Bng Outeiro

Bng Outeiro Somos un grupo de homes e mulleres traballando polo noso concello e polo noso país. Conseguir unha Galiza mellor e máis xusta é o que nos move.

Por qué se instalan routers wifi en locais sociais? Cando en abril de 2025 pedimos en pleno que se aumentase a potencia ...
08/09/2026

Por qué se instalan routers wifi en locais sociais?

Cando en abril de 2025 pedimos en pleno que se aumentase a potencia eléctrica nos locais sociais, para permitir o seu uso por parte da cidadanía (había algúns nos que enchufar unha cafetera facía saltar os plomos), o equipo de goberno local dixo "non".

Non só iso, senón que manifestou (así pode verse no vídeo do pleno): que a potencia eléctrica era a mínima porque os centros non se usan.
(Nós seguimos preguntándonos como se van usar se non teñen potencia eléctrica abonda? E nin sequera teñen calefacción, nalgúns casos, que permita o uso no inverno?)

Pois ben, neses centros que non se usan, potencia eléctrica non, pero agora si haberá, segundo parece, rede wifi.

Levamos semanas recibindo avisos da cidadanía de varias Parroquias do Concello: estanse a instalar routers wifi nos Locais.
En todos os casos dos que nos deron noticia até agora, non só non se informou á veciñanza senón que nin sequera se lle dixo ás asociacións de veciñas e veciños.

Cústanos entender como é posíbel que se instale rede wifi en edificios sen actividade e que, lembremos, seguirán sen potencia eléctrica abonda, sen calefacción...
Nun Concello que non ten cartos para pagar facturas ordinarias e pide créditos para facelo, agora asumirase custo de instalación? Facturas mensuais por un consumo que non usará ninguén? Mantemento de equipos?

Falouse coa veciñanza para saber se este servicio era necesario? Foi algo demandado?
Estudouse dalgún modo o seu potencial de uso? Priorizouse ás Parroquias que teñen actividade máis asiduamente?

Planificouse dalgún modo este movemento? Ou foi froito, unha vez máis, da improvisación e a neglixencia da xestión do goberno local?

Moitas preguntas no aire, que procuraremos aclarar facendo incidencia neste asunto no videiro pleno de setembro.

07/09/2026

Xa que non podemos contar co Concello...

Poñemos nós en coñecemento de quen puidese interesar estas axudas da Xunta de Galicia.

Están previstas:

-Para compra de vivenda ou promoción (construíla, vaia) por parte de menores de 36 anos.

-En Concellos de menos de 10.000 habitantes (Outeiro de Rei entra, por suposto)

-Cubriríase 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, cun máximo de 15.000 euros por vivenda

-Teñen prazo até o 16 de novembro deste ano

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha axuda coa convocatoria, podemos botarvos unha man.

Nós cremos nun Concello que fai chegar á cidadanía información de interese, e non só publicidade propia.
Que emprega as súas canles de comunicación tamén para divulgar e difundir plans ou actividades doutras Administracións (Deputación, Xunta ou Estado) que suceden ou poden suceder no seu territorio.

Saber o que fai o noso Concello é positivo, por suposto, pero tamén que esta Administración faga de ponte entre a súa xente e, neste caso, subvencións que poden interesarlles.

https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-para-adquisicion-ou-autopromocion-de-vivendas-en-concellos-da-comunidade-autonoma?fbclid=IwY2xjawTzn1dwZG9mAWV4dG4DYWVtAjEwAGJyaWQRMGhxcWd1dFB2aGpjMk5nVFpzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeglFNlcVl9U14rvrju5gwXtMz8Qu0p9c80wTHtH7omN9Qb4L-MPql1gRgv3c_aem_yupGdg5Cxg_XsQzpTCt5VA

ACCESO AO PROCEDEMENTO VI501B NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

O D10 reabre.A súa apertura afectará a centos de familias de Outeiro de Rei e provocará que moitas persoas do noso Conce...
04/09/2026

O D10 reabre.

A súa apertura afectará a centos de familias de Outeiro de Rei e provocará que moitas persoas do noso Concello non poidan retomar actividades deportivas.

E sabéndose isto dende hai máis dun ano... que fixo o Concello ao respecto? Nada máis que invisibilizar o problema.

Ollade.
En setembro xa de 2025, cando se sabía que o D10 pasaría a mans do Fluvial, facíamos as seguintes preguntas ao equipo de goberno:

🚩Que medidas tomará o goberno local de se levar a fin a mencionada compravenda, dada a potencial incidencia nas familias de Outeiro e na oferta deportiva accesíbel na nosa Localidade?

🚩Caso de se finalizar a compravenda, preverá o Concello realizar algunha xestión ou manter contacto/convenio co Club Fluvial para garantir que os prezos das instalacións sexan accesibles para a poboación de Outeiro de Rei?

Na resposta do Señor Alcalde, e así consta en acta contestouse: "que non considera que sexan afectadas as familias por isto".

Que a adquisición do D10 non ía afectar ás familias de Outeiro. Iso dixo o responsábel do goberno local.

Agora, contrastemos coas palabras do Presidente do Fluvial para "El Progreso" no día de hoxe:

🚩"El club ofrece a los 600 usuarios con los que contaba el D10, la posibilidad de hacerse socios si quieren hacer uso de sus instalaciones (...) pero deberán pagar la cuota convencional de nuevo socio. Es decir (...) 1.000 euros la cuota de entrada individual y 1.500, la familiar."

Lonxe de ser un escenario puramente empresarial, o Concello puido, e non quixo, dar pasos para que o resultado non fose este.

Puido iniciar contactos co Clube, puido prever orzamentariamente en 2025 e 2026 incrementos da oferta deportiva municipal para paliar os efectos, puido procurar iniciar a dotación de infraestruturas deportivas municipais propias, puido propor á entidade colaboracións ou convenios que garantisen a continuidade e accesibilidade...

Puido facer política e asumir a súa responsabilidade de goberno.
Decidiuse unha vez máis dar un paso ao lado, apartarse e abandonar á cidadanía á súa sorte.

Nós cremos nun Concello que é dilixente e que afronta as situacións con prevención, con adianto e ficando de lado da veciñanza.
Que fai todo o posíbel para que as persoas non se vexan excluídas e expulsadas da escasa oferta deportiva que hai na Localidade.

Cremos que outro modo de gobernar, responsabelmente, é posíbel.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/centro-deportivo-d10-reabrira-lunes-14-gestion-club-fluvial/202609040500001995717.html?utm_campaign=mrf-facebook-elprogresodelugo&utm_source=facebook&utm_medium=social&mrfcid=202609046a9a6156599b4f71fe0f65a1&fbclid=IwdGRleAUHVu9wZG9mBWZkaWQWUNy9Uafia14O_Qh1hns-qRemhloWyWV4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkCjY2Mjg1NjgzNzkAAR4qK1DHnp-RCfhaIFB-z-r7xNph1qioBo82fj07T5HD93QE_f5VcN7UzSn89A_aem_WRlNEk5GZV7_ZLnAAs4F0g

Su presidente, Tito Valledor, afirma que la incorporación de estas instalaciones en régimen de arrendamiento solventarán los problemas de saturación de la en...

O Partido Popular é o partido da boa xestión... é así como din de si mesmos?Gábanse de cando en cando de seren bos e boa...
03/09/2026

O Partido Popular é o partido da boa xestión... é así como din de si mesmos?

Gábanse de cando en cando de seren bos e boas xestionando as políticas públicas.
Pois moi ben, vexamos datos:

🚩No orzamento de 2024, que é o último liquidado, quedaron máis de 1.180 millóns de euros sen executar.
Para que teñades unha idea de canto é isto: é case o mesmo que o que se gasta en Dependencia e Servizos Sociais.

🚩Nos últimos 15 anos, esta "boa xestión" da Xunta popular deixou máis de 15.000 millóns de euros sen executar.
Case tres veces o orzamento anual de toda a área de Sanidade

🚩Máis do 12% do orzamento da Xunta vai a pagar débeda.
Ao tempo, négase o PP á quita da débeda que o BNG conseguiu, cun só deputado, en Madrid.
Ca boca pequena, iso si.

🚩En datos do Xosé Díaz, que foi presidente da Comisión de Economía e Facenda do Parlamento galego, "grazas" ao PP, Galicia perdeu máis de 24.200 millóns de euros de potencial económico nos últimos anos.

A xente da boa xestión.
Se é esta a boa, como será a mala...

A liquidación orzamentaria ofrece unha imaxe exacta da capacidade de xestión dun Goberno e o grao de execución das contas públicas explica o nivel de eficien...

O Grupo Municipal do BNG  de Outeiro de Rei decidiu NON apoiar a concentración do día de hoxe diante do Concello, convoc...
02/09/2026

O Grupo Municipal do BNG de Outeiro de Rei decidiu NON apoiar a concentración do día de hoxe diante do Concello, convocada despois do chamado da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

E vimos a explicar porqué:

1.- Porque lonxe de buscar solucións, dar apoio ou mostrar unidade, esta convocatoria busca xerar enfrontamento político, crispación, hostilidade e aínda máis odio.

(Ningún comentario ten a convocatoria para condenar a queima deliberada de campamentos de persoas migrantes por parte de grupos ultra; ou contra as agresións se***is a menores migrantes).

2.- Porque dende o BNG de Outeiro de Rei nunca imos apoiar iniciativas que, directa ou indirectamente, poñan no foco dese odio a persoas migrantes, que acoden ao noso país fuxindo de guerras, agresións, persecucións e fame.

Se alguén sabe de migración é o pobo galego, e tamén o pobo de Outeiro de Rei. E non imos tolerar que o obxectivo do desprezo sexan as persoas máis vulnerábeis.

3.- Porque dende o primeiro minuto, o BNG criticou a política migratoria estatal, e exixiu medidas efectivas e recursos para Ceuta, lonxe de focos e do ruído.
Por contra, esta convocatoria non busca xerar nada positivo na situación, senón tirar rédito político dela.

O PP está con Ceuta na concentración... pero abandona a Ceuta no reparto de menores migrantes, no financiamento das acollidas, na coordinación entre Administracións, no diálogo dunha política migratoria...

Que sinxelo é dicir que se fai algo e, despois, non facelo.

4.- Porque a convocatoria nace da decisión unilateral da Presidenta da FEMP, Dona María José García-Pelayo (alcaldesa do PP en Jerez), sen sequera presentar a medida a debate na Federación, sen consultalo cos outros grupos políticos e sen votación ou acordo.

A Federación Galega de Municipios e Provincias, de feito, tamén se manifestou en contra deste actuar unilateral por consideralo partidista.

5.- Porque non imos homologar nin dar o visto bo á politización da FEMP en mans do Partido Popular, que alá onde pode elimina o diálogo, furta o debate e secuestra para o seu uso partidista as institucións onde ten representación.

6.- Porque non imos amparar a hipocresía e cinismo do goberno local de Outeiro de Rei, que cando o noso Grupo presenta unha moción para denunciar os crimes contra a Humanidade en Palestina, vota non e exixe emendas para amparar ao estado xenocida de Israel; pero sae correndo cando o PP chama a manifestarse pola situación en Ceuta.

7.- Porque o Partido Popular de Outeiro de Rei non se concentra por Gaza, non o fai pola situación da vivenda, non o fai pola falta de pediatras para Outeiro, non o fai para solicitar recursos públicos, non reclama medidas de repoboamento do noso rural, non toma medidas sobre as súas propias competencias...

