04/09/2026
Este luns será o pleno para a aprobación inicial dos orzamentos para o exercicio 2026.
Despois de 2 anos sen presentar unha proposta de orzamento, a pesar da súa maioría absoluta. Agora, de présa e correndo, anuncia mediaticamente a proposta e en apenas 5 días convoca comisión informativa e pleno.
Con este curtísimo prazo de tempo, e imposible facer unha análise completa de toda a documentación e elaborar unhas emendas traballadas para o interese do Porriño.
Por que fai isto? Teñen medo do debate? Tan difícil é facer as cousas correctamente e respectar a oposición mellorando a calidade democrática.
Improvisar non é gobernar; e menos nalgo tan serio como é o gasto dos recursos de toda a veciñanza do Porriño.