Protección Civil Oleiros

Protección Civil Oleiros Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oleiros

Dispositivo Festas de Santa CruzDo 20 ao 25 de agosto, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oleiros colabo...
28/08/2026

Dispositivo Festas de Santa Cruz

Do 20 ao 25 de agosto, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oleiros colaborou no dispositivo de seguridade das festas de Santa Cruz, xunto co Servizo Municipal de Emerxencias.

As principais labores foron de apoio loxístico, co montaxe e acondicionamento da carpa para a Garda Civil e a Policía Local, ademais de prestar asistencia sanitaria cando foi necesario, en coordinación co servizo de ambulancia.

Na xornada dos fogos artificiais do día 25, realizouse un dispositivo especial, prestando apoio á Policía Local e ao Servizo de Emerxencias no control da zona de seguridade.

Festas Santa Cruz Concello de Oleiros

25/08/2026
20/08/2026

🛟 A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Oleiros participou nunha actividade formativa en materia de primeiros auxilios básicos, dirixida ás persoas participantes na Semana Cultural, organizada pola Asociación de Veciños Santaia, que se celebra do 17 ao 20 de agosto en Santa Cruz.

Durante a actividade, os voluntarios de Protección Civil colaboraron impartindo nocións básicas de actuación ante situacións de emerxencia, incidindo na importancia de saber realizar unha primeira intervención ata a chegada dos servizos sanitarios.

A actividade desenvolveuse en colaboración coa Asociación de Veciños de Santa Cruz, dentro da programación da súa 41ª edición da Semana Cultural.

12/08/2026

🚘🕶️ Desprazarse para ver a eclipse esixe máxima atención na estrada. Aparca só en zonas autorizadas, non invadas as beirarrúas e circula con moito para garantir unha viaxe segura de ida e volta. 🛑

🔻
🔻
🔻

🚘🕶️ Desplazarse para ver el eclipse exige máxima atención en la carretera. Aparca solo en zonas autorizadas, no invadas los arcenes y circula con mucho para garantizar un viaje seguro de ida y vuelta. 🛑

12/08/2026
11/08/2026

🌘 ECLIPSE || O Concello fai un chamamento á responsabilidade e á colaboración cidadá para o día de mañá

Recoméndase evitar o uso do vehículo particular sempre que sexa posible e realizar os desprazamentos a pé ou en bicicleta. Non será necesario acudir aos puntos de maior afluencia para observar a eclipse, xa que poderá contemplarse desde calquera punto do municipio.

Haberá restricións de tráfico –non peonís- nos accesos ao Faro de Mera e Seixo Branco, ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, en Canide e en Boi de Canto e As Margaritas. O acceso en vehículo estará limitado aos residentes nestas zonas. Para os desprazamentos polo municipio recoméndase utilizar prioritariamente a Vía Ártabra e a N-VI e respectar en todo momento a sinalización e as indicacións dos efectivos de seguridade.

Tamén haberá zonas nas que estará prohibida a observación e o acceso do público, como o Castelo de Santa Cruz, determinadas áreas protexidas do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes que estarán indicadas e os cantís de toda a costa. Nas praias, que son uns dos mellores puntos de observación, haberá un dispositivo especial de Salvamento e Socorrismo, con cinco embarcacións, e desde as 19:30 h non estará permitido o baño debido á redución da visibilidade e á imposibilidade de utilizar as gafas homologadas durante o baño.

O Concello lembra que a eclipse debe observarse exclusivamente con gafas homologadas para a observación solar. Nunca se debe mirar directamente ao sol sen protección certificada, xa que pode provocar lesións irreversibles na vista. Ante unha emerxencia grave deberá chamarse ao 112; para cuestións relacionadas coa seguridade estarán operativos tamén a Policía Local (981 610 001) e a Garda Civil (062).

🙏 O Concello de Oleiros agradece de antemán a colaboración da cidadanía e fai un chamamento para que, entre todos e todas, contribuamos a facer desta xornada excepcional unha experiencia segura e inesquecible.

