27/05/2026
Hoxe celebramos o último obradoiro do proxecto Convívere, nesta ocasión da man de Berta Vega, Terapeuta do Reencontro.
A sesión estivo dedicada a traballar a diversidade e a convivencia a través da narrativa e da fotografía, utilizando a creación e a mirada compartida como ferramentas para reflexionar, expresarnos e conectar coas demais persoas.
Con esta actividade pechamos unha nova etapa de Convívere, un espazo de aprendizaxe e acompañamento colectivo arredor dos vínculos, os coidados e as relacións humanas.