28/05/2023
¡Grazas de todo corazón polos vosos votos!
Foi unha honra representar ó noso Concello e traballar en conxunto para lograr un mellor futuro para todxs. A vosa confianza danos a oportunidade de seguir traballando incansablemente para converter en realidade as propostas do noso programa e seguir construíndo un Concello forte e unido. Durante a campaña electoral escoitamos as vosas necesidades e aprendemos de vostedes, e queremos asegurarlles que continuaremos traballando de maneira comprometida para mellorar e avanzar nas nosas metas comúns.
De novo, grazas por confiar en nós.
Estamos ansiosos por continuar fortalecendo o noso Concello xuntxs.