16/08/2026
📢 ADEGA súmase á loita pola Groba.
📝ADEGA tamén vén de presentar nos últimos días alegacións contra os proxectos de centrais hidroeléctricas reversibles de auga mariña na Serra da Groba, unindo a súa voz á das plataformas, asociacións e colectivos veciñais que loitan por este territorio.
🔎Falamos de dous proxectos do mesmo grupo empresarial que comparten a mesma liña de evacuación e non poderían funcionar un sen o outro, mais que se están a tramitar por separado.
O que está en xogo:
🌿 O inmenso patrimonio natural da Serra da Groba: as súas zonas humidas, a súa avifauna e os garranos que a manteñen viva.
💧 As captacións veciñais e municipais, cun risco de salinización que nin o propio promotor descarta.
🌊 O marisqueo dun litoral rochoso vivo.
✊Non á destrución da Serra da Groba!