Deputación Ourense - Formación

Deputación Ourense - Formación Sección de Formación, Calidade e Avaliación do Desempeño da Deputación Provincial de Ourense

* Asesoramento e orientación profesional para persoal das Administracións Públicas de Ourense.
* Planificación, programación e xestión de plans de formación dirixidos a traballadores das entidades locais.
* Deseño, execución e avaliación de accións formativas destinadas aos empregados da Administación Local.

26/03/2019

A Deputación de Ourense formou a 1.107 empregados públicos da provincia durante o ano 2018

Para tal fin, a institución provincial destinou un total de 143.502 euros.

Ourense, 25 de marzo de 2019.- A Deputación de Ourense vén de informar sobre o Programa de Formación continua e Plan Agrupado da institución provincial correspondente ao ano 2018, a través do cal ofreceu un total de 55 accións formativas, para empregados públicos e cargos electos. O balance da formación do ano 2018 pechouse cunha participación de 1.107 participantes, entre os cursos (942 participantes) e as xornadas de formación (165 participantes).

No caso dos cursos de formación a distribución da participación foi a seguinte: 577 (61%) traballadores da Deputación de Ourense, 211 (22%) empregados de concellos da provincia, e 146 (16%) do Concello de Ourense. A distribución dos 53 cursos ofertados ao longo do ano 2018 abrangueu nove áreas temáticas: Informática e Novas Tecnoloxías, Xurídica e Procedimental, Económica e Orzamentaria, Urbanismo e Medio Ambiente, Unión Europea, Prevención de Riscos Laborais, Formación Específica, Información e Comunicación e Organización e Recursos Humanos.

En canto ás horas lectivas, os cursos de formación continua, dirixidos exclusivamente a empregados públicos, suman un total de 1.333 horas, das 1.340 horas lectivas totais, sendo 7 horas as que corresponden ás xornadas de formación, nas que participaron empregados públicos, cargos electos e público en xeral.

𝗧𝗿á𝘁𝗮𝘀𝗲 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗼𝗳𝗲𝗿𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗺𝗲𝘁𝗶𝗱𝗮 𝗰𝗼𝗮𝘀 𝗱𝗲𝗺𝗮𝗻𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗽ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝗻𝗰𝗶𝗮, 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘂𝗻 𝗮𝗺𝗽𝗹𝗼 𝗮𝗯𝗮𝗻𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝘁𝗲𝗺á𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗱𝗮𝗿 𝗰𝗼𝗯𝗲𝗿𝘁𝘂𝗿𝗮 á𝘀 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗶𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗮𝗱𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻, explicou o o vicepresidente segundo do goberno provincial, Jorge Pumar, trala reunión da mesa provincial de Formación Continua da Deputación de Ourense na que se deu conta do balance do programa de Formación da Deputación correspondente ao ano 2018, e na que se perfilaron as liñas de deseño do Programa para este ano 2019 porque desde o goberno provincial apostamos "por unha formación de calidade para os empregados públicos, dado que consideramos imprescindible a existencia dunha formación actualizada que redunde na calidade dos servizos que prestan aos cidadáns".

Neste mesmo sentido, Jorge Pumar Tesouro destacou "as altas puntuacións que rexistran as valoracións realizadas polos participantes sobre o Programa Provincial de Dpou Formación , cunha valoración xeral de 9 puntos de media das 813 enquisas realizadas, que representan un 86% dos participantes".

25/03/2019
Media Training en  : TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN PÚBLICA con Leticia Iglesias
25/03/2019

Media Training en : TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN PÚBLICA con Leticia Iglesias

6ºConferencia  : COMO XESTIONAR UN ORZAMENTO LOCAL con Manuel Octavio del Campo
25/03/2019

6ºConferencia : COMO XESTIONAR UN ORZAMENTO LOCAL con Manuel Octavio del Campo

en la ponencia de Manuel Octavio del Campo, profesor y doctor de la Universidad de A Coruña sobre cómo gestionar un prespuesto público 📊🤷🏻‍♀️

5ºConferencia  : A ÉTICA E A ESTÉTICA DOS NOVOS LIDERADOS PÚBLICOS con Miguel Molina Picazo
25/03/2019

5ºConferencia : A ÉTICA E A ESTÉTICA DOS NOVOS LIDERADOS PÚBLICOS con Miguel Molina Picazo

4ºConferencia  : A RETÓRICA DO POPULISMO con Francisco Seoane Pérez
25/03/2019

4ºConferencia : A RETÓRICA DO POPULISMO con Francisco Seoane Pérez

3°Conferencia  : CLAVES ESTRATÉXICAS PARA A XESTIÓN DUNHA IMAXE PÚBLICA DECISIVA con Imelda Rodríguez Escanciano
22/03/2019

3°Conferencia : CLAVES ESTRATÉXICAS PARA A XESTIÓN DUNHA IMAXE PÚBLICA DECISIVA con Imelda Rodríguez Escanciano

2°Conferencia  : ELEMENTOS DA ESTRATEXIA ELECTORAL con Aleix Sanmartin
22/03/2019

2°Conferencia : ELEMENTOS DA ESTRATEXIA ELECTORAL con Aleix Sanmartin

1°Conferencia  : ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN PARA GOBERNOS con Armando Briquet
22/03/2019

1°Conferencia : ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN PARA GOBERNOS con Armando Briquet

22/03/2019
21/03/2019

Dirección

Rúa Progreso. Nº 30/2º
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Deputación Ourense - Formación publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Deputación Ourense - Formación:

Compartir