Casualmente nunca ten nada a criticar ou protestar contra da Xunta de Galicia.

Pero agora, nesta convocatoria, teñen o "valor" de convocar e, agora si, concentrarse.
Oxalá esa mesma vontade de facer política cando toca, e non cando se instrumentaliza o sufrimento e a dor con fins políticas.

O BNG de Outeiro de Rei está, sen fisuras, coas persoas migrantes e as persoas en risco de vulnerabilidade.
O BNG de Outeiro de Rei está, sen fisuras, co pobo ceutí e apoia, de verdade e non con este tipo de teatros, as súas necesidades e inquedanzas.

O BNG de Outeiro de Rei non vai apoiar o odio como arma política, a crispación, o extremismo, o dar ás á extrema dereita e lanzar bulos e hostilidade cara as persoas máis vulnerábeis.

Con Ceuta, si.
Co odio, nunca.

O vindeiro martes 8 de setembro, terá lugar o acto que organizan Asoc C. Xermolos e a Irmandade Manuel María , de entreg...
01/09/2026

O vindeiro martes 8 de setembro, terá lugar o acto que organizan Asoc C. Xermolos e a Irmandade Manuel María , de entrega das navallas homónimas.

Difundimos, por se fose do voso interese.

Sempre é boa ocasión para lembrar ao noso eterno poeta, narrador, xurista, activista, académico... e sobre doutras cousas, veciño de Outeiro de Rei e fillo predilecto.

No final da semana pasada publicouse a resolución provisional dunha serie de subvencións da . Deputación de Lugo , na Ár...
31/08/2026

No final da semana pasada publicouse a resolución provisional dunha serie de subvencións da . Deputación de Lugo , na Área de Rural, para a recría de xatas de Rubia Galega; a través do programa "Marela".

Entre todas as explotacións apoiadas, dúas son de Outeiro de Rei.

Estas axudas van beneficiar en total a máis de 200 gandeirías e con máis de 400.000€

Botádelle un bo ollo pois terá continuación con programas similares para outras razas e especies, non só de vacún.
(Se necesitades algún apoio, dicídenos sen problema).

Moi interesante sempre que calquera Administración, neste caso a Deputación de Lugo, apoien ao noso sector primario e, en especial, ás nosas razas autóctonas.

Tedes toda a información da campaña podedes atopala aquí:

MARELA! 2026

Queredes saber que estradas son de titularidade municipal? Que camiños públicos existen en Outeiro de Rei?Pois sentímolo...
28/08/2026

Queredes saber que estradas son de titularidade municipal?
Que camiños públicos existen en Outeiro de Rei?
Pois sentímolo moito, pero non vai ser posíbel.

Hai unhas semanas unha veciña poñía no noso coñecemento un problema cun camiño que, en teoría, é público e do Concello.
Con esa premisa, comezamos a indagar na cuestión.

Dentro desa pesquisa pedimos ao Concello ver o inventario de camiños públicos, o inventario de travesías e o catálogo de estradas titularidade municipal.
Para a nosa sorpresa, non existe como tal ningún deles.

O único que ten o Concello é unha sección do inventario xeral dedicado a "anacos de camiños" e adxudicacións parciais de viais.

O Concello incumpre non só a Lei de estradas de Galicia (de 2013), senón outras normas previas de 1986 e 2003 que obrigan a ter, separados e en orde, os tres inventarios que vos mencionábamos máis arriba.
Dito doutro modo: o Concello debía ter estas listaxes dende hai máis de 20 anos.

Pero o que nos parece máis grave é que se deixe á cidadanía de Outeiro indefensa e cunha inseguridade xurídica enorme á hora de dilucidar posíbeis problemas de lindeiros ou de propiedades.

Que un Concello incumpra as normas é inaceptábel, pero que teña unha xestión tan neglixente que nin sequera saiba de certo o que é del e o que non é e non teña as súas cousas en orde... é mesmo peor do que imaxinabamos.

Nós apostamos por Administracións dilixentes e nas que o mínimo imprescindíbel sexa o cumprimento escrupuloso da Lei, xunto coa protección das veciñas e veciños.

Cantas veces se pode anunciar algo antes de rematalo?Contamos, por exemplo, co amaño da estrada a Castro?1️⃣25 de novemb...
27/08/2026

Cantas veces se pode anunciar algo antes de rematalo?

Contamos, por exemplo, co amaño da estrada a Castro?

1️⃣25 de novembro de 2025: https://lugoxa.com/news/a-xunta-contrata-obras-de-renovacion-do-firme-en-tres-estradas-do-centro-da-provincia-de-lugo/110196/

2️⃣22 de xaneiro de 2026: https://www.galiciapress.es/articulo/ultima-hora/2026-01-22/5743881-xunta-recibe-32-ofertas-renovar-firme-19-carreteras-autonomicas-paso-30-ayuntamientos

3️⃣10 de maio de 2026: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/024289/xunta-adjudica-por-mas-2-renovacion-del-firme-tres-carreteras-titularidad-autonomica

4️⃣10 de xuño de 2026: https://terrachaxa.com/news/o-novo-delegado-da-xunta-visita-outeiro-de-rei-para-conecer-as-necesidades-do-concello/125752/

5️⃣ 6 de agosto de 2026: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/027455/xunta-inviste-preto-1-5-renovacion-firme-estrada-115-que-conecta-outeiro-rei

E supoñemos quedará unha nova sobre o avance das obras e outra para cando se rematen, tendo así 6-7 publicacións sobre a mesma obra antes sequera de tela rematado.

A execución, ademais e segundo se anuncia, rematará en non menos de seis meses.
Casualidade que estará rematado a carón das eleccións... unha afortunada coincidencia.

E se vos sonan as fotografías publicitando amaños da mesma estrada é porque a Xunta xa a reparou en 2023: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/78543/xunta-licita-hoy-refuerzo-del-firme-tres-carreteras-autonomicas-lugo-las-que #

Moi curioso que ese anuncio cadrase tamén antes dunhas Eleccións...

Sabedes do que non sabemos nada aínda?
Das diversas iniciativas que o noso Grupo presentou (en 2024 e 2026) para que se amañasen tamén os viais de servizo desa estrada, que xa quedaran fóra das reparacións de 2023.
Recibimos múltiples queixas da veciñanza que emprega eses viais para servizo das leiras e vivendas e que os ven en nefasta conservación. Porén, malia comentalo en pleno, a resposta foi nula.

Cremos en Administracións que realizan mantemento e obras necesarias cando toca, e non só para a galería e poder presentar fotografías de cara a un proceso electoral.

Cremos nun Concello que escoita á veciñanza e aborda as súas necesidades.

Sobre o fenómeno de "colonialismo onomástico".É dicir, sobre como as nosas formas de nomes e apelidos se viron sometidas...
26/08/2026

Sobre o fenómeno de "colonialismo onomástico".

É dicir, sobre como as nosas formas de nomes e apelidos se viron sometidas, dende o s.XVI a un procesode castelanización forzosa.

https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/colonialismo-onomastico-asi-foi-deturpacion-dos-apelidos-galiza/20260816085031264578.html?fbclid=IwY2xjawTwEnBwZG9mAWV4dG4DYWVtAjExAHNydGMGYXBwX2lkEDIyMjAzOTE3ODgyMDA4OTIAAR7Zb-bFNThbmbCg5VlPGVirmyadZUOFZwzEoPJOqFNi7qgcn1sC99YnkLVXiw_aem_CffMtcHvnUibB84O6H3YgA

Cando a partir do século XVI o galego desapareceu como lingua instrumental de toda a documentación escrita, unha parte importante dos apelidos foi traducida ...

Dirección

Outeiro De Rei
Otero De Rey
27150

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Outeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bng Outeiro:

Atajos

Compartir