Oficina Municipal Voluntariado Padrón

Oficina Municipal Voluntariado Padrón A Oficina Municipal de Voluntariado de Padrón é un referente en Galicia con 20 anos de experiencia

A Oficina Municipal de Voluntariado de Padrón é unha referencia polos case 20 anos dedicados á xestión das persoas voluntarias e organizando actividades que mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Padrón.

▶ A iniciativa "Mulleres fronte á emerxencia climática" avanza en Padrón, da man de Feitoría Verde   🌱▶ Se queres sumart...
08/01/2026

▶ A iniciativa "Mulleres fronte á emerxencia climática" avanza en Padrón, da man de Feitoría Verde 🌱
▶ Se queres sumarte na seguinte xuntanza, aínda estás a tempo, achégate o mércores, 14 de xaneiro, ás 18:30 ao Centro de Servizos Sociais. 🏃‍♀🏃‍♀🏃‍♀
▶ Nestes encontros atoparás aliadas coas que unir forzas, rir, xogar, compartir aprendizaxes, buscar e construír alternativas. Anímate e participa! 😉

22/12/2025

A OMV padronesa deséxavos Bo Nadal e Feliz 2026!!!

16/12/2025
05/12/2025

Feliz Día Internacional do Voluntariado! Grazas a todas as persoas voluntarias da OMV polo labor realizado ao longo do ano 2025.✨

05/12/2025

Grazas a todas as persoas voluntarias, en especial ás da OMV padronesa, que seguen a facer a súa maxia.✨💫

▶ Novembro chegou con grandes sorpresas ao Club de Lectura Infantil "Palabras perdidas",  da man da escritora Ana Meilán...
27/11/2025

▶ Novembro chegou con grandes sorpresas ao Club de Lectura Infantil "Palabras perdidas", da man da escritora Ana Meilán pequenos/as lectores/as e non tan pequenos/as tivemos a ocasión de g***r, na Biblioteca municipal, dunha actividade de animación á lectura, a través da súa obra "Un universo na túa maleta". ✨📚✨
▶ Unha sesión máxica e ideal para adentrarse nos contos clásicos e mesmo nas novidades editoriais e que anima a seguir descubrindo ese "universo" lector. Non podíamos iniciar mellor...😉
Mil grazas a Ana Meilán por acompañarnos neste arranque do novo curso do Club "Palabras Perdidas" e a todos/as os/as participantes. 🫶

27/11/2025

Este mes da man de Feitoría Verde , retomamos os "Seráns de sabores e saberes fronte á emerxencia climática" 🌱visitando Angueira de Suso. Grazas a todas as persoas participantes 🫶

▶A obra en lectura fácil "Ana Frank, su vida" foi a comentada no primeiro encontro do Club de Lectura Inclusivo "Libros ...
26/11/2025

▶A obra en lectura fácil "Ana Frank, su vida" foi a comentada no primeiro encontro do Club de Lectura Inclusivo "Libros Viaxeiros" do curso 2025/2026, que desenvolvemos en colaboración coa . 📖✨
▶ Nesta ocasión tocou unha coñecidísima obra de carácter autobiográfico, que nos levou ás consecuencias máis duras do nazismo e á reflexión da necesidade de coñecer a Historia e de tela moi presente, para evitar caer nos mesmos erros. Resultou ser unha obra necesaria polas aprendizaxes, pero deixou no grupo un pouso de tristeza tanto polo que narra a obra, como pola situación actual de Palestina. 😢
Agradecemos á Cafetería Bámbola a acollida nesta sesión e por poñer o toque doce cos seus churros. Grazas! 🫶😉
Desde hoxe mesmo estamos a traballar para preparar a seguinte xuntanza. Xa queda menos, vémonos entre libros. 📚💫

▶ Esta semana arranca o Club de Lectura Infantil "Palabras perdidas" 2025/2026, que promove a Oficina Municipal de Volun...
18/11/2025

▶ Esta semana arranca o Club de Lectura Infantil "Palabras perdidas" 2025/2026, que promove a Oficina Municipal de Voluntariado, coa totalidade das prazas cubertas ao remate da inscrición. 👏
▶ A sesión inicial vai ser moi especial, xa que da man de chega "Viaxando con Ana Meilán" para facer unha viaxe con maletas, contos... para achegarnos á descuberta da lectura.✨📚✨
▶ Como sempre o lugar de encontro será a Biblioteca Municipal. 😉📖
Vémonos o venres!

▶ No mes de novembro a novela "Solas en el silencio" de Silvia Intxaurrondo foi a obra comentada no Club de Lectura Femi...
10/11/2025

▶ No mes de novembro a novela "Solas en el silencio" de Silvia Intxaurrondo foi a obra comentada no Club de Lectura Feminista "Lieders".
▶ Obra de doada lectura e narración sinxela que traslada, dun xeito moi plástico e visual, como se desenvolve a vida gris nun pequeno pobo do País Vasco nun ano indeterminado, que ben podería ser no 1975. Trátase dunha novela coral de clima opresivo, no que as violencias machistas, o abuso, o caciquismo e a inxustiza están moi presentes.
▶ Unha obra necesaria na que se percibe claramente como o silencio é o maior complice das violencias e as inxustizas.
Vémonos pronto entre libros. 💜📚

Dirección

Plaza Manuel Rodríguez Cobián
Padrón
15900

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Oficina Municipal Voluntariado Padrón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir