Concello do Pereiro de Aguiar

Concello do Pereiro de Aguiar Páxina Oficial do Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

07/09/2026

🚴‍♀️🚴 Así vivimos o Día da Bici no Pereiro de Aguiar!

Unha xornada para g***r, compartir e celebrar a paixón polas dúas rodas, cun ambiente fantástico e moitas ganas de pasalo ben. 💚

Grazas a todas as persoas que participastes e fixestes posible un día cheo de deporte, convivencia e diversión.

📹 Deixámosvos un pequeno resumo da xornada.

🎶 O sábado 12 de setembro, a música toma a Praza do Concello!Chega ao Pereiro de Aguiar Dr. Slump, cun concerto cheo de ...
07/09/2026

🎶 O sábado 12 de setembro, a música toma a Praza do Concello!

Chega ao Pereiro de Aguiar Dr. Slump, cun concerto cheo de ritmo e grandes versións dos anos 80, 90 e 2000. 🎸✨

📍 Praza do Concello
📅 12 de setembro
🕘 21:00 h

Unha noite para cantar, bailar e g***r de grandes temas de sempre.
Agardámosvos! 🙌

⚠️ Novo intento de roubo de cableado na senda da DerrasaNos últimos días foi frustrado un novo intento de roubo de cable...
05/09/2026

⚠️ Novo intento de roubo de cableado na senda da Derrasa

Nos últimos días foi frustrado un novo intento de roubo de cableado eléctrico na senda que comunica o Club Santo Domingo co encoro de Cachamuíña.

Este intento prodúcese despois dun roubo anterior no que si foi subtraído parte do cableado da instalación. O Concello do Pereiro de Aguiar xa está a traballar na súa reposición e na recuperación da normalidade nesta zona, cun investimento aproximado de 12.000 euros.

Desde o Concello solicitamos a colaboración veciñal. Se observades persoas manipulando arquetas, cableado ou instalacións eléctricas da senda, ou calquera situación que poida resultar sospeitosa, pregámosvos que o comuniquedes inmediatamente ás forzas e corpos de seguridade.

🤝 A colaboración de todos e todas é fundamental para protexer os espazos e instalacións públicas do noso municipio.

A estrada municipal da Derrasa aos Gozos, permanecerá pechada ao acceso de vehículos desde o venres 4/9/2026 as 17:00 ho...
04/09/2026

A estrada municipal da Derrasa aos Gozos, permanecerá pechada ao acceso de vehículos desde o venres 4/9/2026 as 17:00 horas ara as 2:00 da madrugada, pola actividad "A Historia da Verbena". Disculpa as molestias.

04/09/2026

🏋️ O Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar continúa medrando e ampliando a súa oferta de servizos.

Anytime Fitness xa abriu as súas portas no noso concello, incorporando un novo espazo dedicado ao deporte, á actividade física e ao benestar.

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar celebramos a chegada de novas iniciativas que contribúen a dinamizar o Parque Empresarial e a ampliar os servizos dispoñibles para a veciñanza. 💚

📍 Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar · Parcela 2

📚✨ Chegan as Tardes de Biblio á Biblioteca do Pereiro!Unha nova proposta pensada para que os máis pequenos gocen da lect...
04/09/2026

📚✨ Chegan as Tardes de Biblio á Biblioteca do Pereiro!

Unha nova proposta pensada para que os máis pequenos gocen da lectura, aprendan e compartan momentos de diversión nun espazo pensado para eles.

👧🧒 De 5 a 7 anos
📅 Martes, de 17.30 a 18.30 h
▶️ Comezo: 20 de outubro

📖 De 8 a 10 anos
📅 Mércores, de 17.30 a 18.30 h
▶️ Comezo: 21 de outubro

⚠️ 10 prazas por grupo. No caso de haber un número elevado de nenos e nenas que queden sen praza, valorarase habilitar outro día.

📲 Inscricións: 685 528 538

Unha oportunidade para achegar a lectura aos máis pequenos dunha forma divertida e participativa. 💚

👷‍♀️🌿 O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz poñen en marcha o Obradoiro de Emprego Ourense Metr...
04/09/2026

👷‍♀️🌿 O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz poñen en marcha o Obradoiro de Emprego Ourense Metropolitano II

Esta iniciativa permitirá a contratación e formación de 20 persoas durante nove meses, cun investimento de 454.000 euros

O alumnado formarase en dúas especialidades:
🔹 Pavimentación e albanelería de urbanización.
🔹 Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

A formación combinarase con traballos prácticos nos tres concellos, que permitirán mellorar espazos públicos, zonas verdes e diferentes infraestruturas municipais.

🤝 Un proxecto que une formación, emprego e mellora dos nosos concellos, ofrecendo novas oportunidades laborais á veciñanza e desenvolvendo actuacións útiles para a cidadanía.

🚴‍♀️ O Día da Bici do Pereiro de Aguiar conta un ano máis coa colaboración de Código Bike! 🚴‍♂️Desde o Concello queremos...
03/09/2026

🚴‍♀️ O Día da Bici do Pereiro de Aguiar conta un ano máis coa colaboración de Código Bike! 🚴‍♂️

Desde o Concello queremos agradecer a implicación de Código Bike, colaborador e patrocinador desta xornada, que ademais aporta os agasallos que se entregarán durante a celebración. 🎁

Un apoio que contribúe a facer desta cita unha xornada aínda máis especial e a seguir promovendo o deporte e o uso da bicicleta entre a veciñanza.

👏 Moitas grazas a Código Bike pola súa colaboración e compromiso co Día da Bici do Pereiro de Aguiar.

03/09/2026

🏃‍♀️ Actividades deportivas 2026/2027 no Pereiro de Aguiar

O Concello do Pereiro de Aguiar presenta unha nova programación deportiva pensada para todas as idades, con propostas para diferentes disciplinas, niveis e condicións físicas.

Unha oferta ampla para fomentar a actividade física, a saúde, a convivencia e o deporte tanto nas instalacións municipais como nos diferentes núcleos e urbanizacións do concello.

💚 Seguimos apostando polo deporte como parte fundamental da vida no Pereiro.

Consulta toda a información e inscricións en pereiro.gal

🏃‍♀️🏀 Nova tempada de actividades deportivas no Pereiro de Aguiar!Xa están abertas as inscricións para as actividades de...
02/09/2026

🏃‍♀️🏀 Nova tempada de actividades deportivas no Pereiro de Aguiar!

Xa están abertas as inscricións para as actividades deportivas do curso 2026/27, cunha ampla oferta para nenos, mozos e persoas adultas.

⚽ Fútbol
🏀 Minibasket
🥋 Kung Fu
⛸️ Patinaxe
🤾 Balonmán
🏃 Atletismo
♟️ Xadrez
🤸 Ximnasia rítmica
🏹 Arco
🏋️ Halterofilia

E para persoas adultas: ximnasia, ioga, iogalates, pilates, zumba, baile latino, circuit training, Boxing-Kick e Defensa Persoal, entre outras propostas.

📅 As actividades para adultos comezarán o 1 de outubro. Para as actividades infantís e xuvenís, as datas de inicio deberán consultarse nos teléfonos de contacto de cada disciplina.

👉 Consulta horarios, cotas, inscricións e toda a información en pereiro.gal.

Dirección

Plaza Do Concello, 1
Pereiro De Aguiar
32710

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Pereiro de Aguiar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Pereiro de Aguiar:

Atajos

Compartir