26/04/2017
Peto de ánimas en forma de capela a dúas augas situado no vello cemiterio da parroquia, que tamén fai funcións de tumba para seis corpos, tres a cada lado.
A fornela posúe arco de medio punto e no seu interior aparecen un retablo policromado no que podemos ver a imaxe do Espírito Santo en forma de pomba. Por debaixo a imaxe de San Miguel portando na súa mán dereita unha balanza para pesar as boas e as malas intencións das cinco almiñas situadas nun plano inferior.
O conxunto posúe un altar cun pequeno burato que facía as funcións de caixón das esmolas.