Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense A comezos do ano 2002, o museo pecha ao público para acometer obras de remodelación en profundidade.

Os servicios do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de 2006, baixo o titulo “Escolma de Escultura” na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais. O Museo naceu por iniciativa da

Comisión Provincial de Monumentos en 1845, e tivo a súa sede no edifico do antigo Colexio dos Xesuítas da actual rúa de Lamas Carvajal, de onde foi desaloxado en 1852, dispersándose os seus fondos, trasladándose despois ás oficinas da Deputación Provincial, que por aquelas datas se atopaba no antigo Convento de San Domingos. Posteriormente, os seus fondos foron trasladados a diversos sitios, dividíndose entre o Palacio Provincial, o Hospital e outros lugares, como ocorreu cos fondos que se lle cederon ao Concello de Celanova e que agora están na sancristía da igrexa do mosteiro. No ano 1895 a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu a creación dun Museo Arqueolóxico Provincial no que se puidesen conservar todos os testemuños do pasado histórico do territorio da provincia e onde se puidesen reunir os tesouros dispersos que formaran parte do Museo de Pinturas. O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense abriu ao público o ano seguinte nunha instalación nos baixos do Palacio Provincial. As coleccións creceron considerablemente en pouco tempo e pronto cumpriu un espacio máis amplo, dando lugar aos primeiros traslados ata o seu asentamento no ano 1904 no Centro Provincial de Instrucción (o actual Instituto de Ensino Secundario “Otero Pedrayo”), converténdose en punto de referencia imprescindible para a vida intelectual da Galicia da época e para os visitantes con inquedanzas. O incendio do Centro, que o Museo compartía coa Biblioteca Pública e o Instituto de Segunda Ensinanza, na noite do 8 de nadal de 1927 provocou a destrucción da maioría dos fondos da Biblioteca e dunha parte dos do Museo. O estado do edificio motivou unha serie de traslados e o almacenamento dos fondos en circunstancias deficientes que estiveron a piques de provocar a súa desaparición. Cando se conseguiu un novo local, o antigo hospital das Mercedes, a Guerra civil impediu a instalación e, en novembro de 1938, a Administración do Novo Estado acordou que o Museo se integrase nos da súa dependencia, servidos polos funcionarios do Corpo Facultativo, acordo que se fixo efectivo seguidamente, firmándose acta do traspaso o 11 de febreiro de 1939. O Museo Provincial que xorde desta aceptación desenvolveu un activo labor de investigación arqueolóxica, recoñecido en diversas ocasións de maneira explícita, así como de recollida e conservación de elementos artísticos e etnográficos que enriquecen paulatinamente as súas coleccións. Nese traballo participaron activamente algúns membros da antiga Comisión de Monumentos e outros investigadores que se vinculan ao Museo a través do Grupo Marcelo Macías de colaboradores, creado en 1940. En 1993, a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse para converterse nun museo independente con este exclusivo carácter.

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Novos avances na investigación dos xacementos paleolíticos de Abrigo de la Viña e Cueva d...
18/06/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Novos avances na investigación dos xacementos paleolíticos de Abrigo de la Viña e Cueva de Llonín (Asturias)”

Marco de la Rasilla Vives presentará os resultados das investigacións nos xacementos paleolíticos asturianos de La Viña e Llonín, ámbolos dous cunha longa secuencia e con arte rupestre de excepcional importancia.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 22 de xuño | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-xuno-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: "Nuevos avances en la investigación de los yacimientos paleolíticos de Abrigo de la Viña y Cueva de Llonín (Asturias)”

Marco de la Rasilla Vives presentará los resultados de las investigaciones en los yacimientos paleolíticos asturianos de La Viña y Llonín, ambos los dos con una larga secuencia y con arte rupestre de excepcional importancia.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 22 de junio | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-junio-del-2026

[GAL]Ourense celebra nestas datas as súas festas patronais. Para conmemorar a súa celebración presentamos unha tarxeta p...
17/06/2026

[GAL]

Ourense celebra nestas datas as súas festas patronais. Para conmemorar a súa celebración presentamos unha tarxeta publicitaria do Corpus Christi do ano 1934, que era a denominación que tiñan daquela as festas da cidade. O deseño da tarxeta é de Veiras e a edición de publicidade Dorzán. No reverso anúncianse os almacéns Celso Ferro.

