17/08/2026
🚧🚐⚠️ O BNG SOLICITA O ARRANXO URXENTE DO PASEO DE BROÑA E APOIA A LIMITACIÓN DE ESTACIONAMENTO DE AUTOCARAVANAS
🚧 O abandono do goberno local cun dos sendeiros máis transcorridos en tempada alta do noso concello é mostra da falta de interese en manter as infraestructuras públicas que usan a diario centos de veciños e visitantes. Dende o inverno, hai varios tramos do paseo marítimo de Broña coas varandas de seguridade rotas, ciscadas e con desprendementos estructurais que poderían supoñer un perigo. Dende o BNG, solicitamos unha actuación de arranxo e reposición urxente para este espazo xa que, en plena tempada alta, segue sen haber ningunha actuación ao respecto.
🚐 O turismo debe servir para xerar un impacto económico positivo e non para que a veciñanza perda cartos e servizos. Dentro desta filosofía, o BNG considera necesario restrinxir o estacionamento de autocaravanas no aparcadoiro da praia de Broña e dotar ao concello dun espazo alternativo para este tipo de turismo que xere un impacto económico positivo. Nos meses de xullo e agosto poden chegar a ser máis de 30 vehículos deste tipo estacionados e facendo pernocta no areal Outense. A concellaría de Turismo do BNG estaba a traballar, antes da moción de censura, para dotar dunha infraestructura municipal que concentrara os servizos e estacionamentos de carvanas preto do comercio local. Tamén consideramos axeitado que as autocaravanas paguen unha taxa polo uso da estación de servizo de broña que permite a recarga de auga e toma eléctrica.