05/09/2026
O INORDE está presente en Alimagro 2026, a VII Feira do Agro da Limia, reforzando o apoio da Deputación de Ourense a un dos sectores estratéxicos para a economía e o territorio da provincia. 🚜🥔
📍 Os días 5 e 6 de setembro, podes atoparnos no stand interior do INORDE en Xinzo de Limia, nunha edición que reunirá máis dun cento de marcas e máis de 20.000 m² de exposición, convertendo A Limia nun punto de encontro para agricultores, empresas, profesionais e entidades do sector.
🌱 Unha nova oportunidade para seguir apoiando a innovación, a modernización e a competitividade do sector agrario, poñendo en valor a importancia da agricultura e, especialmente, do cultivo da pataca para A Limia e para toda a provincia de Ourense.