[CAST]

Ourense celebra en estas fechas sus fiestas patronales. Para conmemorar su celebración presentamos una tarjeta publicitaria del Corpus Christi del año 1934, que era la denominación que tenían entonces las fiestas de la ciudad. El diseño de la tarjeta es de Veiras y la edición de publicidade Dorzán. En el reverso se anuncian los almacéns Celso Ferro.

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Neandertais, hienas e osos cavernarios nas montañas de Lugo e Ourense: Novidades na inves...
05/06/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Neandertais, hienas e osos cavernarios nas montañas de Lugo e Ourense: Novidades na investigación arqueopaleontolóxica das serras orientais de Galicia”

Hugo Bal García explicará como as serras orientais de Galicia posúen a maior concentración de xacementos arqueolóxicos e paleontolóxicos da Idade do Xeo en todo o noroeste ibérico; destacan os xacementos de Cova Eirós, A Valiña ou as Covas de Valdavara por albergar evidencias de ocupación da nosa especie (Homo Sapiens) e dos Neandertais; pero tamén unha gran cantidade de xacementos paleontolóxicos que demostran a importante biodiversidade coa que contaron os nosos montes no pasado.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 8 de xuño | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-xuno-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: "Neandertales, hienas y osos cavernarios en las montañas de Lugo y Ourense: Novedades en la investigación arqueopaleontológica de las sierras orientales de Galicia”

Hugo Bal García explicará como las sierras orientales de Galicia poseen la mayor concentración de yacimientos arqueológicos y paleontológicos de la Edad del Hielo en todo el noroeste ibérico; destacan los yacimientos de Cova Eirós, A Valiña o Covas de Valdavara por albergar evidencias de ocupación de nuestra especie (Homo Sapiens) y de los Neandertales; pero también una gran cantidad de yacimientos paleontológicos que demuestran la importante biodiversidad con la que contaron nuestros montes en el pasado.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 8 de junio | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-junio-del-2026

04/06/2026

[GAL]

Xa está dispoñible o vídeo resumo da Peza do Mes de maio de 2026, a placa de cinto de As Chás, Oímbra (Alto Támega, Ourense), achada casualmente por don Jose Antonio Quintas quen a depositou no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Nesta explicación, Víctor Rodríguez Muñiz achéganos ao contexto deste achado excepcional, cunha escena de equitación e cetrería que a vincula ao mundo islámico e que podería estar relacionada coas razias de Almanzor no noroeste peninsular.

Coma sempre, lembramos que os textos completos desta peza están dispoñibles na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/difusion/peza-do-mes/placa-de-cinto-chas-oimbra

[CAST]

Ya está disponible el vídeo resumen de la Pieza del Mes de mayo de 2026, la placa de cinturón de As Chás, Oímbra (Alto Támega, Ourense), hallada casualmente por don Jose Antonio Quintas, quien la depositó en el Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En esta explicación, Víctor Rodríguez Muñiz nos acerca al contexto de este hallazgo excepcional, con una escena de equitación y cetrería que la vincula al mundo islámico y que podría estar relacionada con las razias de Almanzor en el noroeste peninsular.

Como siempre, recordamos que los textos completos de esta pieza están disponibles en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/difusion/pieza-del-mes/placa-de-cinturon-chas-oimbra

[GAL]A intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por...
03/06/2026

[GAL]

A intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por Manuel García Cabo, presentou os resultados das campañas de escavación no xacemento. As sondaxes iniciais amosaron resultados non diagnósticos, revelando estruturas murarias, tumbas, algunhas destruída por muros medievais. As campañas de 2024 e 2025 ampliando a área de escavación, documentaron 22 enterramentos rompendo un pavimento de opus signinum, un canal de desagüe e diversos bens mobles como unha tégula con grafito, unha xerra trilobulada medieval ou unha fibela de cinto.

O estudo con xeorradar localizou 31 tumbas máis, restos da portada da igrexa medieval e grandes anomalías férricas, confirmando que a necrópole rodea o templo ata a súa fachada. Os datos apuntan a un edificio xermánico dos séculos VII-VIII, destruído violentamente e reutilizado no século IX coa fundación do mosteiro de Camba.

[CAST]

La intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por Manuel García Cabo, presentó los resultados de las campañas de excavación en el yacimiento. Los sondeos iniciales mostraron resultados no diagnósticos, revelando estructuras murarias, tumbas, algunas destruidas por muros medievales. Las campañas de 2024 y 2025, ampliando el área de excavación, documentaron 22 enterramientos rompiendo un pavimento de opus signinum, un canal de desagüe y diversos bienes muebles como una tégula con grafito, una jarra trilobulada medieval o una hebilla de cinturón.

El estudio con georradar localizó 31 tumbas más, restos de la portada de la iglesia medieval y grandes anomalías férricas, confirmando que la necrópolis rodea el templo hasta su fachada. Los datos apuntan a un edificio germánico de los siglos VII-VIII, destruido violentamente y reutilizado en el siglo IX con la fundación del mosteiro de Camba.

[GAL]✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de xuño! 🌻 O día 10 de xuño, ás 20:00 h, Jorge Lamas Bértolo presentará a Cruz Embola...
02/06/2026

[GAL]

✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de xuño! 🌻

O día 10 de xuño, ás 20:00 h, Jorge Lamas Bértolo presentará a Cruz Embolada atopada no Castro de Vicenzo, concello de Avión. Ven coñecela na nosa sala de exposicións «Escolma de escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Podes ver máis información na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/difusion/peza-do-mes/cruz-embolada-castro-de-san-vicenzo-avion

[CAST]

✨ ¡Ya está aquí la Pieza del Mes de junio! 🌻

El día 10 de junio, a las 20:00 h, Jorge Lamas Bértolo presentará la Cruz Embolada encontrada en el Castro de San Vicenzo, concello de Avión. Ven a conocerla en nuestra sala de exposiciones «Escolma de Escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

La entrada es libre hasta completar aforo.

Puedes ver más información en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/difusion/pieza-del-mes/cruz-embolada-castro-de-san-vicenzo-avion

[GAL]O MAPOU organiza unha viaxe ao Parque Arqueolóxico do Val o Côa en Portugal entre os días 18 e 21 de xuño de 2026, ...
01/06/2026

[GAL]

O MAPOU organiza unha viaxe ao Parque Arqueolóxico do Val o Côa en Portugal entre os días 18 e 21 de xuño de 2026, para anotarte e recibir máis información sobre os itinerarios e os prezos, usa a seguinte ligazón: https://forms.gle/axBK7copsCWyJyfz7

[CAST]

El MAPOU organiza un viaje al Parque Arqueológico del Valle del Côa en Portugal entre los días 18 y 21 de junio de 2026, para anotarte y recibir más información sobre los itinerarios y los precios, usa el siguiente enlace: https://forms.gle/axBK7copsCWyJyfz7

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba”Manue...
29/05/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba”

Manuel García Cabo explicará como nas últimas campañas de escavación detectáronse numerosos enterramentos medievais, así como unha estrutura anterior tardorromana o xermánica, o que indica unha posible orixe tardoantiga para o conxunto monástico. De ser así, San Xoán de Camba afondaría as súas raíces no inicio cenobítico da Ribeira Sacra.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 1 de xuño | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-xuno-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: "En la búsqueda de los orígenes del monacato en la Ribeira Sacra: El monasterio de San Xoán de Camba”

Manuel García Cabo explicará como en las últimas campañas de excavación se detectaron numersos enterramientos medievales, así como una estructura anterior tardorromana o germánica, lo que indica un posible origen tardoantiguo para el conjunto monástico. De ser así, San Xoán de Camba profundizaría más sus raíces en el inicio cenobítico de la Ribeira Sacra.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 1 de junio | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-junio-del-2026

[GAL]Axenda de xuño 2026: -Arqueoloxía en monodose: “Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de S...
28/05/2026

[GAL]

Axenda de xuño 2026:

-Arqueoloxía en monodose: “Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba” por Manuel García Cabo

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 1 de xuño, ás 19:30 h.

-Arqueoloxía en monodose: “Neandertais, hienas e osos cavernarios nas montañas de Lugo e Ourense: Novidades na investigación arqueopaleontolóxica das serras orientais de Galicia” por Hugo Bal García

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 8 de xuño, ás 19:30 h.

- Presentación da peza do mes: "Cruz Embolada, Castro de San Vicenzo", da man de Jorge Lamas Bértolo.

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)

📅 Cando: Mércores 10 de xuño, ás 20:00 h.

-Arqueoloxía en monodose: Pendente de confirmar

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 15 de xuño, ás 19:30 h.

-Arqueoloxía en monodose: "Novos avances na investigación dos xacementos paleolíticos de Abrigo de la Viña e Cueva de Llonín (Asturias)” por Marco de la Rasilla Vives

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 22 de xuño, ás 19:30 h.

-Arqueoloxía en monodose: "A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias” por Guillermo Díaz Bouzas

📝 Entrada libre ata completar capacidade.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 29 de xuño, ás 19:30 h.

[CAST]

Agenda de junio de 2026:
-Arqueología en monodosis: “En la búsqueda de los orígenes del monacato en la Ribeira Sacra: El monasterio de San Xoán de Camba” por Manuel García Cabo

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 1 de junio, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: “Neandertales, hienas y osos cavernarios en las montañas de Lugo y Ourense: Novedades en la investigación arqueopaleontológica de las sierras orientales de Galicia” por Hugo Bal García

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 8 de junio, a las 19:30 h.

- Presentación de la pieza del mes: "Cruz embolada, Castro de San Vicenzo", de la mano de Jorge Lamas Bértolo.

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)

📅 Cuándo: Miércoles 10 de junio, a las 20:00 h.

-Arqueología en monodosis: Pendiente de confirmar

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 15 de junio, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: "Nuevos avances en la investigación de los yacimientos paleolíticos de Abrigo de la Viña y Cueva de Llonín (Asturias)” por Marco de la Rasilla Vives

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 22 de junio, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: "La inteligencia artificial en los museos: Usos, aplicaciones y experiencias” por Guillermo Díaz Bouzas

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 29 de junio, a las 19:30 h.

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Arqueoloxía, economía e moeda na Gallaecia Altomedieval”José Carlos Sánchez Pardo present...
22/05/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Arqueoloxía, economía e moeda na Gallaecia Altomedieval”

José Carlos Sánchez Pardo presentará unha panorámica xeral do coñecemento sobre o funcionamento do sistema económico no noroeste peninsular entre a Tardoantigüidade e a Alta Idade Media, a partires principalmente dos estudos arqueolóxicos (agricultura, comercio, fiscalidade...). Asemade presentaremos tamén algunhas hipóteses sobre o sentido político e económico das acuñacións en época sueva e visigoda.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 25 de maio | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-maio-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: "Arqueología, economía y moneda en la Gallaecia Altomedieval”

José Carlos Sánchez Pardo presentará una panorámica general del conocimiento sobre el funcionamiento del sistema económico en el noroeste peninsular entre la Tardoantigüedad y la Alta Edad Media, partiendo principalmente de los estudios arqueológicos (agricultura, comercio, fiscalidad…). Ademas presentaremos también algunas hipótesis sobre el sentido político y económico de las acuñaciones en época sueva y visigoda.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 25 de mayo | 🕢 19:30 h

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-mayo-del-2026

Dirección

Rúa Xílgaros S/n
Orense
32005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir