CGIFP Eduardo Barreiros

CGIFP Eduardo Barreiros Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros.

12/06/2026

🎥 Un escenario, moitas emocións e o recoñecemento a meses de traballo.
A gala final de foi o momento de poñer en valor o esforzo, a dedicación e a capacidade de superación de centos de estudantes que aceptaron o reto de buscar solucións para desafíos reais e transformalas en propostas con potencial.
🏆 Parabéns aos equipos gañadores e tamén a todas as persoas participantes, porque detrás de cada proxecto houbo aprendizaxe, compromiso e moitas horas de traballo compartido.
Este é só un breve adianto. Nos vindeiros días compartiremos un resumo máis completo da gala e comezaremos a escribir un novo capítulo. Porque mentres remata , xa empeza o camiño cara a . 🚀
FPgalega FormaciónProfesional InnovaciónNaFP

11/06/2026

🎥 Dúas semanas despois, seguimos repasando momentos e sacando un sorriso ao ver estas imaxes.

Así foi a Barreiros eMotion FP – Sanxenxo Test Series: traballo, aprendizaxe e moita ilusión dentro e fóra da pista. 🚗⚡

🔐💻 A ciberseguridade consolidase como un dos ámbitos profesionais con maior proxección e demanda de talento especializad...
11/06/2026

🔐💻 A ciberseguridade consolidase como un dos ámbitos profesionais con maior proxección e demanda de talento especializado.

Neste contexto, A Voz de Galicia publica unha ampla reportaxe sobre o CiberLabFP, un dos laboratorios de ciberseguridade máis avanzados da Formación Profesional en España, situado no Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros.

Este novo espazo permitirá reforzar a formación de alta especialización do profesorado en tecnoloxías de ciberseguridade IT e OT, favorecendo a transferencia de coñecemento ás aulas e contribuíndo a que o alumnado da FP galega adquira as competencias que xa demanda a industria e que serán clave nos empregos do futuro.

📖 Le aquí a reportaxe completa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/escuela/2026/06/03/ciberlabfpos-bos-hackers-lideres-da-ciberseguridade-formaranse-na-fp/0003_202606SE3P4991.htm

O CIFP Eduardo Barreiros acolle un novidoso laboratorio, o CiberLabFP, con ferramentas que ata permiten simular ataques e defensas informáticas

🔐 O CGIFP Eduardo Barreiros participa hoxe na xornada "Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mund...
09/06/2026

🔐 O CGIFP Eduardo Barreiros participa hoxe na xornada "Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital", organizada por CIBER.gal no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (Ourense).

Un encontro que reúne profesionais, empresas e entidades de referencia para analizar os retos actuais da seguridade dixital e compartir experiencias arredor da protección fronte ás ciberameazas.

🚀 Unha oportunidade para intercambiar coñecemento e achegar a formación especializada ás necesidades dun ámbito estratéxico para o presente e o futuro das organizacións.

🔍 O CGIFP Eduardo Barreiros acolle estes días a formación de alta especialización "Análise forense dixital integral para...
09/06/2026

🔍 O CGIFP Eduardo Barreiros acolle estes días a formación de alta especialización "Análise forense dixital integral para a adquisición, análise e xestión de evidencias".

O profesorado participante afonda en procedementos de adquisición e preservación de evidencias dixitais, técnicas de análise forense en sistemas informáticos e dispositivos móbiles, recuperación de datos e elaboración de informes periciais fundamentados.

Unha formación especializada que reforza as competencias do profesorado en ciberseguridade e análise forense dixital, ámbitos cada vez máis relevantes nun contexto de transformación tecnolóxica e dixitalización.

📍 As Xornadas de información e orientación profesional 2026 reuniron en Santiago a profesionais da FP galega para analiz...
03/06/2026

📍 As Xornadas de información e orientación profesional 2026 reuniron en Santiago a profesionais da FP galega para analizar os retos e oportunidades da orientación académica.

Entre as intervencións da xornada destacou a de María Jesús Carnero, directora do CGIFP Eduardo Barreiros, quen participou na sesión dedicada ás ferramentas para a orientación profesional. Durante a súa intervención, abordou o papel de OPI (Orientación Profesional Integral) como recurso de apoio para acompañar o alumnado na definición do seu itinerario formativo e profesional.

Un espazo para o intercambio de coñecemento e boas prácticas ao servizo dunha orientación máis eficaz e conectada coa realidade da FP galega.



Dirección

Rúa Ermida 185
Orense
32005

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 16:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CGIFP Eduardo Barreiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría