Concello de Ortigueira

Concello de Ortigueira Páxina institucional do Concello de Ortigueira Información de servizo e institucional relativa ao Concello de Ortigueira.

Séguenos tamén en Twitter .

🚜 En Freires-Cuiña estamos traballando no tratamento con encimas para mellorar o firme da pista forestal.🌲 Unha actuació...
04/09/2026

🚜 En Freires-Cuiña estamos traballando no tratamento con encimas para mellorar o firme da pista forestal.

🌲 Unha actuación destinada a mellorar o estado e a conservación desta vía.

♟️ O pasado domingo celebrouse en Ortigueira o Torneo de Verán de Xadrez, todo un éxito de participación, con 36 xogador...
03/09/2026

♟️ O pasado domingo celebrouse en Ortigueira o Torneo de Verán de Xadrez, todo un éxito de participación, con 36 xogadores chegados de diferentes puntos das provincias da Coruña e Pontevedra, e mesmo de fóra de Galicia.

🏆 Parabéns aos gañadores:
🥇 Campión: David Cernadas
🥈 Subcampión: Eduardo Cabanas
🥉 3.º clasificado: Martín Pena
🏅 Campión local: Alberto Martínez

👏 Grazas á Cafetería Arco e, especialmente, ao organizador da actividade, Adrián Martínez, por facer posible esta xornada.

👀 Tes 60 anos ou máis? Se estás empadroado/a no Concello de Ortigueira, podes participar na excursión aos Lagos de Covad...
03/09/2026

👀 Tes 60 anos ou máis? Se estás empadroado/a no Concello de Ortigueira, podes participar na excursión aos Lagos de Covadonga!

🗓 A viaxe terá lugar os días 22 e 23 de setembro.

💶 O prezo é de 65 € por persoa e as prazas son limitadas.

✍️ As inscricións realizaranse por orde de anotación no Rexistro do Concello de Ortigueira ou por vía telemática. O pagamento deberá facerse unha vez que os Servizos Sociais confirmen a adxudicación da praza.

✨ Anímate!

🩸 Doa sangue en Ortigueira!🗓️ O mércores 16 de setembro, a unidade móbil de doazón de sangue estará no noso concello.📍 E...
03/09/2026

🩸 Doa sangue en Ortigueira!

🗓️ O mércores 16 de setembro, a unidade móbil de doazón de sangue estará no noso concello.

📍 Estará situada diante do Edificio de Servizos Sociais, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

❤️ Anímate a participar e axuda a salvar vidas!

📢 Onte, 2 de setembro, tivo lugar a concentración de apoio a Ceuta, tras a situación acontecida fai unhas semanas.🤝 Graz...
03/09/2026

📢 Onte, 2 de setembro, tivo lugar a concentración de apoio a Ceuta, tras a situación acontecida fai unhas semanas.

🤝 Grazas a todas as persoas que vos achegastes e participastes nesta mostra de apoio e solidariedade.

🏃‍♀️ O Concello de Ortigueira abriu o prazo de preinscrición para as actividades deportivas do curso 2026-2027.🏅 A ofert...
03/09/2026

🏃‍♀️ O Concello de Ortigueira abriu o prazo de preinscrición para as actividades deportivas do curso 2026-2027.

🏅 A oferta municipal pon á disposición da cidadanía un total de 613 prazas.

📅 Podes realizar a túa inscrición ata o 18 de setembro nas instalacións da piscina municipal ou no Rexistro Xeral do Concello.

ℹ️ Máis información: https://concellodeortigueira.gal/o-concello-de-ortigueira-oferta-un-total-de-613-prazas-para-as-actividades-deportivas-do-curso-2026-2027/

👉 Novos servizos 4G e 5G en Ortigueira.📡 Nos próximos días terá lugar a activación da rede móbil de nova xeración no mun...
02/09/2026

👉 Novos servizos 4G e 5G en Ortigueira.

📡 Nos próximos días terá lugar a activación da rede móbil de nova xeración no municipio.

📺 Se detectas algún problema na recepción dos canais da TDT, podes contactar con Llega700 durante os próximos 6 meses no teléfono 900 833 999 ou no correo [email protected].

🌿 O Goberno destina 5,5 millóns de euros á restauración das marismas de Mera, na ría de Ortigueira.💧 O obxectivo é recup...
02/09/2026

🌿 O Goberno destina 5,5 millóns de euros á restauración das marismas de Mera, na ría de Ortigueira.

💧 O obxectivo é recuperar o funcionamento natural deste espazo e mellorar o estado dos seus ecosistemas.

El Gobierno licita por 5,5 millones las obras para restaurar más de 50 hectáreas de las marismas de Mera, en la ría de Ortigueira.

✨ A pasada fin de semana tivo lugar a actuación de maxia de Martín Camiña e Fani.🎩 As persoas asistentes puideron g***r ...
02/09/2026

✨ A pasada fin de semana tivo lugar a actuación de maxia de Martín Camiña e Fani.

🎩 As persoas asistentes puideron g***r dun fantástico espectáculo de maxia, cheo de sorpresas e boa compañía.

🎗️ A Asociación Española Contra el Cáncer pon en marcha en Ortigueira o Club de Saúde, un programa gratuíto dirixido a p...
02/09/2026

🎗️ A Asociación Española Contra el Cáncer pon en marcha en Ortigueira o Club de Saúde, un programa gratuíto dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares.

📅 Do 21 de setembro a novembro celebraranse 7 obradoiros, todos os luns, de 17:00 a 18:30 horas.

ℹ️ Para máis información e inscrición no Centro de Saúde de Ortigueira, Servizos Sociais do Concello ou no teléfono gratuíto 900 100 036.

🤝Contamos contigo!

Dirección

Plaza Isabel II, S/N
Ortigueira
15330

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981400000

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ortigueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir