04/09/2026
🌿🚭 Outeiro de Rei reafirma o seu compromiso coa Rede Galega de Praias sen Fume
O alcalde, José Pardo Lombao, e a tenente de alcalde, Begoña Seco Varela participaron hoxe na recollida do diploma que acredita que Outeiro de Rei continúa a formar parte da Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa recollida no Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública.
🚭 O tabaquismo é unha das principais causas de mortalidade en Galicia, polo que desde o Concello apostamos por seguir promovendo espazos máis saudables, libres de fume e orientados ao benestar da veciñanza.
🌱 Un compromiso coa prevención do tabaquismo, a promoción de hábitos de vida saudables e o coidado do noso medio ambiente.
💚 Seguimos traballando por un Outeiro de Rei máis saudable e respectuoso coa súa contorna.