04/09/2026
Que pasaría se mañá tivésemos menos petróleo, menos gas e menos enerxía dispoñible?
📕En 'Petrocalipsis. Crisis energética global y cómo (no) la vamos a solucionar' (Editorial Alfabeto), o físico e investigador Antonio Turiel, achéganos a unha cuestión fundamental para comprender o noso presente e o noso futuro: a enerxía que sostén a nosa forma de vida ten límites.
O autor analiza a dependencia dos combustibles fósiles e cuestiona a idea de que a transición cara ás enerxías renovables sexa simplemente unha cuestión de substituír unhas tecnoloxías por outras. Detrás da crise enerxética hai tamén preguntas sobre o noso modelo económico, o consumo, o crecemento e a maneira en que organizamos a sociedade.
🌍 Unha lectura para reflexionar sobre os límites do planeta, a transición enerxética e a necesidade de repensar o noso modelo de vida.
Atoparalo na nosa Biblioteca Verde!
destacados