Biblioteca Pública de Ourense Nós

Biblioteca Pública de Ourense Nós Biblioteca Pública do Estado en Ourense Nós Servizo profesional, diferente e gratuito onde vos sodes o primeiro.

Somos unha comunidade dedicada a satisfacer as necesidades culturais, educativas e de ocio dos veciños ourensáns para iso, temos a vosa disposición diferentes salas cunha gran variedade de materiais.

Nova mostra bibliográfica no primeiro andar.Partindo da frase de Agustín Fernández Paz "Todas as historias se tecen cos ...
08/09/2026

Nova mostra bibliográfica no primeiro andar.
Partindo da frase de Agustín Fernández Paz "Todas as historias se tecen cos fíos da vida" fixemos unha selección de novelas biográficas ou autobiográficas. Preparadas para sair as vosas casas 🙃.

Hoxe falámosvos dun novo Club de lectura que comeza a súa andaina na biblioteca este outubro. O club de lectura " A resi...
07/09/2026

Hoxe falámosvos dun novo Club de lectura que comeza a súa andaina na biblioteca este outubro. O club de lectura " A resistencia" enfocado a persoas que queren recuperar o hábito lector.
Ler é un acto de resistencia intelectual que fomenta a concentración, a empatía e o sentido crítico.
Neste club, queremos tecer redes entre as persoas do grupo fomentando a lectura en voz alta das pasaxes que máis lles gusten do libro. Provocar o diálogo entre eles e a escoita activa.
As sesión serán os luns e haberá dúas ao mes, en función do calendario e serán libros curtos de fácil lectura.
A inscrición, como todos, poderá facerse a a partir do 16 de setembro.
Animádevos a participar!

Xa están dispoñibles as novidades do mes de setembro, xunto coa referencia ás que tivemos durante os meses de verán. Vai...
01/09/2026

Xa están dispoñibles as novidades do mes de setembro, xunto coa referencia ás que tivemos durante os meses de verán. Vaite preparando para o novo curso.

O martes 1 de setembro estade atent@s as nosas redes sociais ou a nosa páxina web porque publicaremos a listaxe de todas...
27/08/2026

O martes 1 de setembro estade atent@s as nosas redes sociais ou a nosa páxina web porque publicaremos a listaxe de todas as actividades programadas para público adulto neste novo "curso" 2026-2027.

Onte despedimos os obradoiros de cerámica deste verán impartidos por Lía e Pepe e nos que sairon verdadeiros artistas! D...
26/08/2026

Onte despedimos os obradoiros de cerámica deste verán impartidos por Lía e Pepe e nos que sairon verdadeiros artistas!
Deixamos algunhas imaxes ata os próximos talleres 😉

Hoxe compartimos outra das novidades para este "curso" 2026-2027, o club de lectura de Novela Histórica, así que si eres...
07/08/2026

Hoxe compartimos outra das novidades para este "curso" 2026-2027, o club de lectura de Novela Histórica, así que si eres unha/un apaixonada/o deste xénero estate atenta/o a nosa páxina web e as nosas redes sociais.
Inscricións, a partir do 16 de setembro!

Outro ano máis colaboramos co Premio de Novela Europea Casino de Santiago e deixámosvos no primeiro andar as 5 novelas s...
03/08/2026

Outro ano máis colaboramos co Premio de Novela Europea Casino de Santiago e deixámosvos no primeiro andar as 5 novelas seleccionadas deste ano.
Máis ideas para as lecturas dos días de lecer 😉 e entre elas hai unha do noso fondo local, da ourensá Olaia Sendón.

Hoxe compartimos outra das novidades que teremos para este novo "curso". Neurodiverxeando, un espazo de encontro partici...
30/07/2026

Hoxe compartimos outra das novidades que teremos para este novo "curso".
Neurodiverxeando, un espazo de encontro participativo para persoas adultas neurodiverxentes, autónomas, que non requiran apoios especializados durante as sesións.
Este espazo non constitúe intervención terapéutica ou psicolóxica senón un lugar de encontro comunitario, aprendizaxe, comprensión e tolerancia.
A actividade consistirá en reunións semanais onde as persoas participantes poderán compartir experiencias, dificultades cotiás, estratexias persoais e reflexións relacionadas coa súa forma de procesar o mundo, nunha contorna respetuosa e seguro.
Trátase dun espazo comunitario de apoio entre iguais, non terapéutico, centrado no intercambio de experiencias e a construción colectiva de coñecemento práctico para a vida diaria.
As inscrición serán a partir do 16 de setembro.
Se estades interesad@s en máis información escribide ao correo da biblioteca: [email protected]

Apetécevos un pouco de frío? Lembrades o que era iso? Aquí unha pequena selección de lecturas para refrescarse.         ...
29/07/2026

Apetécevos un pouco de frío? Lembrades o que era iso?
Aquí unha pequena selección de lecturas para refrescarse.

Dirección

Canle, 6
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública de Ourense Nós publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría