EASD Antonio Faílde

EASD Antonio Faílde Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde. Ourense

A Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Failde” de Ourense é un centro público que depende da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Tódalas nosas titulacións son de carácter oficial e posibilitan acollerse ao sistema de bolsas que ofrece a lexislación educativa. As especialidades que ofrecemos pertencen ás ensinanzas artísticas de réxime especial e permiten o

bter niveis diferentes de titulación: as Ensinanzas Profesionais de Deseño (de matrícula gratuíta) cuxa titulación é a de Técnico/a Superior de Artes Plásticas e Deseño; e as Ensinanzas Superiores de Deseño cuxa titulación é, a tódolos efectos, equivalente a un grao universitario. Contamos ademais con programas de mobilidade de ERASMUS + e con convenios de prácticas cun amplo número de empresas de toda Galicia.

07/09/2026
📢 Xa está dispoñible a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as axudas de mobilidade complementarias ...
11/08/2026

📢 Xa está dispoñible a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ na seguinte ligazón e na nosa web:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listaxe_def_persoas_admitidas_excluidas_curso_25_26.pdf

Probas extraordinarias de acceso e admisión curso 2026-27. Setembro.A EASD Antonio Faílde oferta as seguintes prazas de ...
31/07/2026

Probas extraordinarias de acceso e admisión curso 2026-27. Setembro.

A EASD Antonio Faílde oferta as seguintes prazas de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño nos seguintes ciclos formativos de grao superior:

CFGS de Ilustración: 1
CFGS de Fotografía: 9
CFGS de Ebanistería Artística: 1

Días 1, 2 e 3 de setembro
Inscrición para a proba extraordinaria na EASD Antonio Faílde

4 e 7 de setembro
Reclamacións ás listaxes provisionais de inscricións

7 de setembro
Publicación da listaxe definitiva de inscricións

8 de setembro
Realización da proba específica de acceso na EASD Antonio Faílde
10:00h a 11:00h. primeiro exercicio
12:00h a 14:00h. segundo exercicio
17:00h a 19:00h. terceiro exercicio

9 de setembro
Publicación da listaxe provisional de cualificacións

10 e 11 de setembro
Reclamacións á listaxe provisional de cualificacións

14 de setembro
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións e adxudicacións

15 e 16 de setembro
Prazo de matriculación

Fase extraordinaria de admisión CFGS curso 2026-27Unha vez rematado o procedemento ordinario de admisión e matrícula, a ...
29/07/2026

Fase extraordinaria de admisión CFGS curso 2026-27
Unha vez rematado o procedemento ordinario de admisión e matrícula, a EASD Antonio Faílde ofrece a seguinte relación de prazas vacantes para o curso 2026-2027:

CFGS de Ilustración: 2
CFGS de Fotografía: 10
CFGS de Ebanistería Artística: 1

As persoas interesadas que superasen a proba de acceso e acrediten o cumprimento dos requisitos deberán dirixirse á EASD e cubrir o formulario correspondente os días 30 e 31 de xullo.

ABERTO PRAZO COBERTURA VACANTES GRAOS EN DESEÑO (Curso 2026/27)Unha vez rematado o proceso de admisión nas Ensinanzas Ar...
16/07/2026

ABERTO PRAZO COBERTURA VACANTES GRAOS EN DESEÑO (Curso 2026/27)

Unha vez rematado o proceso de admisión nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, procedemos á apertura do prazo para a cobertura de prazas vacantes derivadas do resultado da 2ª adxudicación.

Prazas dispoñibles na EASD Antonio Faílde
Na nosa escola contamos coas seguintes vacantes:
+ 5 prazas en Deseño Gráfico
+ Sen vacantes en Deseño de Interiores

PRAZAS DISPOÑIBLES NO RESTO DE CENTROS DA REDE DE ESCOLAS DE EASD DE GALICIA:

EASD PABLO PICASSO (A Coruña):
+ 1 praza en Deseño Gráfico
+ Sen vacantes en Deseño de Interiores

EASD MESTRE MATEO (Santiago de Compostela):
+ 1 praza en Deseño de Moda
+ 2 prazas en Deseño de Produto
+ 3 prazas en Deseño de Produto: Xoaría e Complementos

EASD RAMÓN FALCÓN (Lugo):
+ 3 prazas en Deseño Gráfico
+ 5 prazas en Deseño de Interiores

As persoas interesadas que superasen a correspondente proba de acceso para o curso 2026/27 e acrediten o cumprimento dos requisitos de acceso establecidos para cada caso deberán dirixirse presencialmente ao centro no cal desexen solicitar a vacante e cubrir o correspondente formulario os días 16 e 17 de xullo de 2026.

Os centros ordenarán as solicitudes recibidas atendendo á cualificación obtida na proba de acceso, ou na cualificación media final do expediente académico para o caso de acceso directo.

✨ Essenza Spa🎓 Traballo Fin de Estudos de Deseño de Interiores👩‍🎓 Laura Álvarez Fernández · 2025Transformar un local en ...
14/07/2026

✨ Essenza Spa
🎓 Traballo Fin de Estudos de Deseño de Interiores
👩‍🎓 Laura Álvarez Fernández · 2025

Transformar un local en desuso nun refuxio de calma e benestar. 🌿

Situado na Rúa do Progreso de Ourense, Essenza Spa organiza os espazos nun percorrido que vai do público ao privado, creando unha experiencia onde a arquitectura interior acompaña cada momento: recepción, masaxes, relaxación, sauna e spa.

Un proxecto que demostra como o deseño pode transformar os espazos... e tamén as sensacións.

Deseño ProxectosEASD

📢 Publicada a 1ª adxudicación definitiva de prazas para os Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseñ...
03/07/2026

📢 Publicada a 1ª adxudicación definitiva de prazas para os Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño.

Xa está dispoñible a listaxe oficial da 1ª adxudicación definitiva para o curso 2026/27 no seguinte enlace e na nosa web:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/DescargarFicheiro.do?_nome=ListaxeAlumnadoAdxudicado_deseno_1ADX.pdf&_carpeta=eas&_ext=PDF

🗓️ As persoas aspirantes que obteñan praza poderán formalizar a súa matrícula entre os días 06 de xullo de 2026 e 08 de xullo de 2026, ambos os dous incluídos.

Parabéns a todas as persoas admitidas e moita sorte nesta nova etapa creativa. Agardámosvos na EASD Antonio Faílde! ✨

EbanisteríaArtística FormaciónArtística Ourense Curso20252026

🥂 Despois das emocións, chegou o momento de celebrar.Compartimos algunhas imaxes do alumnado xa graduado e do cóctel co ...
29/06/2026

🥂 Despois das emocións, chegou o momento de celebrar.

Compartimos algunhas imaxes do alumnado xa graduado e do cóctel co que puxemos o broche final a unha xornada inesquecible, chea de conversas, abrazos, fotografías e bos desexos para o futuro.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes neste día tan especial e, sobre todo, parabéns de novo ás nosas graduadas e aos nosos graduados.

Que nunca vos falten as ganas de crear.

📸 De Agostiño Iglesias

Dirección

Avenida Da Universidade, Nº 18/OURENSE
Orense
32005

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando EASD Antonio Faílde publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría