01/09/2026
🐟 A finais de xuño, a aparición de numerosas troitas mortas no río Ca**ón, augas abaixo da EDAR de Ordes, fixo saltar as alarmas.
Desde o BNG, pedimos ao goberno municipal que investigase o sucedido e seguimos esperando unha explicación. Pero esta situación tamén nos levou a poñer o foco no rego da Fraga e comprobar cal é o seu estado.
👉 Neste vídeo, Óscar e Pablo explican a situación do rego, as medidas que se deberían estar tomando e o que estamos comprobando sobre o terreo.
Porque o que atopamos é preocupante: cheiros, depósitos no leito, restos nas cañotas e sinais de falta de mantemento nas instalacións da EDAR de Ordes.
O rego da Fraga está catalogado por Augas de Galicia cun estado ecolóxico deficiente. Ante esta situación, existen medidas previstas para reducir a contaminación e actuar sobre as infraestruturas de saneamento e depuración.
Desde o BNG levamos tempo reclamando a ampliación e modernización da EDAR de Ordes, unha actuación fundamental para garantir o correcto tratamento das augas residuais.
💧 Coidar o noso ecosistema é coidar o futuro de Ordes.