Mancomunidade de Ordes

Mancomunidade de Ordes Páxina oficial da Mancomunidade de Ordes.

💚 Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está constituída polos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso,Tordoia e Trazo.

04/09/2026

🌾 Carmen de Restande lévanos de volta aos días de malla, cando o traballo no campo reunía familias e veciñanza nunha mesma xornada.

💡 Entre o esforzo, o po do cereal e as longas horas de traballo, Carmen recupera os recordos dunha tarefa fundamental para a vida das nosas aldeas e dunha tradición que forma parte da nosa memoria.

31/08/2026
28/08/2026

🤔 Hai historias que non aparecen nos libros, pero que forman parte da nosa memoria.

🎞️ Nantronte é un documental que nos leva atrás no tempo para descubrir como era o día a día das nosas aldeas: a labranza, a malla, a moenda no muíño, a elaboración do pan ou a artesanía dos sombreiros de vimbio.

🎥 Pero, sobre todo, é unha viaxe para poñer no centro a quen durante moito tempo quedou en segundo plano: as mulleres.

Mulleres que traballaron, loitaron e sacaron adiante as súas familias e as súas casas cun esforzo e un sacrificio moitas veces máis grande ca o dos homes, pero que non sempre foi recoñecido.

💬 A través da testemuña de once mulleres, Nantronte recupera lembranzas, experiencias e coñecementos que forman parte da nosa identidade e que corren o risco de desaparecer.

Coñecer o noso pasado é tamén comprender quen somos. Un documental sobre a memoria, o traballo, as mulleres e a cultura que nos trouxo ata aquí. 🤲


👣 Esta ruta convida a descubrir o noso territorio e a achegarse á nosa gastronomía, poñendo en valor os produtos locais ...
05/08/2026

👣 Esta ruta convida a descubrir o noso territorio e a achegarse á nosa gastronomía, poñendo en valor os produtos locais e de proximidade.

🌱 Poderás coñecer, no Concello de Cerceda, recunchos e lugares naturais onde a historia e o paso do tempo son os encargados de tallar as formas que os compoñen.

ℹ️ Máis información: https://mancomunidadeordes.gal/ruta-de-cerceda/

🐷🎶 Cerceda, concello membro da Mancomunidade, acolleu onte a Festa Gastronómica do Cochiño!🎉 Música, gastronomía, divers...
26/07/2026

🐷🎶 Cerceda, concello membro da Mancomunidade, acolleu onte a Festa Gastronómica do Cochiño!

🎉 Música, gastronomía, diversión e alegría encheron esta xa tradicional festividade.

🙌 Agradecemos á Xunta e á Deputación da Coruña a súa colaboración.

💙 Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, unha data para poñer en valor a nosa terra.🤝 Feliz Día de Galicia a to...
25/07/2026

💙 Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, unha data para poñer en valor a nosa terra.

🤝 Feliz Día de Galicia a todos e todas!

🎉 Esta fin de semana celebrouse o V Tordoia Viva!🐕 Unha xornada chea de actividades coa II Xuntanza de Cans de Caza, bai...
13/07/2026

🎉 Esta fin de semana celebrouse o V Tordoia Viva!

🐕 Unha xornada chea de actividades coa II Xuntanza de Cans de Caza, baile, comida e moita boa compañía.

🤝 Organizada co apoio da Mancomunidade de Ordes , da Coruña e Xunta de Galicia.

📍 A Aceña de Estevo é o complexo hidráulico para moer cereais máis senlleiro da zona e un auténtico exemplo da enxeñería...
13/07/2026

📍 A Aceña de Estevo é o complexo hidráulico para moer cereais máis senlleiro da zona e un auténtico exemplo da enxeñería popular tradicional.

🌾 Os muíños son fonte de múltiples historias e lendas…pero sobre todo de fartura nuns tempos nos que a abundancia non era tanta.

🌿 Rodeada polo río e pola vexetación de ribeira, o lugar forma unha estampa única.

ℹ️ https://mancomunidadeordes.gal/tordoia/turismo/lugares-de-interese/a-acena-de-estevo/

🎉 A pasada fin de semana celebrouse a III Convidada de Vilouchada.🤝A veciñanza puido g***r dunha tarde chea de actividad...
07/07/2026

🎉 A pasada fin de semana celebrouse a III Convidada de Vilouchada.

🤝A veciñanza puido g***r dunha tarde chea de actividades, tradición, convivencia e música.

📸 Compartimos algunhas imaxes desta celebración que conta co apoio da Mancomunidade de Ordes e a colaboración da Deputación da Coruña e Turismo de Galicia.

Dirección

L. Xoxardo
Ordes
15680

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mancomunidade de Ordes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Mancomunidade de Ordes:

Atajos

Compartir