Concello De Cartelle

Concello De Cartelle Nesta páxina do Concello de Cartelle informarásevos das noticias e eventos que aquí ocorren.

📚 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐚𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞 𝐜𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!!📚🎒Co inicio do novo curso escolar á volta da esquina, desde o Concello de Carte...
31/08/2026

📚 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐚𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞 𝐜𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!!📚🎒

Co inicio do novo curso escolar á volta da esquina, desde o Concello de Cartelle queremos apoiar ás familias empadroadas no noso municipio e facer un pouquiño máis doada a volta ás aulas.💙
Por iso, agasallamos aos escolares de Cartelle cunha mochila con material escolar, para comezar o curso con toda a ilusión. ✏️📒

📍 Os kits escolares xa están dispoñibles nas oficinas municipais donde poderanse recoller.

Feliz volta ao cole!. 💙

🎆𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐏𝐀𝐑𝐁𝐎́𝐍, 𝐒𝐀𝐍𝐃𝐄, 𝐎𝐋𝐄𝐈𝐑𝐎𝐒 𝐞 𝐎 𝐏𝐑𝐀𝐃𝐎Compartimos carteis das festas parroquiais de Parbón, Sande, Oleiro...
30/08/2026

🎆𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐏𝐀𝐑𝐁𝐎́𝐍, 𝐒𝐀𝐍𝐃𝐄, 𝐎𝐋𝐄𝐈𝐑𝐎𝐒 𝐞 𝐎 𝐏𝐑𝐀𝐃𝐎
Compartimos carteis das festas parroquiais de Parbón, Sande, Oleiros e O Prado, na honra da Virxe dos Aflixidos.
Celebraranse os días 3 ,4,5, 6 e 8 de setembro.

Dende o Concello de Cartelle desexamos a todos os nosos veciños e veciñas, familiares e visitantes, moi felices festas!!🤩

☀️💦 𝐏𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐫𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 !Chegou ao seu fin o Campamento de Verán 202...
30/08/2026

☀️💦 𝐏𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐫𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 !

Chegou ao seu fin o Campamento de Verán 2026, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Cartelle en colaboración coa Mancomunidade Terra de Celanova, pensada para facilitar a conciliación familiar e ofrecerlles aos máis pequenos un verán cheo de diversión, aprendizaxe e convivencia. 💙

Durante estas semanas, os nenos e nenas desfrutaron dun espazo seguro no que compartir experiencias, facer novas amizades e participar en actividades lúdicas, deportivas e creativas. 🎨⚽️🎲

Na clausura, o alcalde de Cartelle e presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, Jaime Sousa, quixo acompañar aos participantes e compartir con eles este último día de campamento.

👏 Grazas a todas as familias pola confianza e, sobre todo, aos nenos e nenas por encher estas semanas de risas, ilusión e moita enerxía.

30/08/2026
🌿🥾 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 𝐞𝐧 “𝐌𝐞𝐫𝐠𝐮́𝐥𝐥𝐚𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐎𝐮𝐫𝐞𝐧𝐬𝐞”🍛 "Mergúllate na Comarca de Ourense" é un ciclo de actividades, promov...
26/08/2026

🌿🥾 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 𝐞𝐧 “𝐌𝐞𝐫𝐠𝐮́𝐥𝐥𝐚𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐎𝐮𝐫𝐞𝐧𝐬𝐞”🍛
"Mergúllate na Comarca de Ourense" é un ciclo de actividades, promovido por De Desenvolvemento Rural Adercou , para a divulgación dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos concellos que integran o territorio do GDR 11 – ADERCOU, Comarca de Ourense, entre os que se atopa o noso Concello de Cartelle.

🚶‍♀🚶🍛As actividades organizadas son Rutas de Sendeirismo temático interpretativo nos mellores entornos naturais de cada concello e degustacións de produtos locais para desfrutar e coñecer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense.

O proxecto desenvólvese en 6 xornadas, cada unha delas nun dos concellos participantes no proxecto: A Peroxa (2 xornadas) , Barbadás, Coles, Cartelle e Pereiro de Aguiar.

📄O 20 de agosto de 2026 abre o prazo de inscrición. Só está permitido anotarse a un máximo de 1 actividade-concello por persoa

🔗Máis información na nosa web
https://www.concellocartelle.es/cc/cartelle-participa-no-programa-mergullate-na-comarca-de-ourense/

🧽𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐋𝐈𝐌𝐏𝐄𝐙𝐀 𝐍𝐀𝐓𝐔𝐑𝐀𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐅𝐎𝐆𝐀𝐑🌿O Concello de Cartelle organiza un novo curso para aprender técnicas e alternativ...
26/08/2026

🧽𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐋𝐈𝐌𝐏𝐄𝐙𝐀 𝐍𝐀𝐓𝐔𝐑𝐀𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐅𝐎𝐆𝐀𝐑
🌿

O Concello de Cartelle organiza un novo curso para aprender técnicas e alternativas de limpeza natural para o fogar. 🏡

Será os

📅 Mércores , días 2 e 9 de setembro
🕟 De 16:30 a 19:00 horas
📍 Escola Infantil Galiña Azul – Carretera de A Seara

Unha actividade práctica para descubrir formas máis naturais e sostibles de manter o noso fogar limpo e saudable.🌱

📲 Inscricións no Concello de Cartelle:
988 491 111 / 988 491 120

👉 Prazas limitadas! Anímate e participa!

[Actividade cofinanciada pola Unión Europea.]🇪🇺

🏠𝐀𝐱𝐮𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐚𝐝𝐪𝐮𝐢𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐨𝐮 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧𝐝𝐚𝐬O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca un Programa de axu...
25/08/2026

🏠𝐀𝐱𝐮𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐚𝐝𝐪𝐮𝐢𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐨𝐮 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧𝐝𝐚𝐬

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca un Programa de axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Este programa ten unha dobre finalidade: por un lado, facilitar o acceso á propiedade á persoas mozas e, por outro, impulsar a vida naqueles concellos que conten cunha poboación inferior a 10.000 habitantes, mediante actuacións dirixidas a evitar o seu despoboamento, contribuíndo ao reto demográfico mediante a recuperación de poboación neses municipios.

Convocatoria 2026 – Prazo: 27/08/2026 09:00 – 16/11/2026 14:00

Máis informacion en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501B

🏆⚽ O mellor fútbol sala feminino chega a Cartelle!Este 29 e 30 de agosto, o Pavillón Piño Vilachá de Cartelle será escen...
21/08/2026

🏆⚽ O mellor fútbol sala feminino chega a Cartelle!

Este 29 e 30 de agosto, o Pavillón Piño Vilachá de Cartelle será escenario dun gran torneo da Copa Ibérica de Fútbol Sala Feminino, con equipos de primeiro nivel que ofrecerán un auténtico espectáculo deportivo. 🔥

📅 29 e 30 de agosto
📍 Pavillón Piño Vilachá · Cartelle
⚽ Fútbol sala feminino de alto nivel

Unha oportunidade fantástica para g***r do deporte, apoiar o fútbol sala feminino e vivir en Cartelle un gran ambiente deportivo. 🙌💜

👉 Agardámosvos!

Deputación de Ourense | CopaIberica Futsal Feminino

🏃‍♀️🏃‍♂️𝐌𝐨𝐢 𝐩𝐫𝐨𝐧𝐭𝐨..... 𝐗𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!O vindeiro 15 de agosto, a partir das 18:30 h, volveremos viv...
10/08/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️𝐌𝐨𝐢 𝐩𝐫𝐨𝐧𝐭𝐨..... 𝐗𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!
O vindeiro 15 de agosto, a partir das 18:30 h, volveremos vivir unha das citas deportivas máis agardadas do verán no noso concello, a 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞! que este ano celebra a 27ªedición.

📍 A proba principal de 9000 metros sairá de Cartelle e rematará en Outomuro, mentres que o resto das categorías terán saída e chegada en Outomuro.

👧👦 Haberá categorías para todas as idades, desde pitufos ata veteranos, facendo desta carreira unha xornada de deporte, convivencia e participación para toda a familia.

📝 Inscricións:
➡️ A carreira de 9000 m: a través de www.championchipnorte.com
➡️ O resto das carreiras: na mesma web ou no Concello de Cartelle
📅 Data límite para inscribirse ampliada ata o 13 de agosto ás 23:59 h

🔗Máis información en https://www.concellocartelle.es/.../o-15-de-agosto.../
Anímate a participar e forma parte dunha das tradicións deportivas máis emblemáticas de Cartelle! 💪

Actualizado 10.08.2026🏃‍♀️🏃‍♂️𝐌𝐨𝐢 𝐩𝐫𝐨𝐧𝐭𝐨..... 𝐗𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!O vindeiro 15 de agosto, a partir das 1...
05/08/2026

Actualizado 10.08.2026

🏃‍♀️🏃‍♂️𝐌𝐨𝐢 𝐩𝐫𝐨𝐧𝐭𝐨..... 𝐗𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞!

O vindeiro 15 de agosto, a partir das 18:30 h, volveremos vivir unha das citas deportivas máis agardadas do verán no noso concello, a 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞! que este ano celebra a 27ªedición.

📍 A proba principal de 9000 metros sairá de Cartelle e rematará en Outomuro, mentres que o resto das categorías terán saída e chegada en Outomuro.

👧👦 Haberá categorías para todas as idades, desde pitufos ata veteranos, facendo desta carreira unha xornada de deporte, convivencia e participación para toda a familia.

📝 Inscricións:
➡️ A carreira de 9000 m: a través de www.championchipnorte.com
➡️ O resto das carreiras: na mesma web ou no Concello de Cartelle

📅 Data límite para inscribirse: 13 de agosto ás 23:59

🔗Máis información en https://www.concellocartelle.es/cc/o-15-de-agosto-celebraremos-a-xxviii-carreira-popular-concello-de-cartelle/

Anímate a participar e forma parte dunha das tradicións deportivas máis emblemáticas de Cartelle! 💪

Dirección

Cartelle
Orense

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Cartelle publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría