Concello do Rosal

Concello do Rosal Sitio oficial do Concello do Rosal

08/09/2026

📣 Un paso máis cara ao novo Centro de Saúde do Rosal. 👇

Orfilia Alonso Rodríguez naceu no lugar do Souto, en Martín, en 1933. A súa infancia estivo marcada pola ausencia de seu...
08/09/2026

Orfilia Alonso Rodríguez naceu no lugar do Souto, en Martín, en 1933. A súa infancia estivo marcada pola ausencia de seu pai, quedando así unha unidade familiar formada por 6 irmáns, súa nai e súa avoa.

🏠 Dende moi pequena comezou a servir polas casas, como ela mesma conta, e con 8 anos foi servir para Belesar, na comarca do Val Miñor. Orfilia desempeñou múltiples actividades en ámbitos moi distintos, dende o campo ata recollendo argazo no mar.

🧳 Orfilia tamén formou parte das rosaleiras e rosaleiros que emigraron, primeiramente a Ares, onde servía a unha familia propietaria dunha telleira e onde desempeñou actividades propias dos cabaqueiros, e posteriormente a Alemaña e a Suíza.

💭 A vida de Orfilia estivo marcada polo traballo dende moi nova, debido en parte á situación familiar e económica, como ela ben nos dixo: "Traballamos muito, meus filliños".

Dende o Concello continuamos traballando para mellorar a nosa sanidade! 🏥 👉 Aprobamos o cambio de uso da parcela de máis...
07/09/2026

Dende o Concello continuamos traballando para mellorar a nosa sanidade! 🏥

👉 Aprobamos o cambio de uso da parcela de máis de 1.600 m² adquirida e posta a disposición da Xunta para facer realidade o futuro centro de saúde. ✅

Pero a situación actual preocupa: só 2 das 4 prazas médicas están cubertas e, ao non cubrirse baixas nin vacacións, hai momentos nos que só queda unha médica ou ningunha atendendo. As esperas para unha cita presencial superan xa o mes.

📣 Por iso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal inicia este xoves 10, ás 12.00 h, concentracións semanais diante do centro de saúde.

💚 Un novo centro, si. E profesionais suficientes para unha sanidade pública digna e de calidade, tamén.

Máis ℹ️ https://orosal.gal/o-rosal-da-un-novo-paso-cara-ao-futuro-centro-de-saude-co-cambio-de-uso-do-solo-da-parcela-adquirida-polo-concello/

Ante a miserenta situación social, económica e política na que se atopaba o país, a veciñanza rosaleira, coma outras moi...
04/09/2026

Ante a miserenta situación social, económica e política na que se atopaba o país, a veciñanza rosaleira, coma outras moitas, acabou por desenvolver diferentes mecanismos de resistencia cotiá.

👉🏼 Estes buscaban tanto garantir a subsistencia das comunidades, aínda implicando o incumprimento da legalidade vixente, como resistir politicamente nun contexto de extrema vixilancia moral e política.

📻 O pisco ou contrabando, así como as frecuentes escoitas clandestinas á Radio Pirenaica, son algúns dos exemplos paradigmáticos destes mecanismos. A importancia do pasado traumático da guerra, a fome e a represión na existencia destes mecanismos de resistencia non pode ser obviada, pois tamén foi un dos principais motivos que obrigou á creación de estruturas de encadramento e lexitimación do Réxime.

O río xa ten a súa propia banda sonora. 😊Baixar o volume, evitar ruídos 🔇 innecesarios e respectar a calma da contorna f...
04/09/2026

O río xa ten a súa propia banda sonora. 😊

Baixar o volume, evitar ruídos 🔇 innecesarios e respectar a calma da contorna fai que a experiencia sexa mellor para todas as persoas.

Así soa .

O río xa ten a súa propia banda sonora. 😊Baixar o volume, evitar ruídos 🔇 innecesarios e respectar a calma da contorna f...
04/09/2026

O río xa ten a súa propia banda sonora. 😊

Baixar o volume, evitar ruídos 🔇 innecesarios e respectar a calma da contorna fai que a experiencia sexa mellor para todas as persoas.

Así soa .

☀️ Despedimos o Campamento Urbano 2026 despois de dous meses de xogos, aventuras, aprendizaxes e novas amizades para 50 ...
03/09/2026

☀️ Despedimos o Campamento Urbano 2026 despois de dous meses de xogos, aventuras, aprendizaxes e novas amizades para 50 nenos e nenas. 🌿🎨🔬

Percorreron O Rosal, experimentaron, crearon, aprenderon a convivir e, sobre todo, pasárono en grande! 🙌

E quedamos cun dato que nos fai especialmente felices 👉 o 100 % das familias que participaron na avaliación repetiría. 🥰

🫶 Grazas ás familias pola confianza, ás monitoras pola implicación e á cativada por encher cada día de enerxía.

Ata o próximo verán! 🌈

Máis ℹ️ https://orosal.gal/o-veran-deixa-no-rosal-dous-meses-de-xogos-aprendizaxes-e-novas-experiencias-para-50-nenos-e-nenas/

🎧🔥 Do Rosal… ás cabinas que veñan!Con só 15 anos, Adrián Píriz   xa está poñendo a bailar ao Baixo Miño mentres segue ap...
03/09/2026

🎧🔥 Do Rosal… ás cabinas que veñan!

Con só 15 anos, Adrián Píriz xa está poñendo a bailar ao Baixo Miño mentres segue aprendendo, mesturando e abríndose camiño coa súa paixón pola música. 🎶

🙌 Encántanos ver medrar o talento novo do Rosal. Que siga soando forte! 🔊

Adrián se abre camino y gana reconocimiento en el sector: «Cuando mezclo bien, la gente se viene arriba»

⚠️ Aviso importante!📆 Este 𝘅𝗼𝘃𝗲𝘀 𝟯 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟯.𝟯𝟬 𝗵 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗿𝗮𝘀𝗲 𝘂𝗻 𝗰𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗮𝗯𝗮𝘀𝘁𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗮𝘂𝗴𝗮 🚰 polo...
03/09/2026

⚠️ Aviso importante!

📆 Este 𝘅𝗼𝘃𝗲𝘀 𝟯 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟯.𝟯𝟬 𝗵 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗿𝗮𝘀𝗲 𝘂𝗻 𝗰𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗻𝗼 𝗮𝗯𝗮𝘀𝘁𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗮𝘂𝗴𝗮 🚰 polo arranxo dunha 𝗮𝘃𝗮𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗿𝗲𝗱𝗲 que afectará aos núcleos núcleos do Calvario, O Casal, A Lomba, O Couso, O Urgal, A Cumieira de Arriba, A Cumieira de Abaixo, Pías, Os Lagos, A Cunchada, Caselas, Sandián, Valdemiñotos e Couselo.

🔧 O servizo 💧 restablecerase ao rematar as obras.

Grazas pola comprensión! 🙏

Bando completo 👉 https://orosal.gal/bando-corte-de-auga-5/

Dirección

Praza Do Calvario, 1
O Rosal
36770

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Rosal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir