Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Arquivo Histórico Provincial de Ourense O Arquivo Histórico Provincial de Ourense recibe, custodia e difunde o patrimonio documental.

[GAL] O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultu

ra, Educación e Ordenación Universitaria. Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia máis de 220 fondos, dos que 153 son de orixe privada. O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a toda clase de usuarios, que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra. Ten a súa sede no edificio que foi convento e cuartel de San Francisco.

------------

[ESP] El Archivo Histórico Provincial de Ourense es un centro de titularidad estatal y gestión transferida desde 1989 a la Comunidad Autónoma de Galicia. Depende orgánicamente del Departamento Territorial de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria en Ourense y funcionalmente de la Subdirección General de Archivos y Museos, dentro de la Secretaría General de Cultura de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. En los cinco kilómetros lineales de estanterías de sus depósitos custodia más de 220 fondos, de los que 153 son de origen privado. El Archivo abre 12 horas diarias y presta servicio a toda clase de usuarios, que acuden o se dirigen a él por motivos administrativos, de investigación histórica o culturales, en el más amplio sentido de la palabra. Tiene su sede en el edificio que fue convento y cuartel de San Francisco.

𝘾𝙪𝙖𝙣𝙙𝙤 𝙐𝙡𝙞𝙨𝙚𝙨 𝙡𝙡𝙚𝙜𝙤́ 𝙖 𝙊𝙪𝙧𝙚𝙣𝙨𝙚Na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) móstrase o volume da revista ...
17/08/2026

𝘾𝙪𝙖𝙣𝙙𝙤 𝙐𝙡𝙞𝙨𝙚𝙨 𝙡𝙡𝙚𝙜𝙤́ 𝙖 𝙊𝙪𝙧𝙚𝙣𝙨𝙚

Na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) móstrase o volume da revista 𝘕𝘰́𝘴 no que don Ramón publicou unha tradución parcial do 𝘜𝘭𝘺𝘴𝘦𝘴 do autor irlandés James Joyce.

No artigo "Cuando Ulises llegó a Ourense", Reyes Estévez aborda o carácter vangardista desta tradución no marco das publicacións da devandita revista.

Esta é unha das cuestións que se tratan nesta exposición que vos convidamos a visitar no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.

Este verano, mientras La Odisea de Christopher Nolan lleva a millones de espectadores al viaje de Ulises, se cumplen cien años de otro viaje de aquel héroe: la llegada del Ulysses de Joyce a Galicia de la mano de Ramón Otero Pedrayo

𝗔 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼Durante a guerra civil e a posguerra Otero Pedrayo pasou por unha etapa de...
14/08/2026

𝗔 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼

Durante a guerra civil e a posguerra Otero Pedrayo pasou por unha etapa de exilio interior motivado polo proceso de depuración ao que foi sometido polo réxime franquista.

Pero a finais da década de 1940 vai retomando o seu aberto compromiso galeguista. En 1948 pode reincorporarse á cátedra do instituto de Ourense e un ano despois atrévese a utilizar o galego en público nunha homenaxe a Lamas Carvajal no xardín do Posío desa cidade, acto do que reproducimos unha imaxe.

En 1950, con 62 anos, gañou unha cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago e trasladouse a vivir á cidade do Apóstolo. Nese ano participou coa intelectualidade galeguista na fundación da editorial Galaxia, consagrada á recuperación da lingua e da cultura galegas en plena ditadura.

Presidirá a editorial ata o seu pasamento e nela publicará e reeditará boa parte da súa obra en galego, como o libro de contos 𝘌𝘯𝘵𝘳𝘦 𝘢 𝘷𝘦𝘯𝘥𝘪𝘮𝘢 𝘦 𝘢 𝘤𝘢𝘴𝘵𝘢𝘯̃𝘦𝘪𝘳𝘢 (1957). Foi unha época intensa, fecunda e feliz na que se converte en símbolo indiscutible do galeguismo histórico.

Estas son algunhas das cuestións abordadas na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que vos convidamos a visitar no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.

------------------------

𝗟𝗮 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼

Durante la guerra civil y la posguerra Otero Pedrayo pasó por una etapa de exilio interior motivado por el proceso de depuración al que fue sometido por el régimen franquista.

Pero a finales de la década de 1940 va retomando su abierto compromiso galleguista. En 1948 puede reincorporarse a la cátedra del instituto de Ourense y un año después se atreve a utilizar el gallego en público en un homenaje a Lamas Carvajal en el jardín del Posío de esa ciudad, acto del que reproducimos una imagen.

En 1950, con 62 años, ganó una cátedra de Geografía en la Universidad de Santiago y se trasladó a vivir a la ciudad del Apóstol. En ese año participó con la intelectualidad galleguista en la fundación de la editorial Galaxia, consagrada a la recuperación de la lengua y de la cultura gallegas en plena dictadura.

Presidirá la editorial hasta su muerte y en ella publicará y reeditará buena parte de su obra en gallego, como el libro de cuentos 𝘌𝘯𝘵𝘳𝘦 𝘢 𝘷𝘦𝘯𝘥𝘪𝘮𝘢 𝘦 𝘢 𝘤𝘢𝘴𝘵𝘢𝘯̃𝘦𝘪𝘳𝘢 (1957). Fue una época intensa, fecunda y feliz en la que se convierte en símbolo indiscutible del galleguismo histórico.

Estas son algunas de las cuestiones abordadas en la exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que os invitamos a visitar en el Archivo Histórico Provincial de Ourense hasta el 11 de septiembre de lunes a viernes en horario de 8:30 la 19:30 h.

𝗢 𝗮𝗿𝗾𝘂𝗶𝘃𝗼 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮Compartimos estes consellos que dá o Archivo Histórico Provincial de Cantabria para a pre...
13/08/2026

𝗢 𝗮𝗿𝗾𝘂𝗶𝘃𝗼 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿 𝗱𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮

Compartimos estes consellos que dá o Archivo Histórico Provincial de Cantabria para a preservación das fotografías e documentos antigos que constitúen o arquivo familiar que podemos conservar nas nosas casas

---------

𝗘𝗹 𝗮𝗿𝗰𝗵𝗶𝘃𝗼 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗻𝘂𝗲𝘀𝘁𝗿𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮

Compartimos estos consejos que da el Archivo Histórico Provincial de Cantabria para la preservación de las fotografías y los documentos antiguos que constituyen el archivo familiar que podemos conservar en nuestras casas.

EL ARCHIVO QUE TIENES EN CASA

Todos conservamos un pequeño archivo personal, aunque no lo llamemos así. En él encontramos documentos como: DNI, pasaporte, certificados, contratos, nóminas, escrituras, informes médicos, cartas o recuerdos personales, fotografías…

👉 Para conservarlos mejor:
Guárdalos en carpetas o cajas
Evita humedad, luz directa y calor
Mantén un orden básico (por temas o fechas)
Protege los más importantes

📍Cuidar estos documentos es preservar tu historia personal y familiar.

𝗚𝘂𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗲 𝗲𝘅𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼Tras o golpe de Estado de xullo de 1936 que desencadeou a guerra civil, Otero P...
12/08/2026

𝗚𝘂𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗲 𝗲𝘅𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼

Tras o golpe de Estado de xullo de 1936 que desencadeou a guerra civil, Otero Pedrayo, a pesar do seu conservadurismo e do seu activismo católico e antimarxista, foi represaliado a causa das súa militancia galeguista durante a República. Perdeu o emprego de catedrático e sufriu apuros económicos.

Neste tempo retirouse a un plano discreto, pasando épocas na súa residencia rural de Trasalba para centrarse na lectura, no estudo e na escritura de artigos de prensa e de revista, así como en obras de creación, investigación e divulgación, agora en castelán e inicialmente baixo pseudónimo.

Publicamos unha das súas obras máis representativas desa época, un orixinal do poema 𝘈 𝘌𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘢 escrito ao pouco de comezar a guerra. Trátrase dun pranto polo Seminario de Estudos Galegos -fundado en 1923 e do que Otero era presidente-, espoliado e disolto polos sublevados en 1936.

O poema remitiullo ao seu amigo e veciño Xaquín Lorenzo (Xocas) o 4 de setembro de 1936, día no que este voltou ao seu domicilio de Ourense despois de ser ferido na guerra. Así o fixo constar don Xaquín nunha anotación asinada que adheriu ao poema doado no seu día ao AHPOu.

Por 𝘈 𝘌𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘢 desfila unha Santa Compaña integrada por dez persoas vinculadas ao Seminario de Estudos Galegos que foron sometidas a unha "morte intelectual" despois do golpe militar. O poema, inédito ata 1998, consta de 138 versos (120 en galego e 18 en latín).

Este é un dos documentos orixinais que se mostran na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) e que pode visitarse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.
------------------------------

𝗚𝘂𝗲𝗿𝗿𝗮 𝘆 𝗲𝘅𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼

Tras el golpe de estado de julio de 1936 que desencadenó la guerra civil, Otero Pedrayo, a pesar de su conservadurismo y de su activismo católico y antimarxista, fue represaliado a causa de su militancia galleguista durante la República. Perdió el empleo de catedrático y sufrió apuros económicos.

En este tiempo se retiró a un plano discreto, pasando épocas en su residencia rural de Trasalba para centrarse en la lectura, en el estudio y en la escritura de artículos de prensa y de revista, así como en obras de creación, investigación y divulgación, ahora en castellano e inicialmente bajo seudónimo.

Publicamos una de sus obras más representativas de esa época, un original del poema 𝘈 𝘌𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘢 escrito al poco de comenzar la guerra. Se trata de un llanto por el Seminario de Estudios Gallegos -fundado en 1923 y del que Otero era presidente-, expoliado y disuelto por los sublevados en 1936.

El poema se lo remitió a su amigo y vecino Xaquín Lorenzo (Xocas) el 4 de septiembre de 1936, día en el que este volvió a su domicilio de Ourense tras ser herido en la guerra. Así lo hizo constar don Xaquín en una anotación firmada que adhirió al poema donado en su día al AHPOu.

Por 𝘈 𝘌𝘴𝘵𝘢𝘥𝘦𝘢 desfila una Santa Compaña integrada por diez personas vinculadas al Seminario de Estudios Galegos que fueron sometidas a una "muerte intelectual" después del golpe militar. El poema, inédito hasta 1998, consta de 138 versos (120 en gallego y 18 en latín).

Este es uno de los documentos originales que se muestran en la exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) y que puede visitarse en el Archivo Histórico Provincial de Ourense hasta el 11 de septiembre de lunes a viernes en horario de 8:30 a 19:30 h.

𝗘𝘅𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 ❞𝗥𝗮𝗺𝗼́𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼. 𝟱𝟬º 𝗰𝗮𝗯𝗼𝗱𝗮𝗻𝗼 (𝟭𝟵𝟳𝟲-𝟮𝟬𝟮𝟲)❞
10/08/2026

𝗘𝘅𝗽𝗼𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 ❞𝗥𝗮𝗺𝗼́𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼. 𝟱𝟬º 𝗰𝗮𝗯𝗼𝗱𝗮𝗻𝗼 (𝟭𝟵𝟳𝟲-𝟮𝟬𝟮𝟲)❞

𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼, 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗼En abril de 1931, tras a proclamación da 2ª República, fundouse o Partido Nazonalista Repubricán...
06/08/2026

𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼, 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗼

En abril de 1931, tras a proclamación da 2ª República, fundouse o Partido Nazonalista Repubricán d´Ourense. Vai ser presidido por Otero Pedrayo, quen nese momento xa era unha figura respectada pola súa obra literaria, polo seu saber enciclopédico e polo compromiso político mostrado abertamente dende 1930.

Defensor da autonomía de Galicia, tratábase dun partido de cariz conservador que entendía que a identidade galega residía na tradición e na raíz católica. Nas eleccións constituíntes de xuño de 1931 Otero obtivo un acta de deputado a Cortes, coincidindo en Madrid con outros deputados galeguistas como Castelo ou Suárez Picallo.

En decembro do mesmo ano don Ramón participou na fundación do Partido Galeguista, que absorbe ao Partido Partido Nazonalista Repubricán d´Ourense, pasando a militar na mesma organización política que os deputados mencionados. A consecución dun Estatuto de Autonomía para Galicia e da cooficialidade do galego e do castelán eran os seus principais obxectivos.

A existencia de diferentes sensibilidades dentro do Partido Galeguista xerou tensións internas como a suscitada durante a redacción do texto estatutario. Finalmente, a súa integración na Fronte Popular para participar nas eleccións xerais de febreiro de 1936 provocou a escisión do sector máis conservador.

Otero, dende o seu conservadurismo católico, discrepou coa liña oficial do partido e coa versión final do Estatuto. Malia isto, mantívose fiel a esta formación política e apoiou o si na campaña do referéndum estatutario.

Na carta dirixida a Bouza Brey que reproducimos explicita as súas discrepancias pero considera máis conveniente non facelas públicas “por non armare liortadas”.

Estas son algunhas das cuestións abordadas na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que pode visitarse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.
-------------------

𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼, 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗼

En abril de 1931, tras la proclamación de la 2ª República, se fundó el Partido Nazonalista Repubricán d´Ourense. Va a ser presidido por Otero Pedrayo, quien en ese momento ya era una figura respetada por su obra literaria, por su saber enciclopédico y por el compromiso político mostrado abiertamente desde 1930.

Defensor de la autonomía de Galicia, se trataba de un partido de cariz conservador que entendía que la identidad gallega residía en la tradición y en la raíz católica. En las elecciones constituyentes de junio de 1931 Otero obtuvo un acta de diputado a Cortes, coincidiendo en Madrid con otros diputados galleguistas como Castelo o Suárez Picallo.

En diciembre del mismo año don Ramón participó en la fundación del Partido Galeguista, que absorbe al Partido Partido Nazonalista Repubricán d´Ourense, pasando a militar en la misma organización política que los diputados mencionados. La consecución de un Estatuto de Autonomía para Galicia y de la cooficialidad del gallego y del castellano eran sus principales objetivos.

La existencia de diferentes sensibilidades dentro del Partido Galeguista generó tensiones internas como la suscitada durante la redacción del texto estatutario. Finalmente, su integración en el Frente Popular para participar en las elecciones generales de febrero de 1936 provocó la escisión del sector más conservador.

Otero, desde su conservadurismo católico, discrepó con la línea oficial del partido y con la versión final del Estatuto. A pesar de esto, se mantuvo fiel a esta formación política y apoyó el sí en la campaña del referéndum estatutario.

En la carta dirigida la Bouza Brey que reproducimos explicita sus discrepancias pero considera más conveniente no hacerlas públicas “por no armar disputas”.

Estas son algunas de las cuestiones abordadas en la exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que puede visitarse en el Archivo Histórico Provincial de Ourense hasta el 11 de septiembre de lunes a viernes en horario de 8:30 la 19:30 h.

𝗔 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗻𝗼 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝘂𝗶𝘀𝗺𝗼Como tantos intelectuais da súa época, Ramón Otero Pedrayo entrou en contacto ...
03/08/2026

𝗔 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗻𝗼 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝘂𝗶𝘀𝗺𝗼

Como tantos intelectuais da súa época, Ramón Otero Pedrayo entrou en contacto co galeguismo a través das Irmandades da Fala que xorden en todo o territorio de Galicia a partir de 1916; se ben a súa implicación inicial na Irmandade de Ourense foi pouco activa.

No libro de actas desta entidade que conservamos no Arquivo Histórico Provincial de Ourense -datado entre 1920 e 1930- figura por primeira vez na acta de reconstitución da “Mocedá Galeguista d’Ourense” de 11 de maio de 1930 no que esta muda o seu nome polo de “Irmandade Galeguista. Publicamos esta acta e a listaxe de socios convocados a unha asemblea o 30 de xuño 1930 na que tamén aparece Otero.

As Irmandades da Fala supuxeron o paso de posicións rexionalistas a formulacións abertamente nacionalistas. Neste marco ideolóxico situarase o ideario da revista 𝘕𝘰́𝘴, editada en Ourense dende 1920. A revista daralle nome a unha xeración de intelectuais en cuxo grupo nuclear estará Otero con Risco, Cuevillas e Castelao. Reproducimos a portada do número 14, deseñada por Castelao e publicada o 1 de decembro de 1922.

No mesmo marco ideolóxico inscribirase o Seminario de Estudos Galegos, creado en 1923 para darlle unha cobertura científica a ese proxecto nacional. Os obxectivos desta iniciativa como os da revista 𝘕𝘰́𝘴 eran introducir a cultura galega na modernidade europea e defender a identidade nacional de Galicia. Na fotografía realizada aos membros do Seminario nas ruínas do convento de San Domingos de Pontevedra en 1928 aparece Otero Pedrayo de pé como primeiro retratado á esquerda.

Estas son algunhas das cuestións abordadas na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que pode visitarse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.

----------------------
𝗟𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗲𝗻 𝗲𝗹 𝗴𝗮𝗹𝗹𝗲𝗴𝘂𝗶𝘀𝗺𝗼

Como tantos intelectuales de su época, Ramón Otero Pedrayo entró en contacto con el galleguismo a través de las “Irmandades da Fala” que surgen en todo el territorio de Galicia a partir de 1916; si bien su implicación inicial en la “Irmandadae de Ourense” fue poco activa.

En el libro de actas de esta entidad que conservamos en el Archivo Histórico Provincial de Ourense -datado entre 1920 e 1930- figura por primera vez en el acta de reconstitución de la “Mocedá Galleguista d’Ourense” de 11 de mayo de 1930 en el que esta muda su nombre por el de “Irmandade Galeguista”. Publicamos esta acta y el listado de socios convocados a una asamblea el 30 de junio 1930 en la que también aparece Otero.

Las “Irmandades da Fala” supusieron el paso de posiciones regionalistas a planteamientos abiertamente nacionalistas. En este marco ideológico se situará el ideario de la revista 𝘕𝘰́𝘴, editada en Ourense desde 1920. La revista le dará nombre a una generación de intelectuales en cuyo grupo nuclear estará Otero con Riesgo, Cuevillas y Castelao. Reproducimos la portada del número 14, diseñada por Castelao y publicada el 1 de diciembre de 1922.

En el mismo marco ideológico se inscribirá el Seminario de Estudios Gallegos, creado en 1923 para darle una cobertura científica a ese proyecto nacional. Los objetivos de esta iniciativa como los de la revista 𝘕𝘰́𝘴 eran introducir la cultura gallega en la modernidad europea y defender la identidad nacional de Galicia. En la fotografía realizada a los miembros del Seminario en las ruinas del convento de San Domingos de Pontevedra en 1928 aparece Otero Pedrayo de pie como primero retratado a la izquierda.

Estas son algunas de las cuestiones abordadas en la exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que puede visitarse en el Archivo Histórico Provincial de Ourense hasta el 11 de septiembre de lunes a viernes en horario de 8:30 a 19:30 h.

31/07/2026

𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗼 𝗳𝗼𝗿𝗼 𝗲𝗻 𝟯 𝗺𝗶𝗻𝘂𝘁𝗼𝘀

O 26 de xuño de 1926 promulgábase a lei de redención de foros que serviu para liquidar este contrato de orixe medieval.

Para conmemorar o centenario publicamos ao longo do último mes unha serie de entradas sobre a historia do foro nas nosas redes sociais.

Pechamos a serie coa publicación deste vídeo, xa compartido en 2022, no que se resume en imaxes e en menos de tres minutos o que vos fomos contando con máis detalle ao longo deste mes.
---------

𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗲𝗹 𝗳𝗼𝗿𝗼 𝗲𝗻 𝟯 𝗺𝗶𝗻𝘂𝘁𝗼𝘀

El 26 de junio de 1926 se promulgaba la ley de redención de foros que sirvió para liquidar este contrato de origen medieval.

Para conmemorar o centenario publicamos a lo largo del último mes una serie de entradas sobre la historia del foro en nuestras redes sociales.

Cerramos la serie con la publicación de este vídeo, ya compartido en 2022, en el que se resume en imágenes y en menos de tres minutos lo que os fuimos contando con más detalle a lo largo de este mes.

𝗢 𝗶𝗱𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗻𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗼𝗿𝗶𝘅𝗲 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿Ramón Otero Pedrayo pertencía a unha familia culta e acomod...
29/07/2026

𝗢 𝗶𝗱𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗻𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗼𝗿𝗶𝘅𝗲 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿

Ramón Otero Pedrayo pertencía a unha familia culta e acomodada de condición fidalga afincada en Ourense capital pero con raíces na residencia pacega de Trasalba (Amoeiro). O pai era un médico de ideoloxía liberal que morreu na adolescencia do seu único fillo. Esta prematura orfandade propiciou un estreito vínculo coa nai, católica moi devota.

Este entorno familiar influíu na conformación do seu ideario: liberal-conservador e católico militante de talante humanista e tolerante. Tamén condicionou a súa idea de Galicia, caracterizada pola nostalxia dunha idealizada sociedade tradicional, agraria e precapitalista, rexida pola fidalguía e o clero.

Esa nostalxia do pasado non lle impedía avistar un horizonte de futuro para súa terra. Cando abrazou o galeguismo comezou a concibir a Galicia como unha “cultura de Occidente” que podía mirar ás nacións europeas en pé de igualdade.

A Carta Xeométrica de Domingo Fontán, portento cartográfico impreso en 1845 que fascinou a Otero dende a infancia, penduraba dunha das paredes da residencia de Trasalba. Este mapa de Galicia non só espertou nel a vocación de xeógrafo, senón que lle serviu para descubrir a unidade paisaxística, histórica e espiritual dun país cuxa cultura estaba definida por unha lingua e uns trazos identitarios modelados ao longo do tempo, entre os que don Ramón destacaba a raíz celta e o cristianismo.

Estas son algunhas das cuestións abordadas na exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que pode visitarse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata o 11 de setembro de luns a venres en horario de 8:30 a 19:30 h.

As fotografías que publicamos forman parte dos fondos da Fundación Penzol, a quen lle agradecemos a súa cesión para esta exposición.
-----------------------------

𝗘𝗹 𝗶𝗱𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗮𝘆𝗼 𝗲𝗻 𝗲𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝘂 𝗼𝗿𝗶𝗴𝗲𝗻 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿

Ramón Otero Pedrayo pertenecía a una familia culta y acomodada de condición hidalga afincada en Ourense capital pero con raíces en la residencia 𝘱𝘢𝘤𝘦𝘨𝘢 de Trasalba (Amoeiro). El padre era un médico de ideología liberal que murió en la adolescencia de su único hijo. Esta prematura orfandad propició un estrecho vínculo con la madre, católica muy devota.

Este entorno familiar influyó en la conformación de su ideario: liberal-conservador y católico militante de talante humanista y tolerante. También condicionó su idea de Galicia, caracterizada por la nostalgia de una idealizada sociedad tradicional, agraria y precapitalista, regida por la hidalguía y el clero.

Esa nostalgia del pasado no le impedía avistar un horizonte de futuro para su tierra. Cuando abrazó el galleguismo comenzó a concebir a Galicia como una “cultura de Occidente” que podía mirar a las naciones europeas en pie de igualdad.

La Carta Geométrica de Domingo Fontán, portento cartográfico impreso en 1845 que fascinó a Otero desde la infancia, colgaba de una de las paredes de la residencia de Trasalba. Este mapa de Galicia no solo despertó en él la vocación de geógrafo, sino que le sirvió para descubrir la unidad paisajística, histórica y espiritual de un país cuya cultura estaba definida por una lengua y unos trazos identitarios modelados a lo largo del tiempo, entre los que don Ramón destacaba la raíz celta y el cristianismo.

Estas son algunas de las cuestiones abordadas en la exposición 𝘙𝘢𝘮𝘰́𝘯 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘗𝘦𝘥𝘳𝘢𝘺𝘰. 50º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1888-2026) que puede visitarse en el Archivo Histórico Provincial de Ourense hasta el 11 de septiembre de lunes a viernes en horario de 8:30 la 19:30 h.

Las fotografías que publicamos forman parte de los fondos de la Fundación Penzol, a quien le agradecemos su cesión para esta exposición.

𝗢 𝗼𝗰𝗮𝘀𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗳𝗼𝗿𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝘀𝗲́𝗰𝘂𝗹𝗼𝘀 𝗫𝗜𝗫 𝗲 𝗫𝗫A perpetuación dos contratos forais que impuxo a pragmática de 1763 (https://www....
27/07/2026

𝗢 𝗼𝗰𝗮𝘀𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗳𝗼𝗿𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝘀𝗲́𝗰𝘂𝗹𝗼𝘀 𝗫𝗜𝗫 𝗲 𝗫𝗫

A perpetuación dos contratos forais que impuxo a pragmática de 1763 (https://www.facebook.com/share/p/18xtLr62ru/) impediu que a desamortización eclesiástica iniciada na década de 1830 cumprise co seu obxectivo de liberalizar o mercado da terra.

Por iso, durante o século XIX as voces máis cualificadas de Galicia denunciaron a incompatibilidade dos foros co desenvolvemento da economía capitalista na medida en que impedían que foristas e foreiros dispuxesen libremente da terra por carecer da súa propiedade plena. Aínda así, unha parte importante da sociedade prefería non facer mudanzas.

Entre os partidarios de liquidar estes contratos tampouco había acordo en canto á fórmula. Uns defendían a “reversión”, é dicir, que os foristas (titulares do dominio eminente) adquirisen o dominio útil que gozaban os foreiros que traballaban a terra. Os favorables á “redención” propugnaban todo o contrario. Durante a 1ª República (1870-1873), impúxose a segunda opción a través dunha lei promovida polo deputado ourensán Paz Nóvoa. Aprobada en 1873, non sobreviviu ao réxime republicano.

Pero o campesiñado adoptou unha militancia activa en contra do foro. Isto, xunto cos cambios económicos experimentados entre finais do século XIX e principios do XX (progresiva integración da economía galega no mercado español, novidades tecnolóxicas), evidenciou a inviabilidade da prórroga indefinida destes contratos.

A crise agraria de fin de século que provocou a caída do valor das rendas forais propiciou que os foristas se decantasen finalmente pola vía da “redención”, é dicir, que os foreiros se fixesen coa propiedade plena da terra que traballaban mediante o pagamento dunha indemnización moderada aos foristas. Isto foi o que levou a que durante a Ditadura de Primo de Rivera se aprobase o Real decreto-lei de redención de foros de 1926 cuxo centenario conmemoramos este ano (https://www.facebook.com/share/p/18XgJUKgR6/).

Publicamos imaxes dun expediente de poxa de foros de 1840 pertencentes aos priorados de Coiras (Concello de Piñor) e Lobás (Concello do Carballiño). O expediente forma parte do proceso desamortización eclesiástica iniciado na década de 1830.

Información máis detallada no número 5 da publicación Fronda:https://arquivosdegalicia.xunta.gal/sites/default/files/publicacion/documentos/fronda_5-o_foro-3.pdf

-------------------

𝗘𝗹 𝗼𝗰𝗮𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗼𝘀 𝗳𝗼𝗿𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗹𝗼𝘀 𝘀𝗶𝗴𝗹𝗼𝘀 𝗫𝗜𝗫 𝗲 𝗫𝗫

La perpetuación de los contratos forales que impuso la pragmática de 1763 (https://www.facebook.com/share/p/18xtLr62ru/) impidió que la desamortización eclesiástica iniciada en la década de 1830 cumpliera con su objetivo de liberalizar el mercado de la tierra.

Por ello, durante el siglo XIX las voces más cualificadas de Galicia denunciaron la incompatibilidad de los foros con el desarrollo de la economía capitalista en la medida en que impedían que foristas y foreros dispusieran libremente de la tierra por carecer de su propiedad plena. Aun así, una parte importante de la sociedad prefería no hacer cambios.

Entre los partidarios de liquidar estos contratos tampoco había acuerdo en cuanto a la fórmula. Unos defendían la “reversión”, es decir, que los foristas (titulares del dominio eminente) adquirieran el dominio útil que disfrutaban los foreros que trabajaban la tierra. Los favorables a la “redención” propugnaban todo el contrario. Durante la 1ª República (1870-1873), se impuso la segunda opción a través de una ley promovida por el diputado ourensano Paz Nóvoa. Aprobada en 1873, no sobrevivió al régimen republicano.

Pero el campesinado adoptó una militancia activa en contra del foro. Esto, junto con los cambios económicos experimentados entre finales del siglo XIX y principios del XX (progresiva integración de la economía gallega en el mercado español, novedades tecnológicas), evidenció la inviabilidad de la prórroga indefinida de estos contratos.

La crisis agraria de fin de siglo que provocó la caída del valor de las rentas forales propició que los foristas se decantaran finalmente por la vía de la “redención”, es decir, qué los foreros se hicieran con la propiedad plena de la tierra que trabajaban mediante el pago de una indemnización moderada a los foristas. Esto fue lo que llevó a que durante la Dictadura de Primo de Rivera se aprobara el Real decreto-ley de redención de foros de 1926 cuyo centenario conmemoramos este año (https://www.facebook.com/share/p/18xgjukgr6/)

Publicamos imágenes de un expediente de subasta de foros de 1840 pertenecientes a los prioratos de Coiras (Ayuntamiento de Piñor) y Lobás (Ayuntamiento de O Carballiño). El expediente forma parte del proceso desamortización eclesiástica iniciado en la década de 1830.

Información más detallada en el número 5 de la publicación Fronda:https://arquivosdegalicia.xunta.gal/sites/default/files/publicacion/documentos/fronda_5-o_foro-3.pdf

Dirección

Rúa Emilia Pardo Bazán S/n
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arquivo Histórico Provincial de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir