Concello De Nigrán

Concello De Nigrán O Concello de Nigrán forma parte do Val Miñor. O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións permiten o acceso por terra, mar e aire.

Situado ao sur da provincia de Pontevedra, dista 98 Km de Santiago de Compostela pola autoestrada, 20 sepárannos da fronteira portuguesa e 12 de Vigo, a urbe máis importante de Galicia. Núcleos de poboación coma Parada, Camos, Chandebrito ou Priegue gardan auténticos tesouros que os seus veciños están dispostos a compartir con todos aqueles que o desexen. Para coñecer estes lugares marcamos un ini

cio simplemente de referencia xa que calquera pode visitalos, a pé ou en coche atopando ao seu paso numerosos atractivos. Disfrutar de todas estas posibilidades débese ao enclave privilexiado de Nigrán, xa que se atopa situado no colo das altas serras que a protexen das baixas temperaturas en inverno e das excesivamente altas no verán. Antes de chegar ás nosas costas, o Océano Atlántico xa ten perdido parte da súa braveza no seu encontro coas Illas Cíes e as Estelas, isto fai que se presente manso para procurar pracenteiros baños e coa enerxía xusta para permitir a práctica de deportes náuticos.

🍹🤩🎶O Concello de Nigrán inicia esta fin de semana o seu ‘Vermú de barrio' con dobre sesión: 📍🤩 O sábado 13 de xuño no pa...
11/06/2026

🍹🤩🎶O Concello de Nigrán inicia esta fin de semana o seu ‘Vermú de barrio' con dobre sesión:

📍🤩 O sábado 13 de xuño no paseo da praia de Patos con ‘Monos in Arms’ (12:30 horas)

📍🤩 O domingo 14 coa escola de música ‘Sonbeat’ (17:30 horas) na Praza da Biblioteca.

10/06/2026


🎤 Nigrán anuncia un verano cargado de conciertos gratis al aire libre. Así serán los primeros de la temporada, este fin de semana 👇

▶ Todos los detalles sobre estas sesiones vermú que podrás disfrutar en Nigrán, en el primer comentario del post

🍹🎶O Concello de Nigrán dedica este mes de xuño ao seu xa clásico ‘Vermú de barrio’, unha mestura de boa música en direct...
10/06/2026

🍹🎶O Concello de Nigrán dedica este mes de xuño ao seu xa clásico ‘Vermú de barrio’, unha mestura de boa música en directo e socialización ao aire libre en diferentes localizacións.

📍O ciclo arranca cunha dobre sesión esta fin de semana, o sábado 13 de xuño no paseo da praia de Patos con ‘Monos in Arms’ (12:30 horas) e o domingo 14 coa escola de música ‘Sonbeat’ (17:30 horas) na Praza da Biblioteca. Continúa o venres 19 con ‘Noite Son’ na terraza do Centro da Terceira Idade da Alameda da Ramallosa (20:00 horas), o venres 26 con ‘Three Roosters’ ás 20:00 horas na Praza do Concello e, finalmente, pecha ‘Vermú de Barrio’ Antía Pinal o domingo 28 ás 12:30 horas (Praza do Concello).

🤑A iniciativa do Concello de Nigrán conta con parte da financiación a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra.

09/06/2026
‼️🇵🇸🏥O Concello de Nigrán colabora este sábado 13 de xuño no evento solidario en favor de Palestina que terá lugar na As...
09/06/2026

‼️🇵🇸🏥O Concello de Nigrán colabora este sábado 13 de xuño no evento solidario en favor de Palestina que terá lugar na Asociación Cultural A Camoesa (Rúa dos Pazos, 121) e que organiza a asociación ‘Manos para el Mundo’. Esta entidade nacida no 2003 e con sede en Nigrán organiza unha comida cuxa recadación irá destinada integramente ao hospital Al-Awada en Jabalia, o único do Norte de Gaza e en estado ruinoso tras ser atacado en 2023 por Israel e sufrir desde entón un constante asedio. Os interesados poden apuntarse ata o xoves 10 de xuño (adultos, 20 €, e crianzas 13 €, máis información en 660557444). Haberá actividades para toda a familia desde ás 11:30 horas coa actuación estelar do nigranés Peter Punk ás 13:00 horas.

📣O evento servirá tamén para dar voz a Xurxo Porrit e Ana Fuentes, dous dos 7 integrantes galegos da ‘Global Sumud Flotilla’ interceptada en maio polas Forzas Armadas de Israel, e tamén contará cos xornalistas palestinos Jamil El Sadi y Karim El Sadi, desprazados desde Italia específicamente para poder participar.

09/06/2026

La Asociación Cultural A Camoesa acogerá una comida benéfica cuya recaudación se destinará íntegramente al único hospital del norte de Gaza.

07/06/2026

Sergio Gil se proclamó campeón gallego de salto de altura con una marca de 1,90 metros.

07/06/2026

Los payasos que hacen sonreír a los niños del hospital de Vigo logran su primer apoyo financiero. Nigrán se vuelca con la labor de Galiclown

07/06/2026

El Concello llevará el documento a un pleno extraordinario tras obtener cerca de 30 informes favorables y una previsión de 4.000 nuevas viviendas.

06/06/2026

Galiclown trabaja a través de la risa, la magia, la música, el juego y las artes escénicas para mejorar el bienestar emocional de los pacientes más jóvenes.

Dirección

Praza Da Constitución 1
Nigrán
36350

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:30
Sábado 09:00 - 13:00

Teléfono

986 365 000

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Nigrán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello De Nigrán:

Compartir