03/08/2026
Durante este mes de agosto podedes visitar estas 3 exposicións no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense en horario de 11.00 a 14.00 horas.
➡️ "Romiña", a nova mostra da artista Reme Remedios e comisariada por Marita Carmona,convida a percorrer os camiños da memoria, da natureza e da identidade a través da pintura, o debuxo, a instalación, a obra téxtil e o vídeo.
Un proxecto profundamente vencellado ás raíces da autora, inspirado na aldea da Romiña, en Casaio.
➡️ "A diferenza repetida", de Uxío López. Nesta mostra constrúe obras nas que elementos aparentemente iguais revelan pequenas variacións que os converten en pezas únicas. A través deste xogo visual, o artista procura “facer o diferente moi parecido, e viceversa”, explorando a fraxilidade da mirada e da memoria, así como a capacidade do espectador para percibir matices dentro da repetición.
➡️ "Chronicon Auriensis. Unha viaxe dende a Prehistoria ata a Idade Media", ilustrada por Miguel Mosquera e con textos de Alberto Cacharrón
Un percorrido apaixonante polos acontecementos, personaxes e culturas que foron construíndo a identidade de Ourense ao longo dos séculos, desde os primeiros asentamentos humanos ata o final da Idade Media.
Destacar