Concello de Oleiros

Concello de Oleiros Páxina oficial de facebook do Concello de Oleiros

🏃🌿 O vindeiro domingo 18 de outubro celébrase a primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, unha proba deportiva d...
02/09/2026

🏃🌿 O vindeiro domingo 18 de outubro celébrase a primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, unha proba deportiva de aproximadamente 8,5 quilómetros que percorrerá vías urbanas, camiños e sendeiros das parroquias de Iñás e Nós.

O percorrido terá a súa saída e chegada fronte á Casa do Pobo de Iñás. Comezará ás 12h e deberá completarse nun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos. A proba estará aberta ás persoas maiores de 13 anos, sen ser necesario estar federado.

As inscricións abriranse nos próximos días e a cota para a participación será de carácter simbólico, cun importe de 5 euros por participante.

Con esta primeira edición, o Concello de Oleiros incorpora unha nova proba ao calendario deportivo municipal, que permitirá combinar a práctica deportiva co percorrido por un dos grandes espazos naturais de Oleiros, o paseo fluvial de Iñás e Nós.

💜 Debido á celebración esta fin de semana das festas na honra a Santa María da Cabeza, en Perillo, o Concello instalará ...
02/09/2026

💜 Debido á celebración esta fin de semana das festas na honra a Santa María da Cabeza, en Perillo, o Concello instalará o Punto Violeta as noites venres 4 ao domingo 6, en horario de 23 a 3:30 h. O obxectivo é continuar implicándose activamente, como vén facendo ata agora, na prevención e resposta fronte a calquera tipo de agresión (sexual, LGTBIfóbica…) ou outras manifestacións de violencia machista.

Como reforzo deste dispositivo, as festas contarán tamén cun Punto Violeta itinerante integrado por dúas profesionais especializadas, que se desprazarán polos diferentes espazos da festa para aumentar a accesibilidade e proximidade ao operativo, achegándose directamente ás persoas asistentes.

Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.

🤸‍♀️ O Concello pon en marcha unha nova edición de Móvete+, un programa de actividade física adaptada dirixido a mullere...
01/09/2026

🤸‍♀️ O Concello pon en marcha unha nova edición de Móvete+, un programa de actividade física adaptada dirixido a mulleres empadroadas no municipio que están atravesando ou atravesaran un proceso oncolóxico. Nesta nova edición, a actividade amplía a súa programación a dous días á semana, martes e venres, do 15 de setembro ao 15 de decembro.

Móvete+ busca mellorar a calidade de vida das participantes mediante exercicio físico adaptado ás súas necesidades, contribuíndo a reducir algúns dos efectos asociados aos tratamentos, como a fatiga ou os trastornos do sono, e favorecendo o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais. O programa constitúe tamén un espazo de encontro e apoio entre as participantes.

As sesións terán lugar de 11 a 12:30 horas na Casa da República e na Pista de Meixonfrío. A actividade é completamente gratuíta e para incorporarse será necesario presentar un informe médico que permita adaptar as actividades ás características de cada participante.

👉 As inscricións realízanse a través da páxina web municipal: www.oleiros.org

🎤 CONCERTO SOLIDARIO || Acústico de Luis Fercán en Santa Cruz a favor de Reporteiros sen Fronteiras📆 Domingo 6 de setemb...
01/09/2026

🎤 CONCERTO SOLIDARIO || Acústico de Luis Fercán en Santa Cruz a favor de Reporteiros sen Fronteiras

📆 Domingo 6 de setembro

🕘 18:00 horas

📌 Parque das Torres, Santa Cruz

O cantautor galego Luis Fercán ofrecerá un concerto solidario o vindeiro domingo 6 de setembro ás 18:00 horas nos xardíns das Torres de Santa Cruz destinado a recadar fondos para a compra de equipos de protección —chalecos e cascos antibalas— para mulleres xornalistas que traballan en zonas de conflito. O concerto, organizado por Reporteiros sen Fronteiras coa colaboración do Concello e da Asociación da Prensa da Coruña, será unha oportunidade excepcional para g***r dun dos artistas galegos con maior proxección da nova canción de autor nun formato moi especial: acústico, próximo e reducido cun aforo limitado a 170 persoas.

Nun momento no que os conflitos armados continúan a poñer en risco o traballo das e dos xornalistas sobre o terreo, esta iniciativa reivindica a necesidade de protección de quen informa, e tamén o dereito da cidadanía a saber o que acontece.

