PSdeG-PSOE O Porriño

PSdeG-PSOE O Porriño Benvidos á páxina da Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Porriño.

🔴 𝐎 𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐕𝐎𝐓𝐀𝐑𝐀́ 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀 𝐎 𝐎𝐑𝐙𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐎 𝐄𝐍𝐆𝐀𝐍𝐎Alejandro Lorenzo presenta un orzamento de 26,8 millóns de euros e véndeo c...
04/09/2026

🔴 𝐎 𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐕𝐎𝐓𝐀𝐑𝐀́ 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀 𝐎 𝐎𝐑𝐙𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐎 𝐄𝐍𝐆𝐀𝐍𝐎

Alejandro Lorenzo presenta un orzamento de 26,8 millóns de euros e véndeo como un récord histórico. Pero o titular agocha unha realidade: o saneamento valorado en 3,9 millóns depende dun préstamo que aínda non foi solicitado nin concertado.

𝐍𝐚 𝐝𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚𝐝𝐚 𝐚𝐨𝐬 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨𝐬 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐢𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐛𝐚𝐧𝐜𝐚𝐫𝐢𝐚. 𝐍𝐨𝐧 𝐬𝐚𝐛𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫𝐚́ 𝐨 𝐝𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐪𝐮𝐞 𝐱𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐛𝐫𝐚𝐫𝐚́, 𝐝𝐮𝐫𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐡𝐚𝐛𝐞𝐫𝐚́ 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐥𝐨, 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐢𝐬𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐭𝐞𝐫𝐚́ 𝐧𝐢𝐧 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐨 𝐚𝐜𝐚𝐛𝐚𝐫𝐚́ 𝐩𝐚𝐠𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 Concello do Porriño.

Neste Pleno non se aproba o préstamo. O Partido Popular limita a votación a incluír unha previsión contable que lle permite inflar o orzamento ata os 26,8 millóns e anunciar polas parroquias unhas obras de saneamento que, hoxe, non teñen financiamento garantido.

Tampouco existe unha relación suficientemente concreta das actuacións. Non se indica con precisión que obras se executarán, que parroquias serán beneficiadas, cantas vivendas poderán conectarse, canto custará cada proxecto nin cando comezarán e rematarán os traballos.

Os veciños non poden conectar as súas casas a unha previsión contable. Necesitan proxectos, permisos, tubaxes, prazos e obras executadas. O resto é propaganda.

Por iso o PSdeG-PSOE O Porriño votará en contra do orzamento de 2026. Non imos avalar un cheque en branco nin colaborar nun engano á veciñanza. Vender como realidade un saneamento que depende dun préstamo inexistente non é gobernar: é facer campaña con diñeiro que o Concello aínda non ten.

𝐄 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚́𝐦𝐨𝐥𝐨 𝐦𝐨𝐢 𝐜𝐥𝐚𝐫𝐨: 𝐧𝐨𝐧 𝐯𝐨𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐬𝐚𝐧𝐞𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨. 𝐂𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐆𝐨𝐛𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐞 𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐞 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐛𝐚𝐧𝐜𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬, 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞𝐜𝐨𝐧𝐨́𝐦𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐚𝐬𝐮𝐦𝐢𝐛𝐥𝐞𝐬 𝐞 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐟𝐢𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐬 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐫𝐞𝐭𝐚𝐬, 𝐨 𝐩𝐫𝐞́𝐬𝐭𝐚𝐦𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐚́ 𝐪𝐮𝐞 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐫 𝐚𝐨 𝐏𝐥𝐞𝐧𝐨. 𝐍𝐞𝐬𝐞 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐬𝐞 𝐨 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐝𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐞́ 𝐬𝐞𝐫𝐢𝐨 𝐞 𝐨 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐬𝐞 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐢𝐧𝐚 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐚𝐨 𝐬𝐚𝐧𝐞𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐨 𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐯𝐨𝐭𝐚𝐫𝐚́ 𝐚 𝐟𝐚𝐯𝐨𝐫.

O PP intentará dicir que a oposición bloquea as obras. É falso. Lorenzo ten maioría absoluta para aprobar estas contas e o noso voto non elimina a previsión nin impide tramitar posteriormente o crédito. O que non faremos é asumir como certas promesas que non están avaladas por documentos.

𝐇𝐚𝐢, 𝐚𝐝𝐞𝐦𝐚𝐢𝐬, 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐛𝐞 𝐞𝐱𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚𝐫. 𝐄𝐧 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐮𝐦𝐢́𝐚 𝐝𝐮𝐧 𝐬𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚́𝐯𝐢𝐭 𝐩𝐫𝐨́𝐱𝐢𝐦𝐨 𝐚𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐭𝐞 𝐦𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬. 𝐀𝐠𝐨𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨 𝐞́𝐱𝐢𝐭𝐨 𝐩𝐞𝐝𝐢𝐫 𝐜𝐚𝐬𝐞 𝐜𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐦𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚𝐫 𝐮𝐧 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐛𝐚́𝐬𝐢𝐜𝐨.

Se aquel diñeiro estaba dispoñible, ¿por que necesita endebedar o Concello? E se xa estaba comprometido, ¿por que o vendeu como un enorme superávit da súa xestión?

As parroquias levan demasiado tempo esperando polo saneamento para que agora se utilice a súa necesidade como decorado electoral. Merecen saber onde se actuará, canto se investirá e cando chegarán as obras.

A nosa posición é firme: si ao saneamento e aos investimentos necesarios; non aos anuncios sen financiamento, aos orzamentos inflados e á propaganda pagada con débeda futura.

Votamos contra o engano, non contra o saneamento.

01/09/2026

¿Por qué unas personas migrantes son devueltas y otras no? 🤔

La respuesta no depende solo de si entran por tierra o por mar: influyen la identificación, el procedimiento legal, la protección internacional y los derechos humanos.

La inmigración se gestiona con leyes, no con eslóganes.

SOLIDARIEDADE CON CEUTA, SI. UTILIZAR O CONCELLO COMO EXTENSIÓN DUN PARTIDO, NON.O alcalde Alejandro Lorenzo convocou pa...
31/08/2026

SOLIDARIEDADE CON CEUTA, SI. UTILIZAR O CONCELLO COMO EXTENSIÓN DUN PARTIDO, NON.

O alcalde Alejandro Lorenzo convocou para este mércores unha concentración diante do Concello do Porriño para secundar a iniciativa promovida desde a en relación coa situación de Ceuta.

E queremos deixar algo moi claro desde o principio: o PSdeG-PSOE O Porriño está con Ceuta, coa súa veciñanza e coa necesidade de que todas as administracións colaboren para garantir seguridade, convivencia, atención humanitaria e respecto á legalidade.

Por tanto, aquí non se discute a solidariedade con Ceuta.

O que cuestionamos é outra cousa: que unha convocatoria que non nace dun consenso político e institucional sexa presentada no Porriño como se representase a posición de todos.

O propio cartel difundido polo Concello utiliza o escudo municipal e afirma: “Todos os concellos, un mesmo sentir”.

Pero non é certo que exista un único sentir respecto desta convocatoria. Hai alcaldes, concellos e grupos políticos que cuestionaron precisamente a forma na que foi promovida.

E no Porriño debemos preguntarnos algo moi sinxelo:

¿Quen decidiu que esta convocatoria representaba institucionalmente ao Concello?

¿Foi tratada cos grupos da Corporación?

¿Existe unha declaración institucional acordada?

¿Houbo algún acordo do Pleno ou da Xunta de Portavoces?

Porque Alejandro Lorenzo ten todo o dereito a apoiar esta iniciativa. Pode facelo como alcalde, como militante ou como representante do Partido Popular. Pero hai unha diferenza fundamental entre ter unha posición política e presentar esa posición como se fose a voz de todo O Porriño.

O Concello non é o Partido Popular.

O Concello representa a máis de 20.000 veciños e veciñas: aos que votaron ao PP, aos que votaron ao PSOE, ao BNG, a outras opcións e tamén aos que non votaron.

E por iso utilizar a identidade institucional require responsabilidade e respecto á pluralidade.

Estamos con Ceuta.

Estamos coa cooperación entre administracións.

Estamos coa seguridade.

Estamos coa convivencia.

Estamos coa defensa dos dereitos humanos.

E estamos contra calquera forma de violencia.

Pero tamén estamos a favor de algo elemental nunha democracia: que as institucións non se confundan cos partidos que temporalmente as gobernan.

Se o PP quere convocar unha concentración, que o faga como PP.

Se Alejandro Lorenzo quere participar, que participe.

Pero o escudo do Concello representa a todos.

🏛️ Solidariedade con Ceuta, toda. Apropiación partidista das institucións, ningunha.

O Concello do Porriño é de todos. Non é a sede do PP.

31/08/2026

🌿 Así está a ribeira do Louro á altura do parque de calistenia da Travesía do Louro.

Plásticos, envases e lixo acumulado entre a vexetación.

Pedimos ao Concello do Porriño que proceda á súa limpeza e manteña este espazo nas condicións que merece. O Louro tamén é O Porriño e a limpeza dos marxes en casco urban é competencia municipal.

Orzamentos 2026O anuncio ten máis carencias ca o préstamo. 💳 Non sabemos canto custarán os xuros, durante cantos anos pa...
24/08/2026

Orzamentos 2026

O anuncio ten máis carencias ca o préstamo. 💳 Non sabemos canto custarán os xuros, durante cantos anos pagaremos nin que obras teñen proxecto e permisos. Só sabemos que o Concello do Porriño pedirá 4 M€ ao banco e aprazará a devolución dous anos.

🎩 O TRUCO DE ALEJANDRO LORENZOAlejandro Lorenzo asegura que o seu segredo consiste en “soñar, mellorar as cousas e facer...
24/08/2026

🎩 O TRUCO DE ALEJANDRO LORENZO

Alejandro Lorenzo asegura que o seu segredo consiste en “soñar, mellorar as cousas e facer feliz á xente”. Na mesma entrevista, afirma que conxelou o seu soldo e o xornal engade entre parénteses que “cobra 1.800 euros ao mes”.

Pero esa cifra,non conta toda a realidade.

A retribución municipal acreditada ascende a 39.540,20 euros brutos anuais: 2.824,30 euros en catorce pagas, equivalentes a unha media de 3.295,02 euros brutos por mes.

E falta a Deputación Pontevedra

Só entre xaneiro e xullo de 2026, Lorenzo percibiu outros 21.725 euros brutos da institución provincial:

🔵 12.800 € por comisións informativas.
🔵 5.600 € por comisións de goberno.
🔵 3.325 € por plenos.

Son 18.400 euros unicamente por comisións, equivalentes a 92 asistencias retribuídas en sete meses. A media provincial supera os 3.100 euros brutos mensuais.

Sumando Concello do Porriño e Deputación, os seus ingresos públicos equivalen durante ese período a aproximadamente 6.400 euros brutos ao mes. Polo tanto, presentar simplemente a cifra de 1.800 euros transmite unha imaxe moi afastada do conxunto das súas retribucións públicas.

E aquí aparece o verdadeiro truco.

Segundo o reconto das actas municipais realizado polo Grupo Socialista, Lorenzo acumula máis de 150 comisións informativas do Porriño sen comparecer en tres anos. Comisións nas que debería explicar expedientes, responder á oposición e render contas sobre a xestión municipal.

No Concello non percibe unha dieta adicional por asistir porque esa responsabilidade xa forma parte do soldo que cobra como alcalde. Pola contra, na Deputación, onde cada asistencia queda economicamente retribuída, os rexistros oficiais acreditan unha presenza constante.

Non cuestionamos que cobre polo seu traballo. Cuestionamos que falte precisamente onde debe explicar como goberna O Porriño, mentres acode con regularidade alí onde cada reunión se paga.

A mentira non está só nunha cifra. Está en contar unha pequena parte para ocultar a fotografía completa da que tanto gusta.

Moito relato, moito postureo e moitas fotografías. Para cobrar, presente. Para render contas no seu Concello, desaparecido.



Diario de Pontevedra

🐾 O Goberno municipal recoñece o falecemento de 14 gatos das colonias felinas tras unha pregunta do Grupo Municipal Soci...
21/08/2026

🐾 O Goberno municipal recoñece o falecemento de 14 gatos das colonias felinas tras unha pregunta do Grupo Municipal Socialista.

O Grupo Municipal Socialista formulou unha pregunta ao Partido Popular sobre o contrato menor tramitado polo brote de panleucopenia nas colonias felinas do Concello do Porriño. Preguntamos expresamente cantos gatos faleceran e por que ese dato non figuraba no informe utilizado para xustificar a contratación.

O contrato foi aprobado mediante o Decreto 2026-1811, do 12 de xuño, por un importe de 1.307 euros e adxudicado a INVER NOSA GALICIA, S.L. (CANIS). O propio decreto cualificaba a situación como unha emerxencia que requiría unha «actuación inmediata».

Na súa resposta oficial ao Grupo Socialista, o Goberno municipal informa de que o persoal voluntario da asociación INMA comunicou a existencia do brote, que sete felinos recibiron atención veterinaria ao abeiro do contrato menor e que durante o brote se rexistrou o falecemento de catorce gatos.

Esta resposta confirma un dato especialmente grave que non aparecía inicialmente no expediente. Porén, segue sen aclarar cando se detectou o primeiro caso, cando comezou a asistencia veterinaria, cantos animais resultaron afectados, que colonias padeceron o brote ou cantos falecementos se produciron antes e despois da contratación.

O Grupo Municipal Socialista non atribúe sen probas a orixe do brote nin os falecementos ao Goberno ou á empresa contratada. A nosa responsabilidade como oposición é fiscalizar a actuación municipal e esixir planificación, coordinación, control do contrato e transparencia sobre o sucedido.

O benestar animal non pode limitarse aos anuncios ou ás fotografías. Require prevención, protocolos, recursos e unha resposta pública completa cando se producen feitos desta gravidade.


🌹En 2023 Alejandro Lorenzo anunciou un refuxio municipal, encargou un anteproxecto por 17.545 € e prometeuno en campaña....
20/08/2026

🌹En 2023 Alejandro Lorenzo anunciou un refuxio municipal, encargou un anteproxecto por 17.545 € e prometeuno en campaña.

🌹Tres anos despois, nin obras nin instalación. O único que chegou foi, como non, unha Festa do Animal. Para celebrar sempre aparece; para cumprir, non. 🐾

🌹 En outubro de 2024, Alejandro Lorenzo asegurou que xa preparaba os orzamentos de 2025 «para presentalos en tempo e for...
18/08/2026

🌹 En outubro de 2024, Alejandro Lorenzo asegurou que xa preparaba os orzamentos de 2025 «para presentalos en tempo e forma». Chegou 2025. Chegou 2026. E O Porriño continúa coas contas de 2024 prorrogadas.

🌹 Un orzamento non é un papel: decide investimentos, servizos e prioridades. As comisións de Economía convócanse, pero, segundo denunciamos, o alcalde leva cinco anos sen asistir. Gobernar esixe planificación e explicacións, non titulares. Para o postureo, presente; para gobernar, desaparecido. 🌹

Dirección

Fernández Areal 30 Baixo
Porriño
36400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE O Porriño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir