04/09/2026
⚠️ AVISO IMPORTANTE: VAGA DE CALOR 🌡️
Dende o Concello do Irixo informamos que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de notificar un episodio de vaga de calor que continuará este sábado, 5 de setembro de 2026.
Na nosa provincia (Ourense), manteranse activos os niveis de alerta amarela (Noroeste e Miño) e laranxa (Valdeorras). Aínda que o aire cálido irá diminuíndo nos próximos días, mañá sábado manteranse as altas temperaturas.
Pregamos á veciñanza máxima precaución e seguir estas recomendacións básicas de autoprotección, especialmente se ides participar en eventos ou actividades ao aire libre:
💧 Hidratación continua: Bebede auga con frecuencia, aínda que non teñades sede.
🧢 Protexédevos do sol: Evitade a exposición directa nas horas centrais do día e usade gorra e crema solar.
👵 Coidado cos máis vulnerables: Prestad especial atención a nenos, persoas maiores e mascotas.
🏃♀️ Evitade esforzos: Reducide a actividade física intensa nas horas de máis calor.
📞 En caso de calquera indisposición ou emerxencia, non dubidedes en chamar ao 112.
Coidémonos entre todos! 💙