16/06/2026
🐟 O GALP Costa Sostible convídate a participar no sorteo de degustacións de produtos do mar!!!
🛒 Xunta tickets de compra de produtos pesqueiros das peixerías adheridas a Pesca Saúde por un mínimo 60€. Podes sumar os que precises!
🗓️ As compras teñen que se realizar antes do 30 de xuño nos establecementos que podes identificar co distintivo amarelo «Pesca Saúde». Consulta o listado de peixerías na web do proxecto: pescasaude.gal
📩 Mete os tíckets nos sobres de Pesca Saúde que atoparás no teu mercado ou peixería habitual cos teus datos persoais e introdúceos na urna.
🎉 O sorteo celebrarase en xullo durante os showcookings que anunciaremos en breve. Porémonos en contacto contigo se non estás presente no sorteo.