05/05/2026
GRAZAS GRAZAS GRAZAS 💟
Grazas outro ano máis por encher a plaza de Novás! Para nos é un orgullo que disfrutedes do traballo que facemos. Sempre intentamos traervos días cheos de festa e baile, e aínda que os gustos son diferentes, a principal idea é que pasedes un rato agradable na festa en boa compañía 🤗
Esperamos que, de novo, conseguíramos que a festa de Novás fose un lugar de diversión e ao que queirades volver para o ano 🙌🏻
Grazas a todas as persoas que viñeron para facernos disfrutar este ano (Panorama City, Trio la Noche de O Grove, grupo de gaitas A Boalleira, coral Ecos do Folón, compañía Animar-T, Acordecans, Trio 3.com, e aos djs Adrián Gold, Brokkt, Vince Stone, Daríogz e Adrián Mesu.
E sobre todo grazas a aquelas persoas que axudan de xeito voluntario para facer que estes días sexan os mellores! Coma sempre, vémonos pronto, e como xa sabedes, se se pode, máis e mellor 💃🏻