🗺 MAPA INFORMATIVO: https://earth.google.com/web/@43.35661726,-8.35161136,-0.75493827a,3066.90871295d,35y,0h,0t,0r/data=CgRCAggBMikKJwolCiExR3M4Z19XLWhaY0ZaSms5a0tsQ0lTbHk3SlpSU3Z1aXIgAToDCgEwQgIIAEoICLum0bQDEAE?authuser=0

31/07/2026

🌞🌑 O Concello de Oleiros activará un amplo dispositivo especial de seguridade e mobilidade con motivo da eclipse solar do vindeiro 12 de agosto. O operativo, no que tamén participará a Garda Civil, contará con máis de cen efectivos municipais pertencentes á Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, Servizo de Salvamento e Socorrismo co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e minimizar as afeccións ao tráfico.

Ante todo, o Concello fai un chamamento á responsabilidade e á colaboración cidadá, solicitando que se sigan en todo momento as indicacións das forzas de seguridade. Durante toda a xornada haberá presenza permanente da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil para informar e orientar a toda a cidadanía, regular a mobilidade e resolver incidencias.

22/07/2026

🚨🚨🚨🚨 Un amplo dispositivo de seguridade composto por case 100 persoas coidará que a xente poida g***r da eclipse solar sen incidencias. Unha sesión da Xunta Extraordinaria de Seguridade entre Concello de Oleiros e a Subdelegación do Goberno serviu aos responsables municipais de protección cidadá para poñer en común o operativo deseñado para que todo funcione correctamente e se minimicen os riscos derivados dunha xornada tan especial.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa, o Inspector da Policía Local, Miguel Viqueira, o Coordinador de Emerxencias, Gerardo Vázquez, e o concelleiro de Comunicación, Pablo Cibeira, participaron nunha xuntanza tras a que o subdelegado do Goberno, Julio Abalde, felicitou a Oleiros pola organización do dispositivo e a minuciosidade do traballo de planificación e prevención realizado.

Policía Local, Emerxencias de Oleiros, Protección Civil e o Servizo de Salvamento e Socorrismo serán os equipos municipais implicados no amplo despregue, no que tamén terán o seu papel tanto a Garda Civil como a Dirección Xeral de Tráfico, contando sempre coa coordinación do mando central operativo do CECOPI, que desde A Estrada estará á fronte da seguridade en toda Galicia. Ademais, un Posto de Mando Avanzado para coordinar a resposta ás posibles emerxencias quedará establecido no Faro de Mera para responder a todas as cuestións de seguridade.

A nivel público, insístese na recomendación xeral de utilizar os coches o menos posible, limitando ao mínimo a mobilidade a motor, xa que o fenómeno astral será percibido desde todo o territorio municipal, tanto desde moitas vivendas como desde o gran número de parques de proximidade de todo o municipio, aos que se chega camiñando sen dificultade. De feito, a circulación rexistrará algunhas restricións.

Estímase que os puntos con máis asistencia de público serán o parque das Trece Rosas, o litoral de Santa Cristina, Santa Cruz, Canide, Mera, o Faro de Mera e o monumento natural de Dexo-Serantes, espazos públicos que serán obxecto de especial atención e algunhas restricións.

03/07/2026

🌡️
Alerta por vaga de calor en gran parte da comunidade:

🔴 Noroeste e Interior da Coruña; Centro, Montaña e Sur de Lugo; Interior de Pontevedra, Montaña de Ourense.
🟠 Suroeste da Coruña, Rías Baixas e Miño (Pontevedra), Miño de Ourense.

🔗 https://axega112.gal/gl/alertas_activas

🔻
🔻
🔻

🌡️
Alerta por ola de calor en gran parte de la comunidad:

🔴 Noroeste e Interior de A Coruña; Centro, Montaña y Sur de Lugo; Interior de Pontevedra, Montaña de Ourense.
🟠 Suroeste de A Coruña, Rías Baixas y Miño (Pontevedra), Miño de Ourense.

Dirección

Rúa Barbanza Nº 2 NAvenida 1B/IÑÁS
Oleiros
15171

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Protección Civil Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría