20/06/2021
Pleno do 9/6/2021.
O orden do día foi:
*Aprobación da acta anterior.
*Aprobación do plan de seguridade das presas do Concello, no que se nos comunica que se chamou a presidentes de AAVV, Protección Civil, empresarios, e varios colectivos mais, sin embargo a nos, non nos avisaron, e agora piden que o votemos, polo que nos ABSTEMOS.
*Plan de seca para o Concello.
Como tampouco participamos na redacción, ABSTEMONOS.
*Rogos e preguntas.
Cómo sempre, e eiqui onde lle pomos deberes e lle pedimos actuaciós.
Empezamos amosando a nosa decepción polo retraso que ten que "facer" a Xunta na solicitude de Patrimonio da Humanidade para a RIBEIRA SACRA, pola mala e erronea planificación.
Recordamoslle que en Casdecid, a TV sigue sin verse correctamente. Que as beirarruas siguen ca plaqueta levantada. Que a estrada se limpou 40 cm por cada lado, pero nunca por detrás da valla de protección, polo que quedou bastante deficiente. Que siguen sin poder conectarse a fibra óptica.
Preguntamos porque o noso concello non se sumou o acordo SEAGA_FRGAMP, cómo SI fixeron outros 42, para a limpeza de fincas a precio reducido. NON DIRON RESPOSTA.
Pedimos a limpeza de camiños nos pobos para poder ter acceso as fincas, xa que e todo maleza.
Reconocemos a envexa que nos producen os Concellos que compran propiedades para rehabilitar e traer poboacion, cando o noso, VENDE TODO. Contesta o Alcalde, que no último ano, somos 79 veciños mais, o que lle respondo, que e polo COVID, non porque eles fixeran nada. E xa que falamos de patrimonio, recordamoslle que tras "regalarlle", por 98€ o
mes o multicentro o seu amigo de COVIASTEC, non hai un local onde poder levar a cabo algunha actividade, polo que ESIXIMOS a rehabilitación da antiga casa dos médicos, antes de que se derrube, e se convirta no CENTRO SOCIAL do Concello.
Queixámonos que a fibra óptica quede a entrada dos pobos, e logo, si se quere instalar, hai que por mais postes e cableado, o que produce un FORTE impacto VISUAL, non sendo o mais adecuado para atraer turismo, polo que pedimos se teña un pouco de SENSIBILIDADE dende o Concello, e se soterre a maior cantidade posible de cableado.
Que se limpou de herba a entrada das aldeas, pero dentro delas, sigue sendo unha selva, polo que pedimos se limpe tamen.
Preguntamos polas axudas a Concellos de menos de 5000 habitantes para axuda de saneamento,xa que nalgun sitio non funciona, e noutros, ten que mellorar. Neste plan tamen se recolle o abastecemento, o cal e moi antigo e rompe por todolos sitios. En Requeixo de Armariz, en 89 metros, hai 8 buratos de reparación, e con unha reposición bastante deficiente. Contestaron que habían solicitado as dúas axudas as que poden aspirar.
Preguntamos cómo afecta o parque eólico programado a Cerreda, e contesta que solo pasará un cableado, que non hai previsto colocar aeroxeneradores.
Preguntamos pola limpeza dos laterais do regato dende o vello cuartel da Guardia Civil ata Baldomar, para o que eu trouxera impreso para solicitar permiso na CHMS. Non contestaron.
Volvemos a solicitar medicions de gas RADÓN no noso Concello, xa que somos de risco alto, e seguen sen facer nada.
Queixamonos do esperpento visual que se lle permitiu ao bar Cabanas na terraza que habilitou, xa que se lle deixou botar unha planchada de cemento,con plaqueta por enrriba, e pedra serrada ao redor. A parte que o toldo non sigue a estética dos outros 3 que xa había. Contesta o Alcalde, que xa saben que si ven a volta ciclista, ou algo así, que o teñen que levantar!!😨.
Recordamoslle que no pleno de 19/2/2021 se lle pediu que se buscaran, acondicionaran, e sinalaran as tomas de incendios nos pobos, e ainda non se fixo, cando o risco de incendios está a volta da esquina. RECOÑECEU QUE NON SE FIXERA NADA.
Tamén lles recordamos que hai algún pobo que está pagando saneamento, cando non se lle depuran as residuais.
E tamén, que está sin crear a comisión para cambiarlle o nome a rua Circunvalación por o de Roberto Soto, cómo propuxemos dende o PSOE.
A todo esto hai que sumar que non se nos contesta a ningún escrito dos que temos presentados, polo que lle advertimos que non se extrañe si en algún momento facemos algunha medida de presión ou reclamación xudicial.
Transmitímoslle que siguen sin traballar con ningún tipo de previsión nin planificación, que van parcheando o que vai aparecendo, pero sin facer nada mais. A o que contesta o Alcalde, que xa se farán cousas, que xa o veremos.
🙆♂🙆♂🙆♂ Boa maneira de levar un Concello.