05/09/2026
🎉 As Capillas prepárase para vivir as súas festas!
Os días 11, 12 e 13 de setembro, a parroquia celebra as festas na honra á Virxe da Natividade, tres xornadas para desfrutar da música, da gastronomía e, sobre todo, da tradición e do encontro entre veciños, familiares e amigos.
A programación contará con churrascada, sesións vermú, verbenas, pasarrúas e música en directo, con propostas para desfrutar durante todo o fin de semana.
Unha cita para saír, compartir, bailar e g***r das festas da parroquia. 🥳🎶
📍 As Capillas | Oza-Cesuras
☔ O campo estará cuberto cunha gran carpa para que o tempo non sexa un impedimento.
Desde o Concello de Oza-Cesuras animámosvos a participar e a desfrutar destas festas.
Boas festas! 🎊