06/04/2015
Queridas familias:
O grupo Picapau deixa as sesións de contacontos na biblioteca de Monte Porreiro.
Empezamos este proxecto cinco mamás cheas de ilusión e tivemos un primeiro ano marabilloso e moi boas experiencias; con todo, os amigos habituais sabedes que este ano se nos está facendo un pouco costa arriba. O azar da vida lévanos por distintos camiños e as cuestións individuais de cada unha de nós non nos permiten seguir adiante.
Grazas a todos os que nos acompañastes nesta fermosa viaxe que hoxe chega á súa fin.
Temos pendente rematar a árbore da biblioteca, e farémolo, pouco a pouco no noso tempo libre. Deixamos unha biblioteca fermosísima e preparada para ser gozada polos nenos e as familias en calquera momento. Nós mesmas estaremos por alí de cando en vez, quizais coincidamos o grupo enteiro... E se algunha persoa (ou persoas) está interesada en iniciar algo semellante ó que nós viñamos facendo, adiante!; e se quere axuda ou consello noso, aquí estamos! ;)
Grazas e ata sempre.