Cim Poio

Cim Poio Centro de Información á muller do Concello de Poio
Asesoramento xurídico
Atención psicolóxica Sen custe para as usuarias. Anonimato.

O CIM é o Centro de Información á Muller do Concello de Poio, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero. Proporcionamos asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre os recursos específicos existentes, organización de campañas de sensibilización e actividades (conciliación, corresponsabilidade doméstica, formación, empregabilidade) e

calquera outra iniciativa que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Contamos cun programa específico de asesoramento e apoio social a vítimas de violencia de xénero prestado por profesionais especializadas en atención xurídica, psicolóxica e social. Os principios nos que se basean os servizos de información e asesoramento xurídico e psicolóxico son:

Gratuidade. Como garantía de privacidade e confidencialidade. Respecto á vontade das usuarias. Procúranse posibles solucións ás consultas presentadas pero o camiño a seguir depende da decisión das interesadas. O centro está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Dirección

Pazo De Besada, Avenida Andurique, 1, Poio
Pontevedra
36005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cim Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cim Poio:

Atajos

Compartir