04/09/2026
💃 Gústache bailar, moverte e pasalo ben? Esta actividade é para ti!
A Aula UNED de Portas acolle “Zumba: enerxía, ritmo e benestar”, unha proposta para facer exercicio dun xeito divertido, ao ritmo da música e compartindo un bo momento con outras persoas. 🎶✨
📅 Do 14 de setembro de 2026 ao 25 de xaneiro de 2027
🕡 Luns, de 18:30 a 20:30 h
📍 Pavillón Polideportivo de Portas, fronte á UNED Portas
⏱️ 30 horas lectivas
👟 Modalidade presencial
Unha boa oportunidade para activarse, desconectar da rutina e encher os luns de enerxía. 🙌
ℹ️ Máis información e inscricións en UNED Pontevedra