Concello do Porriño

Concello do Porriño Paxina oficial Concello do Porriño
[email protected] Páxina oficial do Concello do Porriño

04/09/2026

🎥 Ningún sitio mellor que o novo cine para pedirlle a Janet Novás que sexa a nosa pregoneira das Festas do Cristo. Coa súa imaxe xa na gran pantalla.
📢 Premio Nacional de Danza 2025 e Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por O c***o, subirá ao balcón do Concello do Porriño o 26 de setembro ás 13:30 horas para dar o pistoletazo de saída oficial das festas na súa fin de semana grande.
❣️ Estamos desexando vela, escoitala e abrazala!

⚠️ Aviso por altas temperaturas no PorriñoHoxe venres e mañá sábado estamos en alerta amarela por calor, con temperatura...
04/09/2026

⚠️ Aviso por altas temperaturas no Porriño
Hoxe venres e mañá sábado estamos en alerta amarela por calor, con temperaturas que poden acadar os 34 °C entre o mediodía e as últimas horas da noite.
👉 Lembrade os consellos básicos: hidratación, evitar horas centria do día, protexer especialmente a nenos, maiores e persoas vulnerables.

04/09/2026

Descontos de ata o 50%, auténticas gangas: os mellores produtos ao mellor prezo! Ven ao Porriño. Merca na rúa este venres e este sábado en horario ininterrompido de 10:00 a 21:00 h.

🎭 TEATRO: "MAL DO MIOLO"O Grupo de Teatro Pico do Castro trae a Cans a súa obra "Mal do Miolo", unha creación orixinal d...
04/09/2026

🎭 TEATRO: "MAL DO MIOLO"
O Grupo de Teatro Pico do Castro trae a Cans a súa obra "Mal do Miolo", unha creación orixinal de Juan Villarino. setembro
🕖 19:00 h
📍 Centro Veciñal O Castelo de Cans
🎟️ Entrada libre e de balde ata completar prazas
Reparto: Juan Villarino e Jose Ramón Villarino

04/09/2026

👏 Exitazo da primeira quedada de intercambio de cromos na Biblioteca Municipal. O próximo xoves, máis!

🚶O Porriño acolle o roteiro natural Entre Muiños e Fragas📢 O vindeiro sábado 19 de setembro, O Porriño será o escenario ...
03/09/2026

🚶O Porriño acolle o roteiro natural Entre Muiños e Fragas

📢 O vindeiro sábado 19 de setembro, O Porriño será o escenario do roteiro a pé de montaña “Entre muíños e fragas”, unha experiencia circular de dificultade moderada que convida a descubrir a transformación da paisaxe local, dende os usos tradicionais do territorio ata a configuración dos espazos periurbanos actuais.

⏰ A actividade arrancará ás 9:30 horas e contará cun percorrido de 24,5 quilómetros e 907 metros de desnivel positivo, cunha duración aproximada de entre 6 e 7 horas.

🏞️O roteiro forma parte do programa de andainas “Un río, dous países, dez experiencias”, incluido no proxecto Visit .minho Plus, que financia o Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021–2027


Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden visitar a web oficial (visitriominho.eu/caminhadas) ou contactar co equipo de organización no correo [email protected] e no teléfono 623 92 03 32.

🧑‍🎓 Carmen, Cristal ou David son o exemplo do útiles que son os obradoiros de emprego como o Porriño Eco-Necta. Porque f...
03/09/2026

🧑‍🎓 Carmen, Cristal ou David son o exemplo do útiles que son os obradoiros de emprego como o Porriño Eco-Necta. Porque formar hoxe é abrir as portas ao emprego do mañá.
❕ Ademais, este obradoiro engloba todo, ou case todo, o que queremos para O Porriño: formación, emprego, mocidade, coidado das nosas parroquias, avance tecnolóxico do noso concello e atención á cidadanía.
🌿 Conservación e mellora de montes (10 alumnos): mantemento de camiños, marxes e drenaxes, e prevención de incendios (faixas secundarias) nas parroquias de Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas e Torneiros.
📱 Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (10 alumnos): creación dunha nova aplicación municipal para mellorar a comunicación entre a veciñanza e o Concello.
Seguimos traballando no presente e no futuro do municipio.

🩸 Este venres e sábado a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará na Avda. Domingo Bueno (ao carón do Centro Cultural):📅...
03/09/2026

🩸 Este venres e sábado a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará na Avda. Domingo Bueno (ao carón do Centro Cultural):
📅 Venres, 4 de setembro – 16:00 a 21:00 h
📅 Sábado, 5 de setembro – 10:00 a 15:00 h

🛍️ MERCA NA RÚA, UN PLAN PARA TODA A FAMILIAOs días 4 e 5 de setembro, a Zona Peonil do Porriño énchese de oportunidades...
03/09/2026

🛍️ MERCA NA RÚA, UN PLAN PARA TODA A FAMILIA

Os días 4 e 5 de setembro, a Zona Peonil do Porriño énchese de oportunidades, pero tamén de actividades para g***r en familia. 💙

🛍️ Merca na Rúa
Dous días para descubrir os comercios participantes, atopar grandes oportunidades e apoiar o comercio local.

E mentres, os máis pequenos tamén terán o seu momento:

🎪 Inchables
Venres e sábado, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.

🎨 Obradoiros infantís
Venres e sábado, de 18:00 a 20:00 h.

📅 Venres 4 e sábado 5 de setembro
📍 Zona Peonil do Porriño
🕙 Horario da feira: de 10:00 a 21:00 h

Un plan para saír, mercar, xogar e desfrutar xuntos. Agardámoste no Merca na Rúa! ✨
Actividade cofinanciada por Xunta de Galicia - Comercio Galego e Concello do Porriño
Concello do Porriño o Federación de Comercio de Pontevedra
Comercio galego

02/09/2026

🏎️ Se non coñecedes as instalacións de SLOT Porriño, pasádevos por alí! Ou millor, vinde a probar os seus circuitos nas Festas do Cristo. Estarán o día 30 setembro na praza Arquiterco Antonio Palacios. E chegan logo de gañar o seu terceito Master consecutivo en Móstoles.

Dirección

Rúa Antonio Palacios
Porriño
36400

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Porriño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Porriño:

Atajos

Compartir