05/06/2026
🇦🇷 𝗔𝗿𝘅𝗲𝗻𝘁𝗶𝗻𝗮 𝘀𝗲𝗿𝗮 𝗼 𝗽𝗮í𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗼 𝗦𝗮𝗹ó𝗻 𝗱𝗼 𝗟𝗶𝗯𝗿𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟳 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗮𝗿á 𝗮𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 🚀 𝗱𝗼 𝟮𝟲 𝗱𝗲 𝗳𝗲𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗮𝗼 𝟭𝟰 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼.
📢 Cun pequeno petisco composto por mate🧉, empanadillas 🥟 e doces arxentinos elaborados por Vía Nai, o edil de Cultura Demetrio Gómez presentou o lema ‘De Pontevedra á 🌕 Lúa . Un universo de libros 📚’ e Arxentina como país convidado.
😊 Foi escollido entre varias propostas por un grupo conformado polo equipo de traballo do Salón e unha representación de profesorado 👩🏽🏫 de infantil e primaria da cidade. Previamente, o Salón enviara unha enquisa aos centros de ensino colaboradores para recibir achegas sobre os posibles temas.