29/09/2017
Xornada de portas abertas __ Taller a paleta 2017 - 2018
Venres 29 de Setembro do 2017
Tras un verán de calor e descanso chegamos ao comezo de curso con moitas ganas de empezar os talleres. Este é o segundo ano en marcha do taller a paleta, o espazo creado na segunda planta da Casa Colorida.
O taller foi o lugar onde persoas moi diferentes compartimos unha habitáculo de 24 m2 cun obxectivo común; o xogo de pintar. Cada un centrado no seu traballo persoal, ao seu ritmo e sen necesidade de buscar aprobación xa que o grupo e a asistencia permíteno. É un lugar libre de xuízo e comparacións onde cada persoa sente aceptada coa súa diferenza e as súas propias necesidades.
Despois de reflexionar achega do traballo realizado ata agora gustaríanos convidarlles a coñecer o funcionamento do taller, o último venres de setembro (29) ás 6 da tarde na Casa Colorida (Rúa Rosalía de Castro 16. Nigrán).
Farese unha breve introdución á educación creadora, ademais de mostrar as pautas básicas que se seguen no taller para un uso adecuado do espazo e do material dispoñible.
A presentación é aberta e non é necesario confirmar asistencia (aínda que se agradece), pero se ademais estás interesado en participar probando os pinceis e as pinturas poderás facelo contestando a este correo cos teus datos de contacto... [email protected] (máximo 12 persoas)
Este ano o taller proponse funcionar en 2 grupos, en principio programados para os xoves de 17:30 a 19:00 h. e os venres de 18:30 a 20:00 h. pero entre todos podemos estudar algúns axustes... A idea é empezar os días 5 e 6 de Outubro así que os que xa saibades que día vos vén mellor contestade canto antes a este correo para ir organizando os grupos.
Espérovos a todos o venres 29 de setembro !!!
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con Andrea Borda, coordinadora do taller a través deste correo ou no teléfono 651 76 30 14.