06/09/2026
Onte estivemos na II Gala Benéfica de Bicos de Papel, unha asociación que facilita un fogar ás familias de nenos e nenas con cancro que teñen que desprazarse ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para seguir os seus tratamentos.
Unha realidade especialmente dura para as familias ourensás desde que a Xunta de Galicia decidiu eliminar o servizo de oncoloxía pediátrica da provincia de Ourense, obrigándoas a desprazarse a Vigo para recibir estes tratamentos.
Tratamentos longos que supoñen gastos, desprazamentos e unha complexa organización familiar que moitas veces é difícil de asumir.
Por iso o labor de Bicos de Papel é tan necesario: ofrecer un fogar, acompañamento e apoio cando máis se necesita.
Grazas por facer da solidariedade unha axuda real. ❤️