Luis Fercán interpretará as súas cancións nun formato espido e emocional, onde a voz, a guitarra e a palabra serán as protagonistas, creando unha conexión directa co público.

Ademais, as primeiras 25 persoas que adquiran a súa entrada terán a oportunidade de asistir ao encontro previo co artista; unha conversa en pequeno formato antes do concerto.

As entradas xa están dispoñibles a través de Woutick cun prezo xeral de 20 euros e unha modalidade especial de primeiras filas por 35 euros. Tamén se habilitará unha FILA CERO para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa iniciativa mediante un donativo destinado a RSF.

A recadación contribuirá a dotar de material de seguridade a xornalistas que continúan traballando nalgúns dos escenarios máis perigosos do mundo, para que a información poida seguir chegando desde o terreo. "A de xornalista —explica Arantxa Freire, directora de RSF España— é unha profesión moi feminizada e os chalecos antibalas que precisamos deben estar adaptados aos nosos corpos para garantir mellor a nosa seguridade”.

📲 VENDA DE ENTRADAS: https://woutick.com/es/entradas/en-el-jardin-con-luis-fercan

🥇🚣‍♀O Goberno municipal recibiu oficialmente en Casa Charry ao Club de Regatas Salgado-Perillo trala consecución recente...
31/08/2026

🥇🚣‍♀O Goberno municipal recibiu oficialmente en Casa Charry ao Club de Regatas Salgado-Perillo trala consecución recentemente da Liga Galega de Traiñeiras feminina. Un merecido recoñecemento institucional ante este extraordinario éxito nunha tempada na que ademais da Liga Galega, acadaron a medalla de bronce no Campionato de España e a medalla de ouro no Campionato Galego.

Durante o encontro, o alcalde, Ángel García Seoane, trasladou ás deportistas, ao corpo técnico e á directiva o seu recoñecemento e felicitación polo excelente traballo realizado ao longo da tempada –ganaron todas as regatas disputadas na liga agás unha-, que permitiu ao equipo conquistar o título galego nunha disciplina que require dun grande esforzo e dedicación. Un auténtico orgullo para Oleiros e un magnífico exemplo, especialmente para a mocidade.

A conquista da Liga Galega de Traiñeiras por parte do Club de Regatas Salgado-Perillo supón outro grande éxito para o deporte oleirense, resultado de anos dun magnífico traballo de canteira por parte do club, unha liña compartida polo conxunto das entidades deportivas do municipio e que desde o Concello se impulsa coa política deportiva que desenvolve o Goberno municipal.

O Club de Regatas Salgado-Perillo finalizará a tempada esta mesma semana en Donosti, na prestixiosa regata de traiñeiras da Kontxa. O xoves competirán na xornada clasificatoria xunto ás mellores tripulacións de todo o Estado.

🧘‍♀️ Mañá abre a inscrición para un novo período do Obradoiro do Corpo, unha actividade corporal dirixida a mulleres que...
31/08/2026

🧘‍♀️ Mañá abre a inscrición para un novo período do Obradoiro do Corpo, unha actividade corporal dirixida a mulleres que busca favorecer o benestar físico e emocional, o apoderamento persoal e colectivo e a creación de redes de apoio entre as participantes.

O obradoiro desenvolverase todos os mércores, agás festivos, na Casa da Cultura de Perillo, entre o 16 de setembro e o 9 de decembro. Mantéñense os dous grupos e horarios habituais: de 10 a 11:30 h e de 11:30 a 13 h.

Nas diferentes sesións trabállanse aspectos como a conciencia corporal, o benestar postural, a flexibilidade, a respiración e relaxación, a tonificación muscular e a autoestima, combinando o coidado físico cun espazo de encontro e apoio mutuo entre mulleres.

A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a mulleres empadroadas no Concello de Oleiros, con prioridade para as menores de 65 anos. A inscrición pode realizarse a través da páxina web municipal: www.oleiros.org

🥉 Fran García, 3º clasificado nas Games Series de Galicia. Parabéns 👏👏👏👏
31/08/2026

🥉 Fran García, 3º clasificado nas Games Series de Galicia. Parabéns 👏👏👏👏

31/08/2026

🏆⚽️ Final do LV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol

31/08/2026

🏆⚽️ Final do V Trofeo Concello de Oleiros de fútbol

Parabéns Santa Cruz CF 👏👏👏👏👏👏
30/08/2026

Parabéns Santa Cruz CF 👏👏👏👏👏👏

Dirección

Praza De Galicia, 1
Oleiros
15173

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría