PSdeG-PSOE de ORDES

PSdeG-PSOE de ORDES Socialistas de Ordes

26/08/2026

O PSOE de Ordes celebra o remate da intervención, pero considera 'inaceptable' que unha reparación necesaria nun centro sanitario tardase tantos anos en chegar

Un logro que chega tras máis de 10 anos de espera. 🏥👧👦Unha das consultas de Pediatría do Centro de Saúde de Ordes levaba...
18/08/2026

Un logro que chega tras máis de 10 anos de espera. 🏥👧👦

Unha das consultas de Pediatría do Centro de Saúde de Ordes levaban máis dunha década sufrindo problemas de goteiras.

Desde o Partido Socialista insistimos unha e outra vez para que se solucionase: no Pleno municipal e tamén no Parlamento de Galicia, a través dos nosos compañeiros e compañeiras do grupo parlamentario.

Hoxe, por fin, parece que a intervención está rematada. Alegrámonos de que se mellorasen as condicións nas que se atende aos nenos e nenas de Ordes. ❤️

Pero tamén hai que dicilo claro: isto é inaceptable. Non é normal que unha reparación necesaria nun centro sanitario teña que agardar máis de 10 anos e que haxa que insistir tanto para conseguir unha solución.

Seguiremos facendo o que nos corresponde: estar ao lado dos veciños e veciñas, reclamar e non deixar de insistir ata que os problemas se solucionen. 🌹

📍 Este é simplemente un exemplo das múltiples deficiencias detectadas pola veciñanza e polo Grupo Municipal Socialista.O...
11/08/2026

📍 Este é simplemente un exemplo das múltiples deficiencias detectadas pola veciñanza e polo Grupo Municipal Socialista.

O Goberno municipal asegura ter sempre todo baixo control. O curioso é que, na práctica, somos nós quen temos que comunicar deficiencias que levan meses sen solucionar… e, despois de facelas públicas, aparecen as solucións. Casualidades da vida. 😉

No pasado pleno, o alcalde recoñeceu que considera que a Corporación municipal está sobredimensionada e que se podería gobernar con menos concelleiras e concelleiros.

E, sinceramente, pensamos que ten razón. Entendemos que se refería, sobre todo, ao seu propio equipo de goberno.

Porque hai que estar bastante illado da realidade para non coñecer o estado das rúas, as necesidades da veciñanza, o mal funcionamento da biblioteca, as listas de agarda do centro de saúde, a falta de servizos no rural…

Se para gobernar hai que estar pendente de que a oposición lles diga onde están os problemas, igual o que está sobredimensionada non é a Corporación.

🌳 Se por algo non destaca o PP de Ordes é pola súa política de mantemento e coidado dos espazos públicos. O Parque do Pa...
04/08/2026

🌳 Se por algo non destaca o PP de Ordes é pola súa política de mantemento e coidado dos espazos públicos. O Parque do Paraíso é un exemplo máis do abandono ao que o goberno local somete instalacións que utilizan a diario moitas familias.

👉 Bancos sucios.
👉 Fontes avariadas e inutilizables.
👉 Árbores sen podar que dificultan o tránsito.
👉 Arbustos secos.
👉 Xogos infantís deteriorados.
👉 Mobiliario oxidado, incompleto ou vandalizado.
👉 Cartelería en mal estado.

Desde o Grupo Municipal Socialista presentamos un rogo para que o Concello actúe de inmediato e acometa unha posta a punto integral do parque, reparando os elementos deteriorados, mellorando o mantemento e garantindo un espazo seguro e agradable para a veciñanza.

Porque gobernar tamén é coidar o día a día. E cando falla o máis básico, o abandono acaba converténdose na imaxe do concello.

04/08/2026
03/08/2026

Incluye la construcción de una senda peatonal para separar el tráfico rodado de los viandantes

03/08/2026
🚨 Quen se fai cargo da recollida dos residuos no Centro de Saúde?No último pleno, desde o Grupo Municipal Socialista sol...
27/07/2026

🚨 Quen se fai cargo da recollida dos residuos no Centro de Saúde?

No último pleno, desde o Grupo Municipal Socialista solicitamos mellorar a recollida e a xestión dos residuos no Centro de Saúde de Ordes para evitar a imaxe de caixas e desperdicios amoreados na entrada e garantir un entorno máis limpo e ordenado. 🏥📦

❌ A resposta da concelleira Ana María Soneira foi que esa responsabilidade correspondía ao SERGAS.

🔎 Pero decidimos comprobalo.

Tras consultar o organismo competente, a realidade é ben distinta: a recollida e xestión deste tipo de residuos corresponde ao Concello.

🤔 Polo tanto, só hai dúas explicacións:
➡️ Ou mentiu no pleno, ou
➡️ Descoñece as competencias do Concello do que forma parte.

📍 O Grupo Municipal Socialista solicitou o acondicionamento do aparcadoiro disuasorio da rúa Casabella.➡️ O resultado da...
25/07/2026

📍 O Grupo Municipal Socialista solicitou o acondicionamento do aparcadoiro disuasorio da rúa Casabella.

➡️ O resultado da actuación realizada non é o esperado, polo que consideramos necesario que se adopten as medidas oportunas para deixar este espazo en condicións axeitadas para o seu uso.

💧 As fontes públicas volven avariarse… e, unha vez máis, é a oposición quen ten que avisar e facer seguimento para que s...
24/07/2026

💧 As fontes públicas volven avariarse… e, unha vez máis, é a oposición quen ten que avisar e facer seguimento para que se arranxen.

📍 En Ordes non pode ser normal que os pequenos problemas do día a día só se atendan cando alguén os denuncia publicamente ou os leva ao Pleno.

➡️ O PP goberna con maioría absoluta e conta con 9 concelleiras e concelleiros no goberno municipal. Con todo, seguimos vendo falta de control, de mantemento e de atención ás necesidades da veciñanza.

🛠️ As fontes públicas son un servizo básico, especialmente nestes meses de calor. Merecen un mantemento continuo e unha resposta rápida cando se producen avarías.

❓Para que serve unha maioría absoluta se a veciñanza ten que depender constantemente da oposición para que se detecten e solucionen problemas tan sinxelos?

Desde o PSdeG-PSOE de Ordes seguiremos facendo o noso traballo: escoitar á veciñanza, denunciar o que non funciona e esixir solucións.

Dirección

Ordes

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE de ORDES publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir