25/07/2025
Podemos Padrón condena a celebración de carreiras de burros e esixe a súa prohibición.
Os espectáculos con animais non teñen cabida nunha sociedade na que existe un claro consenso a favor dos dereitos dos animais. Esiximos ao Concello que desista de permitir os malos tratos de animais no noso concello e especialmente nas nosas festas. Esta carreira incumpre o artigo 25 da lei de 2023 sobre os dereitos e benestar dos animais.