Concello de Oroso

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Oroso Benvidos á páxina oficial do Concello de Oroso. Aquí atoparás información sobre os nosos servizos e actividades. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur.

Estamos comprometidos co cambio e o avance.

¡Únete a nós neste emocionante camiño cara ao futuro! O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela. O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos. O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo, o Ca**ón ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales. O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.

🍂🍁 Este sábado 31 temos unha cita en Sigüeiro!🌰🔥 Música, castañas e moitas ganas de pasalo ben!🎶 Vide tomar algo e botar...
26/10/2026

🍂🍁 Este sábado 31 temos unha cita en Sigüeiro!

🌰🔥 Música, castañas e moitas ganas de pasalo ben!

🎶 Vide tomar algo e botar uns bailes, haberá castañas gratis, pinchos e bebidas a prezos populares!

☀️🚌 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗥𝗗𝗔𝗥!A pasada semana desfrutamos da excursión á 𝗖𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗟𝘂𝘇 𝗲 𝗮𝗼 𝗔𝗹𝗴𝗮𝗿𝘃𝗲, organizada por Excur...
26/10/2026

☀️🚌 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗥𝗗𝗔𝗥!

A pasada semana desfrutamos da excursión á 𝗖𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗟𝘂𝘇 𝗲 𝗮𝗼 𝗔𝗹𝗴𝗮𝗿𝘃𝗲, organizada por Excursiones Miranda coa colaboración dos concellos de Oroso e Frades.

🚌 𝗡𝗼𝘀 𝘂́𝗹𝘁𝗶𝗺𝗼𝘀 𝟯 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮́𝗿𝗼𝗻𝘀𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗰𝘂𝗿𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀, 𝗰𝗼𝗻 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟬 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀, fomentando o lecer, a convivencia e a oportunidade de coñecer novos destinos.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta última viaxe. Grazas a todas as persoas participantes! 💚

🧥💚 𝗢 𝗥𝗢𝗨𝗣𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟 𝗣𝗥𝗘𝗖𝗜𝗦𝗔 𝗗𝗔 𝗩𝗢𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡Coa chegada do frío, dende o Roupeiro Municipal de Oroso facemos un...
26/10/2026

🧥💚 𝗢 𝗥𝗢𝗨𝗣𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟 𝗣𝗥𝗘𝗖𝗜𝗦𝗔 𝗗𝗔 𝗩𝗢𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡

Coa chegada do frío, dende o Roupeiro Municipal de Oroso facemos un chamamento á solidariedade da veciñanza.

Neste momento precisamos especialmente 𝗿𝗼𝘂𝗽𝗮 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗴𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗿𝗮𝗽𝗮𝗰𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝟭𝟮 𝗲 𝟭𝟴 𝗮𝗻𝗼𝘀, en bo estado e lista para utilizar.

📍 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿: Local Social do Cachopal
📞 𝗖𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝘁𝗼: 981 688 950

🤝 Un pequeno xesto pode ser unha gran axuda para quen máis o necesita.

Grazas de antemán pola vosa solidariedade! 💚

🌳🌿 𝗘𝗡 𝗠𝗔𝗥𝗖𝗛𝗔 𝗔 𝗥𝗘𝗡𝗔𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔 𝗔𝗟𝗘𝗫𝗔𝗡𝗗𝗥𝗘 𝗕𝗢́𝗩𝗘𝗗𝗔O Concello de Oroso xa ten en marcha as obras de renaturaliza...
24/10/2026

🌳🌿 𝗘𝗡 𝗠𝗔𝗥𝗖𝗛𝗔 𝗔 𝗥𝗘𝗡𝗔𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔 𝗔𝗟𝗘𝗫𝗔𝗡𝗗𝗥𝗘 𝗕𝗢́𝗩𝗘𝗗𝗔

O Concello de Oroso xa ten en marcha as obras de renaturalización da Praza Alexandre Bóveda, en Sigüeiro, cunha achega de 𝟲𝟬.𝟬𝟬𝟬 € 𝗱𝗮 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮, que financia o 80% do proxecto.

🌱 A actuación permitirá incorporar 𝟲𝟱𝟬 𝗺² 𝗱𝗲 𝘇𝗼𝗻𝗮𝘀 𝘃𝗲𝗿𝗱𝗲𝘀, especies autóctonas e novos camiños permeables, mellorando a conexión coa contorna do río Tambre.

🤝 Hoxe recibimos a visita da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, 𝗔́𝗻𝗴𝗲𝗹𝗲𝘀 𝗩𝗮́𝘇𝗾𝘂𝗲𝘇, para coñecer esta intervención.

Unha mellora para facer de Sigüeiro un espazo máis verde, agradable e sostible. 💚

🎨🌿 𝗢 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗖𝗜́𝗩𝗜𝗖𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗔 𝗨𝗡 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗠𝗨𝗥𝗔𝗟Hoxe inauguramos no Centro Cívico de Sigüeiro un novo mural realiza...
23/10/2026

🎨🌿 𝗢 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗖𝗜́𝗩𝗜𝗖𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗔 𝗨𝗡 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗠𝗨𝗥𝗔𝗟

Hoxe inauguramos no Centro Cívico de Sigüeiro un novo mural realizado polo artista 𝗦𝗼𝗸𝗿𝗮𝗺, dentro do proxecto 𝗔𝗿𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼 da Deputación.

🖌️ Baixo o título «Viaxe interior», a obra representa o camiño persoal que percorremos ao longo da vida, unha viaxe de autocoñecemento, reflexión e procura de respostas, simbolizada a través dun camiño que se adentra nun monte.

Unha nova intervención artística que 𝗲𝗻𝗿𝗶𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲 𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗼 e achega a arte urbana á veciñanza.

Este é o calendario deportivo para esta fin de semana👇
23/10/2026

Este é o calendario deportivo para esta fin de semana👇

🚂🛤️ 𝗔 𝗩𝗜́𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗨𝗣𝗘𝗥𝗔 𝗔 𝗦𝗨́𝗔 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗩𝗜𝗔𝗥𝗜𝗔Hoxe presentouse en Área Central a exposición «Do ferrocarril á Vía...
22/10/2026

🚂🛤️ 𝗔 𝗩𝗜́𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗨𝗣𝗘𝗥𝗔 𝗔 𝗦𝗨́𝗔 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗩𝗜𝗔𝗥𝗜𝗔

Hoxe presentouse en Área Central a exposición «Do ferrocarril á Vía Verde», unha mostra que recupera a historia do antigo trazado ferroviario que atravesaba Oroso e a súa transformación na actual Vía Verde. 🌿

O alcalde de Oroso, 𝗔́𝗹𝗲𝘅 𝗗𝗼𝘃𝗮𝗹, participou na inauguración como presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

📸 A exposición inclúe obxectos históricos, paneis informativos e unha maqueta interactiva.

📅 𝗔𝘁𝗮 𝗼 𝟮 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
📍 Área Central · Santiago de Compostela

🚆 Este sábado 24, de 10:30 a 20:30 h, tamén haberá un mercadillo ferroviario de modelismo e coleccionismo.

📢🤝 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 | 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢Debido ás obras de mellora que se están realizando no Centro Cultu...
22/10/2026

📢🤝 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 | 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗨𝗡𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗘𝗖𝗜𝗡̃𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢

Debido ás obras de mellora que se están realizando no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, a reunión veciñal de Sigüeiro, prevista para o 29 de outubro, trasládase finalmente ao 𝗹𝘂𝗻𝘀 𝟮 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

📅 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗱𝗮𝘁𝗮: luns, 2 de novembro
🕗 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵
📍 Auditorio Municipal de Sigüeiro

O encontro manterá o seu formato habitual para escoitar propostas, coñecer as necesidades da veciñanza e falar das actuacións e proxectos de Sigüeiro.

Agradecemos a comprensión e pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.

⚡⚠️ 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 | 𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗡𝗔 𝗦𝗨𝗕𝗠𝗜𝗡𝗜𝗦𝗧𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗟𝗘́𝗖𝗧𝗥𝗜𝗖𝗔Rexistrouse unha incidencia na subministración eléctrica que está afecta...
22/10/2026

⚡⚠️ 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢 | 𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗡𝗔 𝗦𝗨𝗕𝗠𝗜𝗡𝗜𝗦𝗧𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗟𝗘́𝗖𝗧𝗥𝗜𝗖𝗔

Rexistrouse unha incidencia na subministración eléctrica que está afectando a diferentes zonas das parroquias de 𝗖𝗮𝗿𝗱𝗮𝗺𝗮, 𝗦𝗲𝗻𝗿𝗮 𝗲 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿𝗿𝗼𝗺𝗮𝗿𝗶́𝘀.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, xa se puxo en contacto onte e hoxe coa empresa distribuidora 𝗨𝗙𝗗 para interesarse pola avaría e solicitar que se restableza o servizo coa maior rapidez posible.

Dende o Concello seguiremos pendentes da evolución da incidencia para minimizar, na medida do posible, as molestias ocasionadas á veciñanza.

🚰⚠️ 𝗔 𝗙𝗔𝗟𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗘𝗦 𝗗𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘 𝗗𝗘 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗜𝗠𝗣𝗜𝗗𝗘 𝗘𝗫𝗘𝗖𝗨𝗧𝗔𝗥 𝗔 𝗔𝗠𝗣𝗟𝗜𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗜𝗗𝗘O Concello...
21/10/2026

🚰⚠️ 𝗔 𝗙𝗔𝗟𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗘𝗦 𝗗𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘 𝗗𝗘 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗜𝗠𝗣𝗜𝗗𝗘 𝗘𝗫𝗘𝗖𝗨𝗧𝗔𝗥 𝗔 𝗔𝗠𝗣𝗟𝗜𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗔𝗨𝗚𝗔 𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗜𝗗𝗘

O Concello de Oroso vese na obriga de renunciar ao convenio asinado con Augas de Galicia para este exercicio, que contemplaba un investimento de 𝗽𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝟴𝟬.𝟬𝟬𝟬 € para ampliar a rede de abastecemento de auga en Vilacide de Arriba e Villalbarro.

📄 O motivo é a falta de resposta aos informes sectoriais solicitados á 𝗗𝗲𝗽𝘂𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗖𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗮 𝗲 𝗮́ 𝗗𝗲𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗘𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼 os días 24 e 20 de maio, respectivamente, e que continúan pendentes.

Esta situación impide cumprir os prazos establecidos para executar a actuación durante 2026, a pesar de contar cun proxecto validado por Augas de Galicia e cun convenio asinado o pasado 10 de setembro.

👉 𝗢 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗻𝗼𝗻 𝗿𝗲𝗻𝘂𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗮́ 𝗼𝗯𝗿𝗮. Agradecemos a colaboración de Augas de Galicia e volveremos solicitar os fondos en 2027 para poder levar a cabo esta mellora do abastecemento.

Dirección

Praza Isaac Díaz Pardo, Nº1
Oroso
15888

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:00
Martes 08:30 - 14:00
Miércoles 08:30 - 14:00
Jueves 08:30 - 14:00
Viernes 08:30 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Oroso publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Oroso:

Atajos

Compartir