mes.

Vén á biblio, esperta a túa curiosidade pola alimentación!

CEIP Francisco López Estrada Cultura de Galicia Coordinación

📚 O comezo do curso escolar é unha etapa chea de ilusións, pero tamén de grandes retos para o alumnado, as familias e o ...
11/09/2026

📚 O comezo do curso escolar é unha etapa chea de ilusións, pero tamén de grandes retos para o alumnado, as familias e o profesorado.
Por desgraza, o acoso escolar sigue a ser unha realidade que nos afecta a todas e a todos. Dende a Biblioteca do Barqueiro, temos o firme compromiso de colaborar na construción de contornas seguras, diversas e libres de violencia.

Coincidindo con esta primeira semana de aulas, queremos poñer a disposición da nosa comunidade unha escolma de títulos que abordan o bullying desde diferentes perspectivas. Atoparás:

• 🧒 Contos e novelas infantís para traballar a empatía e a diversidade desde a infancia.
• 🧑‍🤝‍🧑 Lecturas xuvenís que axudan a identificar as agresións (físicas e dixitais) e a non quedar en silencio ante elas.
• 📖 Guías e recursos prácticos para as familias e os equipos docentes.

Coidar do benestar emocional do alumnado é unha responsabilidade compartida. Agardamos que estas lecturas sexan unha ferramenta útil para dialogar na casa e nas aulas, previr situacións de sufrimento e aprender a coidarnos.

Visita a Biblioteca do Barqueiro e bótalle unha ollada ao noso catálogo. Entre todas e todos, fagamos do colexio un espazo seguro.

CEIP Francisco López Estrada

MOSTRA LITERATURA ASIÁTICA 📚⛩Para rematar a semana, destacamos unha lectura para reflexionar sobre as normas sociais, cu...
11/09/2026

MOSTRA LITERATURA ASIÁTICA 📚⛩

Para rematar a semana, destacamos unha lectura para reflexionar sobre as normas sociais, cun chisco de humor negro: LA DEPENDIENTA, de Sayaka Murata . 🇯🇵

Imaxinade vivir nun mundo onde non comprendedes as regras que rexen o comportamento das persoas... Ata que atopades un traballo que vos dá un manual de instrucións para a vida. Con Keiko Furukura 👩‍, a protagonista de 36 anos, descubrirá a alguén que atopou a súa felicidade e a súa propia orde traballando nunha konbini (un supermercado xaponés aberto as 24 horas).

Alí, entre atender aos clientes e colocar produtos nos estantes, Keiko atopa un oasis de paz onde mimetizarse co contorno. Porén, a sociedade que a rodea insiste en que xa ten idade para casar e buscar un emprego "normal".

Esta obra de prosa directa, áxil e cunha fonda crítica social convida o público lector a cuestionarse que significa realmente ser unha persoa "normal". Unha marabilla literaria que aborda a presión social sobre as mulleres, desde unha perspectiva moi orixinal. 📖

Ven visitar a mostra deste mes na Biblioteca do Barqueiro e lévao en préstamo. Agardámosvos!

PRESENTACIÓN DOS LIBROS DE MARÍA TIMIRAOS “NO ME ROMPÍ DEL TODO” 📍 Localización: Biblioteca Pública Municipal do Barquei...
09/09/2026

PRESENTACIÓN DOS LIBROS DE MARÍA TIMIRAOS “NO ME ROMPÍ DEL TODO”

📍 Localización: Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro
🗓️ Data: Xoves 24 de setembro
⏰ Hora: 18:00 h.

Queremos convidarvos á presentación dos libros de María Timiraos, na Biblioteca do Barqueiro. Un encontro para falar abertamente de saúde mental, reconstrución e resiliencia a través das súas dúas obras:

📖 “No me rompí del todo. Aprender a vivir después del daño”
📖 “No me rompí del todo. Las partes que quedaron en silencio”

Haberá un encontro coa autora, rolda de preguntas e, por suposto, un espazo para a firma de exemplares.

Agardámosvos!

MOSTRA LITERATURA ASIÁTICA 📚Buscades unha lectura que vos alegre o corazón e vos faga viaxar sen saír da casa? Esta sema...
08/09/2026

MOSTRA LITERATURA ASIÁTICA 📚

Buscades unha lectura que vos alegre o corazón e vos faga viaxar sen saír da casa? Esta semana recomendámosvos unha das xoias que podedes atopar na nosa mostra mensual dedicada á literatura asiática: LAS DELICIOSAS HISTORIAS DE LA TABERNA KAMOGAWA, de Hisashi Kashiwai. 🥘

Imaxinade un misterioso anuncio dunha soa liña nunha revista culinaria, sen número de teléfono nin dirección... Quen desexe visitar a taberna Kamogawa 🍚🏮 ten que confiar nun toque de maxia para chegar ata ela! Só as persoas asiduas e as curiosas, guiadas polo destino, atopan o camiño ata este pequeno edificio escondido entre as calexas de Kioto.

Alí, a parella formada por un pai e a súa filla empezou a anunciar os seus servizos como “detectives da comida”. Mediante enxeñosas investigacións, son capaces de recrear con exactitude un prato do pasado da súa clientela.

Esta obra de “literatura curativa”, prosa sensorial e descritiva —que case permite ulir e saborear cada prato—, ofrece un "misterio amable" sen violencia nin tensión: aquí o único enigma é rescatar os recordos a través da cociña. 🕵

Ven visita a nosa mostra deste mes, lévao en préstamo e déixate envolver por esta lectura tan reconfortante. Agardámosvos na biblioteca! 🏢👋

02/09/2026

AVISO📢

Lembramos que mañá xoves 3, venres 4 e luns 7 de setembro, a BPM do Barqueiro estará pechada.

Desculpen as molestias.
Vémonos o martes 8 en horario de 10:00 a 14:00h

Viaxa por Asia sen saír da biblioteca! 📚✨Este mes convidámoste a descubrir a riqueza, a sensibilidade e as historias fas...
01/09/2026

Viaxa por Asia sen saír da biblioteca! 📚✨

Este mes convidámoste a descubrir a riqueza, a sensibilidade e as historias fascinantes da literatura asiática a través da mostra bibliográfica mensual de Biblioteca do Barqueiro.

Dende grandes clásicos imprescindibles ata éxitos contemporáneos, forman parte desta selección que xa podes levar en préstamo:

•🥦 La vegetariana – Han Kang (Unha obra poderosa da gañadora do Premio Nobel)
• 🍲 Las deliciosas historias de la taberna Kamogawa – Hisashi Kashiwai (O fenómeno feelgood que alimenta a alma)
• 👥 Los amores de Nishino – Hiromi Kawakami (Un retrato íntimo sobre as relacións e o desexo)
• 🗻 El rumor de la montaña – Yasunari Kawabata (Un clásico delicado do Premio Nobel)
• 🌊 El rumor del oleaje – Yukio Mishima (Unha historia de amor clásica, pura e atemporal)
• 🏪 La dependienta – Sayaka Murata (Unha crítica social brillante, divertida e moi orixinal)
• 🦛 La niña que iba en hipopótamo a la escuela – Yoko Ogawa (Unha conmovedora historia sobre a nostalxia, a amizade e a maxia da infancia)
• 📖 Mis días en la librería Morisaki – Satoshi Yagisawa (Un refuxio perfecto para os amantes dos libros)
🎂 La chica del cumpleaños – Haruki Murakami (Un relato enigmático e magnético sobre os desexos e o paso do tempo, ilustrado de forma maxistral)

Ven visitar a nosa selección, bótalles un ollo e elixe a túa vindeira gran lectura. Nós eliximos estas, pero hai moitas máis.

Agardámoste!

🌏 Viaxa por Asia sen saír da biblioteca! 📚Este mes convidámoste a descubrir a riqueza, a sensibilidade e as historias fa...
01/09/2026

🌏 Viaxa por Asia sen saír da biblioteca! 📚

Este mes convidámoste a descubrir a riqueza, a sensibilidade e as historias fascinantes da literatura asiática a través da mostra bibliográfica mensual da Biblioteca do Barqueiro.

Dende grandes clásicos imprescindibles ata éxitos contemporáneos. Estes son os títulos seleccionados que xa podes levar en préstamo:

• 🥦 La vegetariana – Han Kang (Unha obra poderosa da gañadora do Premio Nobel)
• 🍲 Las deliciosas historias de la taberna Kamogawa – Hisashi Kashiwai (O fenómeno feelgood que alimenta a alma)
• 👥 Los amores de Nishino – Hiromi Kawakami (Un retrato íntimo sobre as relacións e o desexo)
• 🗻 El rumor de la montaña – Yasunari Kawabata (Un clásico delicado do Premio Nobel)
• 🌊 El rumor del oleaje – Yukio Mishima (Unha historia de amor clásica, pura e atemporal)
• 🎂 La chica del cumpleaños – Haruki Murakami (Un relato enigmático e magnético sobre os desexos e o paso do tempo, ilustrado de forma maxistral)
• 🏪 La dependienta – Sayaka Murata (Unha crítica social brillante, divertida e moi orixinal)
• 🦛 La niña que iba en hipopótamo a la escuela – Yoko Ogawa (Unha conmovedora historia sobre a nostalxia, a amizade e a maxia da infancia)
• 📖 Mis días en la librería Morisaki – Satoshi Yagisawa (Un refuxio perfecto para os amantes dos libros)

Ven visitar a nosa selección, bótalles un ollo e elixe a túa vindeira lectura. Nós eliximos estas, pero hai moitas máis.

Agardámoste!

Cultura de Galicia

📢AVISOA Biblioteca do Barqueiro estará pechada do 3 ao 7 de setembro (ambos incluídos).Desculpen as molestias!Concello d...
31/08/2026

📢AVISO

A Biblioteca do Barqueiro estará pechada do 3 ao 7 de setembro (ambos incluídos).

Desculpen as molestias!

Concello de Mañón Omix Mañón

📢Novidades en novela na Biblioteca do Barqueiro
31/08/2026

📢Novidades en novela na Biblioteca do Barqueiro

Dirección

Casa Do Concello, Baixo, Praza Do Mesón, 1
Porto Do Barqueiro
15337

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón:

Atajos

Compartir

Categoría